División territorial de España en 1833

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa da división territorial por rexións de España en 1833.

A división territorial de España de 1833 foi un proceso de reordenación administrativa do territorio do reino de España (excluíndo as colonias) nun estado centralizado dividido en 49 provincias.

Historia[editar | editar a fonte]

O 29 de setembro de 1833, inmediatamente despois da morte de Fernando VII[1], a rexente María Cristina de Borbón tratou de chegar a un acordo cos partidarios de Carlos María Isidro de Borbón sen perder, por outra parte, o apoio dos liberais. Aínda que os esforzos por conciliar aos carlistas foron vans, o goberno emprendeu unha reforma de grande envergadura que segue vixente na actualidade[2][3]

Confioulle a misión a Francisco Cea Bermúdez, líder dun goberno que durou apenas tres meses. Mediante unha simple circular en novembro de 1833, o seu secretario de estado de Fomento, Javier de Burgos, creou un estado centralizado[4] dividido en 49 provincias. As provincias recibiron o nome das súas capitais, agás catro que conservaron as antigas denominacións: Navarra, con capital en Pamplona, Áraba con Gasteiz, Guipúscoa con Donostia e Biscaia con Bilbao.[5]

O proxecto de Javier de Burgos é practicamente o mesmo que o de 1822, pero sen as provincias de Calatayud, Bierzo e Xàtiva; amais, outras provincias cambian de nome ao mudar a capital[6].

"Con todo a Don Javier de Burgos corresponde más el mérito de haber emprendido, dirigido y elaborado una nueva división provincial de España el valor y la voluntad política de haber puesto en vigencia una división anterior como la de 1822 con los retoques y modificaciones que creyó oportunas".
Martínez Díez, Gonzalo, Génesis histórica de la provincia de Burgos y sus divisiones administrativas, Aldecoa, Burgos, 1983. ISBN 84-7009-214-6

Organización territorial[editar | editar a fonte]

A división provincial de Javier de Burgos de 1833 incluía 49 provincias agrupadas en rexións históricas, se ben non se pretendía crear ningún nivel administrativo superior ao provincial. Así, as rexións definidas non tiñan ningún tipo de competencia ou órgano administrativo ou xurisdicional común ás provincias que agrupaba, tendo a adscrición a rexións un carácter clasificatorio, sen pretensións de operatividade administrativa[7].

El territorio español en la Península e Islas adyacentes queda desde ahora dividido en cuarenta y nueve provincias que tomarán el nombre de sus capitales respectivas excepto las de Navarra, Álava, Guipúzcoa y Vizcaya, que conservan sus actuales denominaciones.
:Fuente: Real Decreto de 30 de noviembre de 1833[5]
Os catro reinos de Andalucía.

Amais do proposto de 1822, o modelo de Javier de Burgos eran os departamentos franceses[4][8] e se ben moitas das decisións de límites e adscricións a provincias puideron parecer arbitrarias (de acordo a criterios históricos e xeográficos), non o foron tanto, posto que seguían certos criterios «racionais»: extensión (desde o punto máis afastado da provincia debería poder chegarse á capital nun día), poboación (as provincias deberían ter entre 100.000 e 400.000 habitantes) e coherencia xeográfica[8]. Á cabeza de cada provincia, o goberno do estado designaba un representante, que ostentaba o título de «xefe político»[9].

Recupéranse os nomes tradicionais das provincias do País Vasco, pero persisten moi poucos enclaves, sendo os máis importantes o Rincón de Ademuz (provincia de Valencia) e o Condado de Treviño (provincia de Burgos)[10].

Esta división provincial consolidouse e triunfou rapidamente[10][11][12], pois inmediatamente dotouse ás capitais de provincias das institucións de goberno básicas[12], creándose ao tempo a figura dos xefes políticos (posteriormente gobernadores civís, actualmente delegados e subdelegados do Goberno)[9]. Amais, a división provincial converteuse no soporte para todas as ramas da administración pública[12] e as futuras divisións[10][12]. Todos os concellos, e a súa periferia debían estar integramente dentro dunha provincia.

