Illa de San Clemente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa de San Clemente

A Illa de San Clemente (Illa de San Clemente, Illa de San Cremenzo, Illa do Santo do Mar) é unha illa galega da provincia de Pontevedra situada no litoral do sur do concello de Marín.

Características[editar | editar a fonte]

É un illote de 1,4 hectáreas moi próxima á costa, con quen chega a unirse nas grandes baixamares mediante un tómbolo areoso; o resto da illa está rodeado de arrecife. Está cuberta de pradería e ela hai un par de piñeiros de bo porte.

Consérvanse as ruínas da ermida de San Clemente, na que antigamente se celebraba unha concorrida romaría. A devandita ermida foi cantada na Idade Media polo trobador galego Nuno Treez nunha cantiga de amigo:

[...]
San Clemenço do Mar,
se mi d'el non vingar,
non dormirei,
San Clemenço señor.
Se vingada fôr,
non dormirei.
Se mi d'el non vingar,
do fals' e desleal,
non dormirei.
Se vingada non fôr
do fals'e traedor
non dormirei.
[...]

 · Illa de Noro  · Illa de Ons  · Illa de Onza  · Illa Pancha  · Illa do Penedo da Ínsua  · Illas Polbeiras  · Illa de Pombeiro  · Illa da Rúa  · Illas Sagres  · Illa de San Antón (Redondela)  · Illa de San Antón (A Coruña)  · Illa de San Clemente  · Illa de San Martiño  · Illas de San Pedro  · Illa de San Simón  · Illa de San Vicente  · Illa de Santa Comba  · Illa de Santa Cruz  · Illas Sisargas  · Illa de Sálvora  · Illa de Tambo  · Illa de Toralla  · Illa de Tourís Novo  · Illa da Toxa Pequena  · Illa da Toxa  · Illa de Vionta}}