Benjamin Constant

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Constant.

Henri-Benjamin Constant de Rebecque, nado en Lausana o 25 de outubro de 1767 e finado o 8 de decembro de 1830, foi un filósofo, escritor e político franco-suízo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse con profesores particulares e máis tarde incorporouse a distintos centros e universidades, pois trasladouse con frecuencia coa súa familia por Europa. Así asistiu á Universidade de Erlangen, en Baviera, e á de Edimburgo no Reino Unido.

Unido sentimentalmente a Germaine de Staël, a súa colaboración intelectual converteulles nun equipo de traballo único. A principios do século XIX e até 1830 foi un político activo, membro da Asemblea Nacional situado na ala liberal e crítica. O seu modelo político trataba de imitar o inglés, ao que admiraba por diversos factores, tanto no político como no económico. Mostrouse contrario ás teorías que admiraban as antigas sociedades libres como as da Grecia Antiga, mesmo nunha Francia que coñecera o Consulado, ao considerar que estaban baseadas na escravitude da maioría para beneficio duns poucos, ademais de ser inaplicables a estados modernos moito máis grandes que os polis onde era imposible concentrar ao pobo nun foro para o debate público aberto e directo.

A súa teoría da liberdade baseábase na posesión e goce dos dereitos civís, do imperio da lei e da liberdade nun sentido amplo, confrontada neste sentido á actividade do Estado. Avogaba por unha serie de principios (entre eles a responsabilidade individual) sen os cales a sociedade sería un caos e a liberdade, inconcibible.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]