En 1834 dividíronse as provincias en partidos xudiciais, localizándose nas capitais dos mesmos os xulgados de primeira instancia e instrución, e máis tarde deron pé aos distritos electorais e a contribución[12]. En 1868 existían 463 partidos xudiciais e uns 8.000 municipios. Nas eleccións municipais de 1999 había 8.037 concellos, algúns deles de recente creación[12].

Modificacións posteriores[editar | editar a fonte]

Esta división sufriu leves modificacións dos límites e da nomenclatura[9].

  • En 1836 ampliouse València a costa de Alacant, e esta última a costa de Albacete (Villena) e Murcia (Sax)[13].
  • En 1841 ampliouse temporalmente a provincia de Logroño[14].
  • Entre 1844 e 1854 a capital de Guipúscoa pasou de Donostia a Tolosa[15].
  • En 1846 rectificáronse os límites entre Cidade Real e Albacete, coa incorporación de Villarrobledo a esta última.[13]
  • En 1851 Requena e Utiel pasan de Cuenca a València.[16].
  • En 1927 dividíronse as illas Canarias nas dúas provincias actuais. (R.D. nº 1586 de 21 de setembro), As Palmas e Santa Cruz de Tenerife, aumentándose así o número de provincias de 49 a 50.
  • En 1980 mudou a denominación da provincia de Logroño pola de provincia de La Rioja[17][18]
  • En 1982, como parte da transformación en comunidade autónoma, modificouse a denominación da provincia de Santander pola de provincia de Cantabria[19].
  • En 1983 mudou a denominación da provincia de Oviedo pola de provincia de Asturias[20].
  • En 1986 aprobouse a lei que permite o cambio de denominación das provincias.
  • Até 1992 as provincias de Girona e Lleida tiñan o exopónimo castelán de "Gerona" e "Lérida"[21]. Isto implicou o cambio das letras identificativas da placa de matrícula en Girona, pasando de ser GE a GI[22].
  • En 1995 o municipio de Gátova pasou da provincia de Castelló á de València[23]
  • En 1997 a provincia de Palma de Mallorca pasou a chamarse provincia de Illes Balears[24]. Do mesmo modo a placa de matrícula quedou modificada cambiando as siglas PM por IB[25].
  • En 1998 mudou a denominación oficial das provincias da Coruña e Ourense, que até entón conservaban o exónimo castelán de "La Coruña" e "Orense"[26]. A matrícula da provincia de Ourense cambiou de OR a OU[27].
  • En 2011 modificouse a denominación oficial das provincias de "Álava", "Guipúzcoa" e "Vizcaya" polas de Álava/Araba, Gipuzkoa e Bizkaia.[28]

Vixencia[editar | editar a fonte]

As provincias definidas en 1833 seguen sendo, de acordo coa Constitución Española de 1978, pezas básicas da organización territorial de España (artigo 141), base das circunscricións electorais (artigo 68) e as unidades das que se compoñen as comunidades autónomas (artigo 143).

