Illas Farallóns
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coas illas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coas praias de Galicia que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
As Illas Farallóns (Illas dos Farallóns) son un pequeno arquipélago situado na costa cantábrica de Galicia.
Índice |
Xeografía [editar]
Está situado a unha milla en fronte da vila de San Cibrao (concello de Cervo). As tres illas (A Sombriaza, A Baixa e O Pé) que o conforman suman en conxunto 6 hectáreas de terreo. A Sombriza, a maior das illas, ten unha extensión de 3'5 hectáreas. Son moi abruptas e rochosas, e unha delas presenta unha característica forma piramidal, moi elevada.
Historia [editar]
As illas son un tradicional punto de naufraxio de barcos: o vapor María del Carmen F, afundido en 1931; o cargueiro Castillo Moncada,que quedou sentado na canle que separa as illas en 1945, o pesqueiro Maryfran en 1957 e o cargueiro Carebeka VIII, afundido en 1982.