Borja Oubiña
Borja Oubiña | |||
---|---|---|---|
Oubiña en 2009 | |||
Información persoal | |||
Nome | Borja Oubiña Meléndez | ||
Nacemento | 17 de maio de 1982 (41 anos) | ||
Lugar de nacemento | Vigo | ||
Altura | 1.80 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
1988–1989 | Moledo | ||
1989–1994 | Gran Peña | ||
1994–2001 | Celta de Vigo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2001–2004 | Celta B | 67 | (4) |
2004–2015 | Celta de Vigo | 217 | (5) |
2007–2008 | → Birmingham City (cedido) | 2 | (0) |
Total | 286 | (9) | |
Selección nacional | |||
2006 | España | 2 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Borja Oubiña Meléndez, nado en Vigo o 17 de maio de 1982, é un exfutbolista galego que xogaba na demarcación de centrocampista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aínda que de moi neno xogou no Moledo CF, formouse no Gran Peña FC e nas categorías inferiores do Celta de Vigo, ascendeu ao primeiro equipo en 2003. Licenciouse en Empresariais na Universidade de Vigo.
Debutou co Celta nun partido contra o Valencia CF na tempada 2003–04 da man de Miguel Ángel Lotina. Esa campaña xogou doce partidos de liga e dous da UEFA Champions League, o primeiro deles contra o Arsenal FC londiniense, no estadio de Highbury Park.
Logo do descenso do equipo, Oubiña liderou o conxunto como titular habitual, ata o ascenso. Ao ano seguinte, xa en primeira, foi determinante para que os celestes acadaran a sexta praza e se clasificasen para a Copa da UEFA. Destaca pola súa capacidade para recuperar balóns.

Co descenso a Segunda División do equipo vigués en xuño de 2007 o xogador expresou o seu desexo de abandonar o club. Despois de que varios equipos se interesasen polo futbolista sen chegar a acordos co Celta, este cedeu a Oubiña ao Birmingham City inglés o mesmo día que pechaba o mercado de fichaxes (31 de agosto de 2007).
No minuto 11 de xogo na sexta xornada da Premier League, no seu segundo encontro co seu novo club, o primeiro como titular, fronte ao Liverpool FC, bateu contra Dirk Kuyt o que produciu a rotura dos ligamentos do xeonllo esquerdo. A partir de aí comezaron os problemas e as presións por parte do Birmingham City que fixeron que finalmente rescindiran o contrato que lles unía. Así, Oubiña regresou a Vigo para continuar a súa recuperación e incorporarse ao Celta de Vigo, club co que aínda tiña contrato. 438 días despois de ser operado do xeonllo, o xogador galego volveu atar as botas para disputar un encontro oficial. O 6 de decembro de 2008, Oubiña saltou ao campo no Nuevo Insular de Las Palmas. O partido perdeuno o Celta (2–0).
O 22 de maio de 2015 anunciou a súa retirada do fútbol profesional ao non recuperarse das recorrentes lesións de xeonllo, quedando vinculado ao club integrado na secretaria técnica dirixida por Miguel Torrecilla[1].
Selección nacional[editar | editar a fonte]
Non chegou a debutar coa selección galega durante a súa recuperación despois de décadas de prohibición, a causa de sucesivas lesións. Internacional tamén coa selección española, onde debutou nun partido contra Liechtenstein (2 de setembro de 2006). Con España xogou 2 partidos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Oubiña, "muy ilusionado"". Marca (en castelán). 11 de xuño de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1982
- Nados en Vigo
- Futbolistas de Vigo
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do Celta de Vigo B
- Xogadores do Birmingham City FC
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de España
- Alumnos da Universidade de Vigo