Illas Centoleiras
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coas illas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coas praias de Galicia que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
As illas Centoleiras son un arquipélago galego da provincia da Coruña. O total do arquipélago suma algo máis de 9 hectáreas de superficie (sen contar a importante extensión de arrecife).
Esténdense en prolongada cadea a levante do porto de Aguiño (municipio de Ribeira) e son un total dunha ducia de illas e sobre todo illotes e arrecifes moi perigosos para a navegación. O maior dos illotes é a illa do Carreiro, que conta con 6'5 hectáreas de extensión, a pesar do cal é enteiramente rochoso, como o resto dos illotes. O nome do arquipélago vénlle dado por ser, e ser, unha importante zona de pesca de centola e outros crustáceos -considérase a estas illas como un dos viveiros naturais da Ría de Arousa (Álvaro Cunqueiro)-.