O Estatuto de Autonomía de Cataluña, que entrou en vigor en agosto de 2006, obvia a división provincial, considerando a división tradicional en sete vigairías.[29], pero non se prevé que tal división modifique a división provincial vixente para os cometidos do Estado, para non alterar asuntos como o número de senadores ou deputados de Cataluña nas Cortes Xerais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fernando VII, La Monarquía Hispánica. Na Biblioteca Virtual Miguel Cervantes. Acceso o 30 de decembro de 2000. (en castelán).
  2. "Calle Cea Bermúdez"; ABC, 6 de xuño de 1954, p. 17. Acceso 31 de decembro de 2009. (en castelán).
  3. Carlos Marichal: Spain, 1834-1844: A New Society (1970). Coleccion Tamesis Serie A Monografias, Volume 72, ISBN 0729300579, p. 52 et. seq. La fuente usa intercambiable los apellidos his surnames inconsistently as Cea Bermúdez o Zea Bermúdez.
  4. 4,0 4,1 Luis Moreno: "Ethnoterritorial Concurrence and Imperfect Federalism in Spain", Instituto de Estudios Sociales Avanzados (CSIC) Working Paper 93-10, p. 12. Acceso 30 de decembro de 2000. (en inglés).
  5. 5,0 5,1 Real Decreto de 30 de noviembre de 1833 (en castelán).
  6. Jesús Larios Martín: Dinastías reales de España: Geografía política y eclesiástica (1986), Ediciones Hidalguia. p. 48. (en castelán).
  7. Mariano González Clavero: Fuerzas políticas en el proceso autonómico de Castilla y León: 1975–1983 (tese doutoral), p. 60. (en castelán).
  8. 8,0 8,1 Historia de España. ISBN 84-8432-091-X.
  9. 9,0 9,1 9,2 "Jefes Políticos y Gobernadores Civiles", Deputación de Albacete. Fecha de acceso 2000-12-30.
  10. 10,0 10,1 10,2 Eduardo Barrenechea: "Los 'gibraltares' de unas regiones en otras: Treviño, Llivia, Rincón de Ademuz...", El País, 8 de febreiro de 1983. Acceso 30 de decembro de 2000. (en castelán).
  11. Daniele Conversi, "The Spanish Federalist Tradition and the 1978 Constitution", p. 12, nota a pé de páxina 63. Acceso 31 de decembro de 2000. (en inglés).
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 12,5 Santiago Pastrana: "El siglo XIX y la revolución liberal" en Páginas didácticas sobre geografía.
  13. 13,0 13,1 "División provincial de Javier de Burgos de 1833", na web de Jarique. Acceso 31 de decembro de 2009. (en castelán).
  14. 1833. "Restablecimiento de la provincia de Logroño", www.bermemar.com. Acceso 31 de decembro de 2009.
  15. "Historia", web do concello de Tolosa. Acceso 31 de decembro de 2009 (en castelán).
  16. Ignacio Latorre Zacarés: "El Archivo Municipal de Requena Abre sus Puertas", web da biblioteca pública de Requena. Acceso 31 de decembro de 2009. (en castelán).
  17. "The Autonomy Process of La Rioja", SiSpain.org. Acceso 2009-12-31. (en inglés).
  18. "La Rioja: the Autonomous Community", TypicallySpanish.com. Acceso 2009-12-31. (en inglés).
  19. Ley Orgánica 8/1981, de 30 de diciembre, de Estatuto de Autonomía para Cantabria, BOE, 11 de xaneiro de 1982. (BOE-A-1982-635). Aínda que a lei foi aprobada en decembro de 1981, publicouse e entrou en vigor en 1982
  20. Ley 1/1983, de 5 de abril, sobre cambio de denominación de la actual provincia de Oviedo por la de provincia de Asturias.
  21. Ley 2/1992, de 28 de febrero, por la que pasan a denominarse oficialmente Girona y Lleida las provincias de Gerona y Lérida.
  22. Real Decreto 567/1992, de 29 de mayo, por el que se cambian las siglas de los permisos de circulación y de las placas oficiales de matricula de los automóviles de la provincia de Girona, modificando el artículo 233 del Código de la Circulación.
  23. Ley Orgánica 15/1995, de 27 de diciembre, sobre alteración de los límites provinciales consistente en la segregación del municipio de Gátova de la provincia de Castellón y su agregación a la de Valencia.
  24. Ley 13/1997, de 25 de abril, por la que pasa a denominarse oficialmente Illes Balears la provincia de Baleares.
  25. Real Decreto 1209/1997, de 18 de julio por el que se modifican las siglas de los permisos de circulación y de las placas oficiales de matrícula de los vehículos de la provincia de Illes Balears, modificando el artículo 233 del Código de la Circulación.
  26. Ley 2/1998, de 3 de marzo, sobre el cambio de denominación de las provincias de La Coruña y Orense.
  27. Real Decreto 1735/1998, de 31 de julio, por el que se modifica el artículo 233 del Código de la Circulación, para cambiar las siglas de los permisos de circulación y de las placas oficiales de matrícula de los vehículos de la provincia de Ourense.
  28. [1]
  29. Esther Celma Reus: "El Govern confirma que la llei territorial queda aparcada", El Periódico, 9 de febreiro de 2007 (en catalán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]