Illas Sisargas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°21′33″N 8°50′17″W / 43.35903°N 8.83808°W / 43.35903; -8.83808

Illas Sisargas
Illas Sisargas.jpg
Illas Sisargas.
Situación
País Galicia Galiza
Provincia A Coruña
Arquipélago Illas Sisargas
Mar Atlántico
Coordenadas 43°21′33″N 8°50′17″W / 43.35903°N 8.83808°W / 43.35903; -8.83808
Xeografía
Superficie 0,8 km2 km²
Longura máxima 1,6 km
Largura máxima 1,1 km
Perímetro 5,4 km
Punto máis alto 92 msnm, Sisarga Grande
Distancia a terra 0,75 km
Demografía
Capital Malpica de Bergantiños
Poboación 0
Densidade 0 hab./km²

As illas Sisargas son un arquipélago galego sito no Océano Atlántico en fronte a Malpica en plena Costa da Morte formado por tres illas, Sisarga Grande, Sisarga Chica e Malante, que pertencen ao concello de Malpica de Bergantiños, na provincia da Coruña.

Descrición[editar | editar a fonte]

As illas Sisargas están formadas por tres illas:

  • Sisarga Grande, a maior das tres illas. Nela hai un faro e un pequeno embarcadoiro.
  • Sisarga Chica, a máis preto da costa.
  • Malante, situada entre as dúas.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Illas Sisargas, Malpica de Bergantiños

As súas coordenadas xeográficas son 43º22' / 43º21' latitude N e 5º9'40'' / 5º8'30" lonxitude W, segundo os extremos que se escollan. A distancia ao punto máis próximo á costa é de 0,750 km (Sisarga Chica-Cabo de Santo Hadrián). Distan uns 35 km da cidade da Coruña, sita máis a Leste, pero na mesma latitude; da capital municipal, Malpica de Bergantiños, a distancia é de aproximadamente 1 km. O grupo disponse a xeito dun L invertido e xirado, sendo a Sisarga Grande a máis occidental e setentrional; Malante ocuparía a posición central e angular; en tanto a Sisarga Chica, tamén denominada Atalaxeiro ten a posición meridional. Unhas doutras sepáranse por estreitas canles de mar (Canal de Estádiga entre as dúas primeiras; Canal de Esteirón, entre a Malante e a Chica). A máxima elevación pertence á Sisarga Grande con 92 m sobre o nivel do mar.

Fauna[editar | editar a fonte]

A importancia das Illas Sisargas está nas súas colonias de gaivota escura (Larus fuscus), gaivota tridáctila (Rissa tridactyla), paíño europeo (Hydrobates pelagicus) e arao dos cons (Uria aalge), aves escasas en Galiza e na Península Ibérica e que teñen aquí unha das súas maiores colonias. Ademais existe unha importante poboación de corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), andurón real (Tachymarptis melba), gaivota patiamarela (Larus cachinnans) e choia biquivermella (Pyrrhocorax pyrrhocorax).

Toponimia[editar | editar a fonte]

Santo Adrián e as Illas Sisargas

Foi o Padre Sarmiento, que as denomina Cisargas, o primeiro en lanzar a hipótese de que o nome das Sisargas estaba referido a Xulio César, quen como é sabido cara o ano 60 a.C., apresentouse na Gallaecia, e submeteu a súa parte Norte, aparecendo entre os ártabros, aos que, segundo as crónicas romanas, aterrorizaría con as súas naves, polo que se submeterían de contado aos romanos. Esta hipótese supón que o seu nome latino sería *insulas Caesaricas, en acusativo plural, develando o estadio lingüístico actual a influencia seseante.

En relación con isto, Rodríguez Bordallo e Ríos Graña sosteñen que aquí estivo localizado un dos grupos das Aras Sestianas, en concreto os citados por Ptolomeo como "Sestíou bomoí" : "tres altares de Sestíos".

Con todo, o máis coherente e aceptado hoxe en día, é que proveñan dunha raíz hidronímica indoeuropea *Eis- 'fluir', en grao cero *Is-, dunha forma *Illas Isargas (de *Insulas Isáricas). O S- non sería máis que a deglutinación do -s final de Illas. Da mesma produtiva raíz veñen tamén o nome do río Ézaro (de *Ísarus) e moitos outros hidrónimos galegos e europeos.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Malpica de Bergantiños[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Malpica de Bergantiños no concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña)

A Atalaia | O Barreiro | O Caldeirón | O Campo | A Camposa | A Camuza | Cancela de Areas | Canido | A Cerca | A Costa | O Escorial | Illas Sisargas | Malpica | Os Medros | A Orxeira | As Pedreiras | A Pedreiriña | Os Piñeiros | O Porto | A Praia | Santo Antonio | Seaia | Seixas | Sorrío | O Ventorrillo | Vilarnovo | As Vistas

Parroquias de Malpica de Bergantiños[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Malpica de Bergantiños

Barizo (San Pedro) | Buño (Santo Estevo) | Cambre (San Martiño) | Cerqueda (San Cristovo) | Leiloio (Santa María) | Malpica de Bergantiños (San Xulián) | Mens (Santiago) | Vilanova de Santiso (San Tirso)


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Otero Pedrayo, Ramón, Guía de Galicia. Galaxia. Vigo. 1954.
  • Rodríguez Bordallo, Ramón e Ríos Graña, Ana María, El simbolismo, la localización y el número de las Aras Sestianas, in Actas del II Coloquio Galaico-Minhoto. I volumen. Xunta de Galicia. Santiago. 1984
  • Sarmiento, Martín, Onomástico etimológico de la Lengua Gallega, 1757. Edic. de J. L. Pensado Tomé, vol.I. Salamanca. 1998.

Outros artigos[editar | editar a fonte]