Jesús Mora Nieto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJesús Mora Nieto
Biografía
Nacemento24 de xaneiro de 1978 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Sevilla, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesJesuli Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , empresario Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1996 Editar o valor em Wikidata - 2007 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1996-1998 Sevilla Atlético 19(3)
1997-2000 Sevilla Fútbol Club 64(3)
2000-2004 Real Club Celta de Vigo 118(24)
2004-2008 Sevilla Fútbol Club 23(1)
2007-2007cesión Real Sociedad de Fútbol 11(0)
2008-2008cesión Club Deportivo Tenerife 7(0) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1996-1996   España sub-18 4(0) Editar o valor em Wikidata

FIFA: 178447 Editar o valor em Wikidata

Jesús Mora Nieto, nado en Sevilla o 24 de xaneiro e 1978, é un exfutbolista español, máis coñecido coma Jesuli. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xogador talentoso pero moi inestábel, o que o levou a non chegar a explotar todo o seu potencial, formouse nas categorías inferiores do Sevilla FC, debutando no primeiro equipo en Primeira División na tempada 1996–97.

No verán do ano 2000 foi traspasado ao Celta de Vigo, onde disputou a Copa da UEFA tódolos anos que milita en Vigo agás o último, no que o equipo xogou a Liga de Campións, porén esa última tempada consumouse o descenso a Segunda División e Jesuli deixa o equipo.

No ano 2004 ficha outra vez polo Sevilla FC, mais nesta segunda etapa non tería moito éxito e foi cedido a equipos de Primeira e Segunda División, coma a Real Sociedad ou o CD Tenerife.

Retirouse no ano 2008, na actualidade xoga no equipo de Fútbol Indoor do Sevilla FC.

Unha vez retirado do fútbol en activo viuse involucrado nunha polémica a raíz dun suposto caso de corrupción no encontro que decidiu o ascenso do CD Tenerife en detrimento da Real Sociedad na tempada 2007–08, cando Jesuli era xogador no club tinerfeño. Tanto dende o club tinerfeño coma Lorenzo Sanz, expresidente do Real Madrid que se viu involucrado na polémica sempre negaron as acusacións.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Celta de Vigo
Sevilla