Festa do queixo de Arzúa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edición de 2012.
Varios queixos expostos.

A festa do queixo de Arzúa é unha festa gastronómica celebrada no concello coruñés de Arzúa, desde 1975. Está declarada Festa de interese turístico de Galicia.

A festa celébrase sempre a primeira fin de semana de marzo. Esta festividade combina feira, festa e festival, tendo o queixo de Arzúa-Ulloa como o seu principal atractivo. As principais actuacións lévanse a cabo no recinto feiral Terra do Queixo.

Festival[editar | editar a fonte]

O festival caracterízase por contar o sábado con grupos de estilo rock, electro-rock, pop-rock, fusión, funk, mestizaxe ou hip hop. O domingo é quenda para os artistas galegos.

Algunhas das bandas que pasaron por Arzúa son Chema Rey, Delinqüentes con Tomasito, Dover, Fangoria, La Excepción, La Mala Rodríguez, Los Enemigos, Los Secretos, Marlango, Muchachito Bombo Infierno, Ojos de Brujo, Orishas, Rinôçérôse, Second, Ska-P, The Sunday Drivers, Tote King, Triángulo de Amor Bizarro, Vetusta Morla ou Violadores del Verso. Dos grupos galegos cabe destacar: Anxo Lorenzo, Carlos Núñez, Dios ke te crew, Heredeiros da Crus, Lamatumbá, Leilía, Malvela, Milladoiro, Mutenrohi, Pepe Vaamonde Grupo, Riobó, Sés, Susana Seivane, Treixadura, Uxía Senlle ou Xochilmica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.