José Ignacio Sáenz Marín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Ignacio
Información persoal
Nome completo José Ignacio Sáenz Marín
Nacemento 29 de maio de 1973
Lugar Logroño, España España
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1993-1994 CD Logroñés
1994-1996 Valencia CF
1997-2002 Real Zaragoza
2002-2005 Celta de Vigo
2005 Logroñés CF
Selección nacional
1994-1996 Selección de fútbol de España Sub-21 14 (0)
2001 Selección de fútbol de España 2 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

José Ignacio Sáenz Marín nado o 29 de maio de 1973 en Logroño é un ex-futbolista que xogaba na demarcación de centrocampista defensivo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar no CD Logroñés, debutou co primeiro equipo en Primeira División o 4 de decembro de 1993 ante o FC Barcelona.

Tras o descenso do Logroñes a Segunda División fichou polo Valencia CF en 1995, onde permanecería dúas tempadas durante as cales é seleccionado polo técnico da Selección de fútbol sub-21 de España, Javier Clemente, para disputar os Xogos Olímpicos de Atlanta 1996.

En 1997 é traspasado ao Real Zaragoza, onde permanecería a maior parte da súa carreira. Nas cinco tempadas que militou en Zaragoza gañou a Copa do Rei e debuta ca Selección de España absoluta, da man de Jose Antonio Camacho.

No verán de 2002 ficha polo Celta de Vigo tras rematar contrato co Zaragoza. En Vigo xogou ás ordes de Miguel Ángel Lotina que xa o dirixira na súa época no CD Logroñés. Na súa primeira tempada en Vigo foi unha peza importante da clasificación do equipo para a Liga de Campións, na segunda a pesar do descenso do equipo a Segunda División quedou para a memoria o gol de Jose Ignacio en San Siro ante o AC Milan na vitoria 1-2, o que supuxo a clasificación do equipo para os oitavos de final.

A destitución de Miguel Ángel Lotina, o seu gran valedor, e unha serie de lesións relegarono á suplencia. O Celta remataría por non facerlle ficha co primeiro equipo na tempada 2005/06, xa comezada a tempada desligase do club e ficha polo Logroñés CF, equipo no que se retirou e do que foi posteriormente Director Deportivo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Ficha do xogador en Bdfutbol (en catalán)