Silva (botánica)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Silveira")
- Para outros significados, véxase Silva.
| Silva ou Silveira | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Flores da silveira |
|||||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||
| Species | |||||||||||||||||
e centos de microespecies máis |
|||||||||||||||||
A silva ou silveira (Rubus ulmifolius) é un arbusto da familia das rosáceas, de talos espiñentos pode medrar ata os tres metros. Moi abondosa en Galicia, o seu froito aseméllase a unha baga pero é un conxunto de drupas unidas entre si, coñecida como amora, é comestible, de cor morada que se volve negra ao madurecer, o seu sabor é doce; tamén se usou para tinxir a lar de cor negra.
É unha planta invasiva que medra rapidamante e pode colonizar extensas zonas de bosque ou forman grandes sebes en pouco tempo.