Juan Velasco Damas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Velasco
Información persoal
Nome Juan Velasco Damas
Nacemento 15 de maio de 1977 en
Lugar de nacemento Dos Hermanas
Altura 1.79 m
Posición Defensa
Carreira xuvenil
1995-1996 Coria
1996-1997 Sevilla Atlético
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1996–1999 Sevilla FC 79 (3)
1999–2004 Celta de Vigo 134 (1)
2004-2006 Atlético de Madrid 46 (0)
2006-2007 RCD Espanyol 20 (0)
2007-2008 Norwich City 3 (0)
2008-2009 Panthrakikos FC 25 (0)
2010-2011 Larissa FC 27 (0)
Selección nacional
1998–1999 España sub-21 5 (0)
2000 España 5 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Juan Velasco Damas, nado en Dos Hermanas (provincia de Sevilla) o 15 de maio de 1977, é un exfutbolista que xogaba na demarcación de lateral dereito.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras xogar en equipos modestos chega ás categorías inferiores do Sevilla FC, finalmente debuta co primeiro equipo o 5 de marzo de 1997, esa tempada remata co descenso do equipo a Segunda División onde xogaria as dúas tempadas seguintes.

No verán de 1999 ficha polo Celta de Vigo para suplir a baixa de Michel Salgado, que fora vendido ao Real Madrid. Debutou co Celta o 22 de agosto de 1999.

En Vigo viviría os seus mellores anos como futbolista na época dourada do equipo, disputando a Copa da UEFA as cinco tempadas que permaneceu no club, agás a última, na que disputou a Liga de Campións, a isto habería que sumar un subcampionato de Copa na tempada 2000/01. Entre os seus partidos máis salientables están as goleadas ao SL Benfica (7-0) e Juventus (4-0) na Copa da UEFA.

No ano 2002 sufriría unha lesión que o tería sen xogar durante catro meses e que reduciría o seu rendemento de en diante, pasando de ser titular indiscutíbel a alternar o banco co once titular.

A tempada 2003/04, pese a comezar co debut do equipo na Liga de Campións rematou co descenso do equipo a Segunda División. Tralo descenso ficha polo Atlético de Madrid, onde xogaría dúas tempadas sen chegar a ser titular. No verán de 2006 ficha polo RCD Espanyol onde tivo problemas similares, porén o equipo proclamaríase subcampións da Copa da UEFA por tralo Sevilla FC.

En febreiro de 2007 fichou polo Norwich City da segunda división inglesa, e en 2008 polo Panthrakikos FC, equipo recentemente ascendido á primeira división grega.

En xaneiro de 2010 fichou polo Larissa FC, onde problemas crónicos nas costas fixérono retirarse do fútbol en 2011.

Coa selección de fútbol[editar | editar a fonte]

A súa excelente primeira campaña no Celta valeulle ser convocado coa Selección de fútbol de España para o encontro disputado o 26 de xaneiro de 2000 ante Polonia e disputar a Eurocopa de Fútbol Bélxica/Países Baixos 2000

Palmarés[editar | editar a fonte]

Subcampión da Copa do Rei 2001, final xogada no Estadio de La Cartuja (Sevilla), entre o Celta de Vigo e o Zaragoza.

Subcampión da Copa da UEFA 2007, final xogada en Glasgow entre o RCD Español e o Sevilla FC, con triunfo do equipo andaluz na quenda de penaltis despois de finalizar o encontro co resultado de 2-2.

Campionatos internacionais[editar | editar a fonte]

Título Club Rexión Ano
Copa Intertoto da UEFA Celta de Vigo Europa 2000