Afonso IV de León
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2010.) |
| Monarcas de Galicia |
|---|
| Reino de Galicia |
Afonso IV de León e Galiza (falecido en 933), cognominado o Monxe, foi rei de toda Galiza altomedieval[1] de 925 a 931.
Fillo máis vello de Ordoño II de Galiza, non ascendeu ao trono por morte do pai en 924, tendo a Ordoño sucedido o tío Froila II; coa morte deste no ano seguinte, sendo Afonso o descendente máis vello de entre os fillos de Ordoño e Froila, tornouse rei na cidade de León. Trala morte do seu irmán Sancho Ordóñez, Afonso IV pasou a actuar como rei de toda Galiza, desde a sede de León. Nesas condicións sería difícil asegurar a gobernación, tendo resignado en favor do seu irmán Ramiro II, e entrado de seguida nun mosteiro. Inconstante, porén, no seu carácter, tomou armas co fillo de Froila (Afonso Froilaz) contra Ramiro, tendo suspendido a súa renuncia ao trono, por un lado, e a vida monástica por outro. Ramiro derrotouno, mandouno cegar e colocouno baixo prisón no mosteiro de Sahagún, onde viría a falecer en 933. Ordoño IV, futuro rei de Galiza era seu fillo.
Notas [editar]
- ↑ Que parte da historiografía actual prefire dividir en Reino de Galiza e reino de León.
Reino de León |
||
|---|---|---|
Segue a: Afonso Froilaz |
Afonso IV de León | Precede a: Ramiro II de León |
| Astur-Leonesa | ||
Reino de Galiza |
||
|---|---|---|
Segue a: Sancho Ordóñez |
Afonso IV de León | Precede a: Ramiro II de León |
| Astur-Leonesa | ||