Saltar ao contido

Henrique Guedes da Silva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHenrique Guedes da Silva
Biografía
Nacemento6 de marzo de 1972 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Recife, Brasil Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil
España Editar o valor em Wikidata
Altura177 cm Editar o valor em Wikidata
Peso75 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1990 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaBrasil Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Número deportivo33 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Fluminense Football Club
1991-1992 São Cristóvão de Futebol e Regatas (pt) Traducir
1992-1993 União São João Esporte Clube
1993-1995 Centro Sportivo Alagoano (pt) Traducir 53(32)
1995-1995 Paysandu Sport Club (pt) Traducir
1995-1996 Clube de Futebol Os Belenenses 13(12)
1996-1998 Unión Deportiva Salamanca 13(1)
1997-1998cesión Club Deportivo Leganés 34(14)
1998-2000 Málaga Club de Fútbol 73(49)
2000-2004 Real Club Celta de Vigo 115(37)
2004-2004cesión FC Krilia Sovetov Samara (pt) Traducir 11(1)
2005-2005 Clube Atlético Mineiro 17(5)
2005-2005 Clube de Futebol Os Belenenses 8(0)
2005-2005 Marília Atlético Clube (pt) Traducir 8(4)
2006-2008 CD Linares (en) Traducir 69(26)
2008-2010 Unión Estepona Club de Fútbol 48(23)
2010-2010 Sport Club Corinthians Alagoano (pt) Traducir 0(0)
2010-2011 Centro Sportivo Alagoano (pt) Traducir 7(3)
2012-2012 Sport Clube Santo Antônio (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
2000-2000   España 3(0) Editar o valor em Wikidata

FIFA: 182045 Editar o valor em Wikidata

Henrique Guedes da Silva, nado o 6 de marzo de 1972 en Recife (Brasil) é un futbolista que xoga na demarcación de dianteiro centro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar nas categorías inferiores do Fluminense, porén ante a falta de oportunidades fichou polo São Cristovão, onde coincidiu con Vagner e Ronaldo, e despois polo CSA de Maceió, onde militou dous anos proclamándose pichichi do campionato.

Tras xogar no União São Jorge ficha polo Os Belenenses de Portugal e ao ano seguinte polo UD Salamanca, tras unha mala tempada en Salamanca é cedido ao CD Leganés, e tras un bo ano no que marca 14 goles ficha polo Málaga CF, onde pasa os seus mellores anos.

Xoga en Málaga dúas tempadas, na primeira delas proclámase pichichi de Segunda División axudando ao equipo a ascender a Primeira, e ao ano seguinte queda na segunda posición na clasificación de máximo goleador so despois de Salva Ballesta.

Estas boas actuacións fan que fiche polo Celta de Vigo por un prezo de 2300 millóns de pesetas, converténdose na fichaxe máis cara da historia do club. En Vigo comeza cuns números aceptabeis pero as súas cifras anotadoras e peso no equipo van diminuíndo ata que na tempada 2004/05 é cedido ao CF Estrela Amadora e no mercado de inverno definitivamente traspasado ao Krylia Sovietov ruso.

En Rusia non dura moito e ese mesmo ano é traspasado ao Os Belenenses, onde tampouco ten fortuna e en 2005 volve ao seu país, ao Clube Atlético Mineiro. Porén en 2006 volve a España, ao CD Linares da Segunda División B, onde xoga ata mediada a tempada 2007/08. Deixa o club a causa dos problemas económicos que o levan á disolución e ficha polo Unión Estepona CF, onde permanece ata 2010 despois de acadar o ascenso á Segunda División B.

En 2010 volve ao Brasil ao CSA de Maceió, onde seguía xogando no 2011 á idade de 40 anos.

Coa selección de fútbol

[editar | editar a fonte]

O seu bo papel no Málaga levouno a ser convocado coa Selección de fútbol de España en tres ocasións, debutou o 7 de outubro de 2000 ante Israel.