Conversa:Arzúa

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O día da Galiza Mártir é unha festa de lecer en Arzúa?, eu nunca oín tal cousa. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 91.116.189.78 (conversacontribucións)

Eu entendo que o feito de que o concello organice actividades (non se sabe cales) non fai que sea unha festa de lecer. Pero se vós dicides que si, tampouco vou insistir. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 20:07, 19 de setembro de 2011 (UTC)
(...)unha programación estable de teatro, música, cine, conferencias e exposicións, así como a conmemoración de datas especiais (Día da Galiza Mártir, Día do Libro, Día das Letras Galegas...)(...)[2]. Vou tratar de o indicar, mais cambiando a redacción; non lecer, mais conmemoración. --Atobar (conversa comigo) 20:10, 19 de setembro de 2011 (UTC)

Pé de foto[editar a fonte]

A fotografía que encabeza o artigo é da alameda de Arzúa e o pé di "Camiño de Santiago". Está claro que o Camiño Francés atravesa Arzúa, pero a alameda non reflicte o Camiño de Santiago, desde logo, e aínda por riba, o Camiño non pasa por ela. Pedro --Lameiro (conversa) 8 de xaneiro de 2017 ás 18:27 (UTC)[responder]

Feito! Feito!, amañado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xaneiro de 2017 ás 00:54 (UTC)[responder]