Ética
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A ética (do grego ēthos, "temperamento", "carácter", "costume") é a parte da filosofía que ten como obxecto de estudo os códigos morais. É dicir, a ética analiza o comportamento moral das persoas, as normas morais, a súa fundamentación, a súa validez, a súa universalidade, etc. A ética analiza o uso de conceptos como bo, malo, o ben, o mal e responsabilidade.
Tradicionalmente, a ética ocupouse de analizar, valorizar e desenvolver estas normas. Hoxe en día asígnaselle un carácter teórico e rexéitase o carácter normativo ou pragmático que tiña.
O comportamento moral das persoas é unha forma de conduta e a ética dá razón del. Para isto, toma como obxecto da súa reflexión a práctica moral da humanidade no seu conxunto. A ética hoxe evita emitir xuízos de valor sobre a práctica moral nas distintas sociedades e épocas, senón que tenta explicar a razón de ser desa diversidade e das mudanzas que se producen.
Índice |
[editar] Ética para os seres humanos
Na natureza, non é posible atopar comportamentos que podamos calificar de bós ou malos, xa que os animais non teñen a capacidade de elixir libremente cál será o seu modo de actuar, pois neles o comportamento está case totalmente determinado polos seus instintos. Os seres humanos somos os únicos que nos plantexamos a diferencia entre actuar "ben" e actuar "mal", porque poseemos a liberdade para decidir conscientemente o que debemos facer. Aínda que isto non signifique, como é lóxico, que poidamos facer todo canto deseariamos facer, pois a nosa liberdade é limitada.
Polo tanto, os seres humanos, porque somos libres para elixir, temos a capacidade de inventar a nosa propia vida. Nesta elección podemos atinar ou equivocarnos; e a ética axúdanos, ou procura axudarnos, a tomar esta clase de decisións.
[editar] Ética e moral
Cómpre aclarar a diferencia entre ética e moral:
- Ética é unha reflexión sistemática dos temas dos que trata a moral, o xeito en que cada persoa interpreta, individualmente, as normas morais. É dicir, é o xeito en que se cumpre unha norma que está establecida polo mundo exterior, de tal modo que unha persoa é ética se cumple coas normas morais impostas pola sociedade. Utilízase erroneamente como sinónimo de moral na lingua común.
- Moral é un conxunto de normas establecidas dende os principios da civilización e transmitidas de xeración en xeración. Son normas que diferencian o “ben” do “mal”.
A diferencia radica en que a persoa que vive en calqueira comunidade conta cunha serie de normas morais que segundo a mesma comunidade deben ser respectadas. Mais a ética soporta o pensamento individual de cada persoa, é dicir, que a pesar de que as persoas coñecen as normas morais poden, por algunha razón decidir non respectalas.
As orixes de ambas as dúas verbas, mores (orixe latina de moral) e ēthos (orixe grega de ética), tradúcense como "costume". De aí a confusión na súa utilización.
[editar] Ramas da ética
A ética subdivídese, á súa vez, en diferentes ramas:
- Ética normativa ou teoría de:
- Os valores morais (axioloxía)
- A boa vida ou felicidade (eudemonoloxía ou ética eudemónica)
- O deber, as normas morais ou a conducta (deontoloxía)
- Ética aplicada, que se ocupa dunha parcela da realidade, como:
- A bioética
- A ética hacker
- A deontoloxía profesional ou ética das profesións (por exemplo: ética médica, ética científica).
- Metaética valoración das teorias éticas
- Ética empírica
- Ética utilitarista
- Ética kantiana
- Ética revolucionaria
- Ética cristiá
- Ética epicureísta
- Ética ultramoderna
- Ética como materia
[editar] Véxase tamén
[editar] Conceptos
- Filosofía | Moral
- Ben | Mal
- Política | Ciencia | Dereito | Relixión
- Causa | Teleoloxía | Causa final | Finalismo
- Ben común
- Responsabilidade | Deber
- Xustiza
- Normas
[editar] Filósofos da ética
- Sócrates | Platón
- Aristóteles
- Epícteto
- Baruch Spinoza | Immanuel Kant | Søren Kierkegaard
- Paul Ricœur | Lévinas

