Illa da Rúa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ría de Arousa

A Illa da Rúa é unha illa galega da provincia da Coruña, situada case no centro da Ría de Arousa, a 4 quilómetros ao Sueste do porto de Ribeira. É unha das illas máis illadas da Ría de Arousa, e unha das máis destacadas a pesar das súas escasas 4 hectáreas de superficie. É enteiramente rochosa, formada por grandes birlos de granito e de abordaxe difícil. Posúe un faro importante para o balizamento da ría, que é xemelgo do da Illa de Ons, construído polo mesmo arquitecto Rafael de la Cerda en 1864. A pesar do inhóspito da illa, estivo habitada por fareiros ata a automatización do faro.

 · Illa de Noro  · Illa de Ons  · Illa de Onza  · Illa Pancha  · Illa do Penedo da Ínsua  · Illas Polbeiras  · Illa de Pombeiro  · Illa da Rúa  · Illas Sagres  · Illa de San Antón (Redondela)  · Illa de San Antón (A Coruña)  · Illa de San Clemente  · Illa de San Martiño  · Illas de San Pedro  · Illa de San Simón  · Illa de San Vicente  · Illa de Santa Comba  · Illa de Santa Cruz  · Illas Sisargas  · Illa de Sálvora  · Illa de Tambo  · Illa de Toralla  · Illa de Tourís Novo  · Illa da Toxa Pequena  · Illa da Toxa  · Illa de Vionta}}