Os xustos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os xustos (Les Justes) é unha obra teatral dramática de Albert Camus, ambientada na revolución rusa de 1905. Foi representada por primeira vez o 15 de decembro de 1949.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Camus inspirouse nun grupo revolucionario que procura atacar a tiranía do tsar. A banda nacionalista está constituída polas seguintes personaxes:

  • Annenkov: xefe da organización.
  • Iván Kaliayev: tamén coñecido como o poeta. É o que tira a bomba que acaba coa vida do duque.
  • Stepan Fedorov: membro da organización. Ex presidiario.
  • Alexis Voinov: membro da organización que durante o transcurso da obra decide retirarse.
  • Dora Dulebov: o único membro feminino da banda que sae na obra. Estaba namorada de Kaliayev.

O principal punto da obra constitúeo o obxectivo que persegue o grupo de combate do partido socialista revolucionario. Co asasinato do duque Serxio Románov a mans da organización, pretenden apresurar a liberación do pobo ruso e convencer a corte imperial de que están decididos a exercer o terror ata que a terra sexa devolta o seu pobo. Xa que situación que atravesa Rusia en esta época era a dunha revolución encabezada por obreiros e campesiños, co obxectivo de abolir a autocracia tsarista

Nos seus cinco actos, Camus móstranos a parte racional das persoas, esas pequenas formas de pensamento e acción que nos condicionan como seres humanos.

Resumo por Actos[editar | editar a fonte]

Acto 1[editar | editar a fonte]

Neste acto o autor mostra os diferentes puntos de vista que Voinov e Stepan teñen sobre a revolución.

Stepan que pasou tres anos no cárcere posicionase en que a revolución non esta feita para os débiles, o que provoca unha gran discusión entre este e Kaliayev, o encargado de tirar a bomba contra o gran duque.

según Kaliayev para el estar na revolución significa amar a vida, mentres que Stepan opina que el ama a xustiza, que está por enriba da vida e que por iso el é membro dese acto revolucionario. Pero Kaliayev defende a súa postura e négase a aceptar ser un débil, xa que el pediu tirar a bomba, porque considera que morrer por a idea é a única forma de estar a altura da idea. Esa é a xustificación que non o converte en débil.

Acto 2[editar | editar a fonte]

Está todo preparado. Kaliayev tirará a bomba e no caso de que este falle será Voinov o encargado de tirala. Pero ao encargado de realizar o acto sucédelle algo e nin un nin outro tiran a bomba. Kaliayev explica que no momento en que ía tirar a bomba viu os sobriños do duque e a súa muller e que estes non eran culpables da revolución e que non os podía matar.

Unha vez máis Stepan repróchalle a súa debilidade e a falta de amor a xustiza para realizar un acto que libre de morrer a máis nenos rusos, xa que eses dous cativos líbranse da morte, pero deter a súa morte significa que no lugar deles morran centos de nenos rusos.

A organización decide darlle a razón a Kaliayev,e aquí onde se ve un punto humano, ético, xa que consideran que a morte de uns seres inocentes como os nenos non axudaría a revolución. A revolución non se fixo para matar nenos, explica Kaliayev.

Acto 3[editar | editar a fonte]

Kaliayev pide desculpas por non dar tirado a bomba, pero é en este acto onde se produce un arrepentimento por parte dun dos participantes.

Voinov que era o encargado de tirar a segunda bomba decide unirse ao comité de propaganda do partido revolucionario, polo tanto abandona a operación de exterminio do gran duque. Como calquera humano Voinov confesa que sempre tivo medo, que a primeira vez se armara de valor. Que todo sería cuestión de un minuto. Que agardaba o momento de ter que tirar a bomba para lanzala con violencia, pero que cando viu que o seu compañeiro non a tirara, se sentiu débil coma un neno. A idea de matar non estaba feita para el, el mesmo afirmaba que non estaba feito para o terror.

Voinov vaise da organización e Annenkov decide ser el o que ocupe o seu lugar, xa que considera que sempre manda e nunca axuda.

Acto 4[editar | editar a fonte]

Cúmprese o lanzamento da bomba e Kaliayev é detido e levado a prisión.

Durante a súa estancia na cadea recibe a visita da gran duquesa. Esta confésalle que todos o homes optan unha forma para falar de xustiza, e que cada un deles o fai posicionandose nas súas razóns. Cando falan de por que lle perdoou a vida a ela e aos seus sobriños,el confésalle que foi aos nenos e non a ela a quen perdoou da morte. El afirma que se basea en que son nenos, pero que a súa sobriña ten un mal corazón. Basease no exemplo das esmolas. A nena négase a ir ela mesma levalas, xa que ten medo a tocalos. polo menos o seu marido queríaos e bebía con eles. Ela busca o arrepentimento de Kaliayev, pero este é firme as súas crenzas e negase a facer caso do que a duquesa lle di e do que Skuratov pretende que faga, publicando ao obter a negación deste as súas peticións, unha falsa redacción na que traizoaba aos seus irmáns.

Finalmente Kaliayev é condenado á morte, pero este acéptaa con orgullo xa que se sente como un precursor da liberación de Rusia.

Acto 5[editar | editar a fonte]

Neste último acto, prodúcese a execución de Kaliayev a mans de Foka, un verdugo que resulta ser un gran amigo de Voinov, do cal se descubre que é un espía da policía.

Stepan acode a execución, e cando chega xunto a Annenkov e Dora coméntalles que Kaliayev non pediu desculpas. que morrera feliz, porque seria inxusto non recibir a felicidade ao mesmo tempo que a morte, despois de negarse a ser feliz en vida para prepararse mellor ao sacrificio.

Stepan confesa que sente envexa por Kaliayev ao morrer como mártir e cos seus ideais fortes.

Tradución ao galego[editar | editar a fonte]

Foi traducida ao galego por Xosé Manuel Beiras e publicada nos Cadernos da Escola Dramática Galega en 1987.