Baíña, Baiona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baíña
Igrexa de Santa Mariña de Baíña, Baiona.jpg
Igrexa de Santa Mariña de Baíña.
Concello Baiona
Poboación 1.745 hab. (2013)
Entidades de poboación 8

Santa Mariña de Baíña é unha parroquia do concello de Baiona. Limita coas parroquias de Belesar, Baredo, A Ramallosa e Baiona e pertence ao Val Miñor.

Tiña 1.745 veciños en 2013 e os seus lugares máis destacados son: San Cosme (3), As Fontes (213), A Igrexa (107), Os Eidos (105), O Río (54), O Cruceiro (145), As Laxes (565) e O Burgo (529). Algúns dos seus casais son: A Moura, O Rial, A Sirimba, As Laxes de Quinós e Santa Marta.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Existen petróglifos en puntos moi diversos, algúns obsérvanse a simple vista, como os do Outeiro dos Lameiros e os da ermida de Santa Marta. Moitos outros atópanse semienterrados e non divulgados para os protexer dos estragos humanos. Tamén se conservan os restos dunha calzada romana.

O nome da parroquia aparece documentado na Idade Media como Vayna. Pertenceu ao mosteiro de Oia até 1482, e daquela agregouna a Baiona o bispo de Tui Diego de Muros.

Dispón de fragas autóctonas á beira do río, de rutas rurais sinalizadas e de varios muíños restaurados. A uns minutos do merendoiro da Chan da Lagoa, existen restos de muros, de pontes e de vivendas do poboado medieval de San Cosme, referente histórico para Baíña e do que hai lendas vivas coma a da Fonte Santa. Na península de Santa Marta existe unha ermida que queimou e profanou o pirata Francis Drake, quen se hospedou nesta parroquia antes de tentar conquistar Baiona. Posteriormente, a veciñanza reconstruíu esta ermida.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Baíña[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Baíña no concello de Baiona (Pontevedra)

O Burgo | O Cruceiro | Os Eidos | As Fontes | A Igrexa | As Laxes | O Río | San Cosme

Parroquias de Baiona[editar | editar a fonte]

Galiza | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Baiona

Baíña (Santa Mariña) | Baiona (Santa María de Fóra) | Baredo (Santa María) | Belesar (San Lourenzo) | Santa Cristina da Ramallosa (Santa Cristina)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baíña, Baiona

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]