Carabela (embarcación)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A carabela Vera Cruz a navegar no río Texo, en Portugal.

A carabela foi unha embarcación usada polos portugueses e españois durante a era dos Descubrimentos, nos séculos XV e XVI.

A carabela é un navío rápido, de fácil manobra, apto para a bolina, de proporcións modestas e que, en caso de necesidade, podía ser movido a remos. Eran naves de pequeno porte, de tres mastros, un único convés e ponte sobrelevada na popa; desprazaban 50 toneladas. As velas, ao contrario da crenza popular, eran «latinas», é dicir triangulares, e eran dúas veces maiores que as das naos, o que lles permitía ziguezaguear contra o vento e, consecuentemente, explorar zonas cuxo réxime dos ventos era descoñecido. Pertrechada con artillaría, a carabela transformouse máis tarde en navío mercante para o transporte de homes e mercadorías.

Gil Eanes utilizou un barco de vela redonda, mas sería máis ben un tipo carraca, como a que Bartolomeu Dias utilizaría para dobrar o Cabo da Boa Esperanza, en 1488. É de salientar que a carabela é unha invención portuguesa, en conxunto cos coñecementos que se adquiriran dos árabes.

Cristovo Colón usou tamén carabelas na súa viaxe de descuberta cara América, en 1492. Dúas das embarcacións, a Pinta e a Niña, eran carabelas de velame triangular; mais a Santa María era unha nao de velas cudrangulares.

Se ben a carabela latina se revelou moi eficiente cando era utilizada en mares de ventos inconstantes, como o Mediterráneo, debido ás súas velas triangulares, con as viaxes às Indias, con ventos máis calmos, xa non era tanta vantaxe, pois que se mostraba máis lenta que a variante de velas redondas. A necesidade de maior tripulación, armamentos, espazo para mercadorías, obrigou a que fose substituída por navíos máis potentes.