Illa de Area

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa de Area

A Illa de Area (Illa da Insua da Area) é un illote de Lugo situado en plena ría de Viveiro, municipio ao que pertence. Ten unha característica orografía abigarrada cuberta de verde e cunha arboleda de vellos piñeiros e eucaliptos. No pasado era moi frecuentada por campistas, actividade hoxe prohibida. Chegou a estar habitada estacionalmente durante o verán (a pesar do seu reducido tamaño), por iso consérvanse aínda as ruínas dalgunhas casas. O illote despoblouse a mediados do século XX.