Illa da Insuíña
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coordenadas: 42°20′48″N 08°36′38″W / 42.34667°N 8.61056°W
A illa da Insuíña é unha illa galega situada na marxe dereita da desembocadura do río Verdugo, na ría de Vigo. Está unida á parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio por unha pequena ponte, e ten 3.810 m².
A illa pertenceu ao pintor Antonio Medal, e no seu momento serviu de lugar de encontro para persoeiros como Asorey, Laxeiro, Castelao, Valle-Inclán, Manuel Quiroga ou Ramón Cabanillas.
No ano 2007 a illa foi adquirida polo Ministerio de Medio Ambiente por 184.104 €, sendo restaurada e acondicionada.
Ten diversos elementos arquitectónicos. Está rodeada por un muro de pedra con almeas, e conta cun pombal, un hórreo, e un ceador, todo feito con granito do país.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- "Ponte Sampaio recupera A Insuíña para goce público", artigo en La Voz de Galicia, 5 de marzo de 2010 (consultado o 5 de marzo de 2010).