José Manuel Pinto
José Manuel Pinto | |||
---|---|---|---|
![]() Pinto xogando co Barcelona en 2012 | |||
Información persoal | |||
Nome | José Manuel Pinto Colorado | ||
Nacemento | 8 de novembro de 1975 (46 anos) | ||
Lugar de nacemento | El Puerto de Santa María | ||
Altura | 1,85 m. | ||
Posición | Porteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1992–1994 | Safa San Luís | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1994–1998 | Betis B | 68 | (0) |
1998 | Betis | 1 | (0) |
1998–2008 | Celta de Vigo | 181 | (0) |
2008 | → Barcelona (cedido) | 3 | (0) |
2008–2014 | Barcelona | 31 | (0) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 17 de maio de 2014. [ editar datos en Wikidata ] | |||
José Manuel Pinto Colorado, nado en El Puerto de Santa María (Cádiz) o 8 de novembro de 1975, é un futbolista español. Xoga de porteiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a súa carreira profesional nas categorías inferiores do Real Betis Balompié, xogando 3 tempadas en Segunda B entre 1994 e 1997. No ano 1998 pasa a formar parte do primeiro equipo do Real Betis Balompié.
Celta de Vigo[editar | editar a fonte]
Militou no Real Club Celta de Vigo, ó longo de 9 anos (desde a tempada 1998-1999), . Aínda que nas súas primeiras tempadas no conxunto vigués exerceu como segundo porteiro, nos últimos anos converteuse en titular indiscutible, disputando practicamente todos os encontros das tempadas 2005-2006 e 2006-2007. Por outro lado tamén foi un dos capitáns do equipo celeste durante o seu derradeiro ano no club.
Disputou a Copa da UEFA co Celta en catro tempadas consecutivas entre 1999 e 2003 e ó ano seguinte (2003-2004) xogou varios encontros da Champions League na primeira vez na súa historia que o Celta acadaba a clasificación para participar nesta competición.
O descenso a Segunda División do Celta, na tempada 2003–04, supuxo a chegada ao banquiño vigués de Fernando Vázquez, quen confiou a Pinto a titularidade. A seguinte tempada, novamente en Primeira, Pinto continuou como titular indiscutíbel e conquistou o Trofeo Zamora como gardameta menos goleado do campionato. Porén, un ano máis tarde, o seu equipo perdeu novamente a categoría.
FC Barcelona[editar | editar a fonte]
O 18 de xaneiro de 2008 anunciouse oficialmente a súa incorporación, en calidade de cedido, ao FC Barcelona, que buscaba un futbolista para suplir o seu segundo gardameta, Albert Jorquera, lesionado a finais de decembro de 2007 para o resto da tempada. Os blaugranas desembolsaron 500.000 euros pola cesión de seis meses, reservando unha opción de compra sen custo adicional. Na súa primeira tempada en Barcelona xogou tres partidos de Liga, nos que encaixou oito goles. A pesar da súa escasa participación, o Barcelona decidiu exercer a opción de compra sobre o xogador, ofrecéndolle un contrato de dúas tempadas.
Na tempada 2008–09 é suplente habitual de Víctor Valdés en liga e Liga de Campions, aínda que é o gardameta titular na Copa do Rei. Nesta competición tivo un papel especialmente destacado no encontro de volta das semifinais, fronte ao RCD Mallorca, cando detivo un penalti. Tamén xogou un papel importante na súa final, xa que só encaixou un gol do Athletic Club, dándolle ao seu equipo a súa primera copa do ano 2009.
Na Liga de Campións da UEFA 2010-11 foi sancionado con dous partidos logo de imitar o asubío do árbitro nun enfrontamento contra o F.C. København[1].
Palmarés[editar | editar a fonte]
Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]
Copas internacionais[editar | editar a fonte]
Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Copa Intertoto | Celta de Vigo | ![]() |
2000 |
Copa de Europa | FC Barcelona | ![]() |
2008/09 |
Supercopa de Europa | FC Barcelona | ![]() |
2009/10 |
Mundial de Clubs | FC Barcelona | ![]() |
2009/10 |
Copa de Europa | FC Barcelona | ![]() |
2010/11 |
Supercopa de Europa | FC Barcelona | ![]() |
2011/12 |
Mundial de Clubs | FC Barcelona | ![]() |
2009/10 |
Distincións individuais[editar | editar a fonte]
Distinción | Ano |
---|---|
Trofeo Zamora | 2006 |
Curiosidades[editar | editar a fonte]
![]() | As seccións de curiosidades e anécdotas deben ser evitadas. Axude a mellorar este artigo, integrando no corpo do texto as informacións relevantes e verificadas e retirando as superfluas ou impropias. |
- Paralelamente á súa carreira futbolística, é o fundador e director da discográfica Wahin Makinaciones, adicada ó rap.[2]. É produtor do grupo pontevedrés Delahoja.
- No penalti parado a Pep Martí, na semifinal da Copa do Rei de 2009, antes de executarse o penal, díxolle ó xogador para que lado se ía tirar[3].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "La UEFA investigará el silbido de Pinto ante el Copenhague", artigo en El País, 23 de outubro de 2010 (en castelán).
- ↑ "O gardameta do Celta crea un selo discográfico e lanza en segredo o seu primeiro álbum." "La pasión oculta de Pinto" Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine., artigo no Faro de Vigo, 14 de novembro de 2006 (en castelán).
- ↑ "El jugador señaló a Martí el lado por el que se tiraría", artigo en El Periodico (en castelán).