Alejandro Castro Fernández
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 27 de febreiro de 1979 (45 anos) Mieres, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | Jandro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1997 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Alejandro Castro Fernández, máis coñecido como Jandro, nado o 27 de febreiro de 1979 en Mieres (Asturias), é un futbolista que xoga na demarcación de centrocampista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse nas categorías inferiores do Valencia CF. No ano 1999 debuta co primeiro equipo pero é cedido ao Numancia de Soria. No ano 2001 volve ao Valencia co que gana o título de Liga, porén so disputou un encontro.
No ano 2002 ficha polo Celta de Vigo, aínda que sería cedido ao Albacete Balompié de Segunda División, onde faría moi bo ano xogando 21 encontros e marcando 7 goles.
Ao ano seguinte volve ao Celta para xogar en Primeira División cun papel secundario ao compartir posto con Alexander Mostovoi, e en Segunda División ao consumarse o descenso. O ano que xogou co Celta na categoría de prata fixo unha gran tempada, sendo titular despois da retirada de Mostovoi do fútbol, xogando 38 encontros e marcando 12 goles, os que axudaron ao Celta a ascender a Primeira.
Na tempada 2005-06 ficha polo Deportivo Alavés dirixido e presidido por Dimitri Piterman. Tralo descenso do equipo e xogar unha tempada con el en Segunda ficha polo Gimnàstic de Tarragona. Ao final da segunda tempada rescindiu o seu contrato co club por problemas co equipo técnico e fichou polo Elche CF, de onde tamén acabou saíndo por falta de profesionalidade, segundo a versión do club.
En xullo de 2010 ficha polo Girona FC.
Nunca foi internacional coa Selección de fútbol de España absoluta aínda que si xogou nas categorías inferiores, gañando o mundial de fútbol Sub-20 de 1999.