Alto da Groba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Alto da Groba é un monte situado na parroquia de Belesar, no concello pontevedrés de Baiona. Cos seus 662 metros de altura[1] é o pico de máis alto da Serra da Groba. Forma parte do sendeiro de grande percorrido GR58, máis coñecido como o Sendeiro das Greas pola gran cantidade de cabalos ceibes que viven na zona.

No ascenso ao cumio existen dúas áreas recreativas, O Cortelliño e A Chan da Lagoa, dende as que se pode enxergar unha boa panorámica do Val Miñor e da entrada á Ría de Vigo, entre outros puntos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Segundo o mapa do Instituto Geográfico Nacional (2000). Outras fontes dan unha altura de 652 m. (mapa de Galiza de Edicións do Cumio, 2006) ou de 663 m (Turgalicia)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • VV. AA. Serra da Groba (Pontevedra) (2008). En Rutas para caminar por Galicia. Montaña y senderismo. Ediciones Nobel. (en castelán)