Sebastián Ariel Méndez Pardiñas
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 4 de xullo de 1977 París | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 184 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sebastián Ariel Méndez Pardiñas, nado en Buenos Aires o 4 de xullo de 1977, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol arxentino. Xogaba na demarcación de defensa e foi internacional coa selección arxentina. É de ascendencia galega polo que nos campos da Arxentina o coñecían como Gallego Méndez.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu o 4 de xullo de 1977 en Buenos Aires, sendo fillo de emigrantes galegos. Seu pai Enrique era un panadeiro natural do lugar de Xegunde, na Fonsagrada, mentres que súa nai naceu en Carballo.[1][2]
Debutou con 17 anos co Vélez Sársfield, co que foi campión da Copa Libertadores, da Copa Intercontinental, da Copa Suramericana e logrou tres títulos de Liga nas oito tempadas que militou no equipo.
Este palmarés fixo que o Celta de Vigo se fixase nel e o fichase no mercado de inverno da tempada 2002/03. Dende un primeiro momento gañou o afecto da afección co seu compromiso e entrega no campo.
No Celta viviu grandes momentos como a clasificación e disputa da Copa de Europa e o ascenso a Primeira División pero tamén malos coma o descenso da tempada 2003/04.
Despois de varias lesións que lle impediron ter continuidade o club traspasouno ao San Lorenzo de Almagro, equipo co que volveu gañar o título de Liga. Antes de retirarse aínda xogaría no CA Banfield, no que se convertería no xefe da defensa, axudando a conquistar outra vez o título de Liga, o quinto na súa conta particular. Despois deste último triunfo retirouse de fútbol profesional.
En abril de 2010 fíxose cargo interinamente da dirección do CA San Lorenzo de Almagro trala renuncia de Diego Simeone.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "«El Gallego» Méndez, nuevo jugador del Celta". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de febreiro de 2002. Consultado o 4 de marzo de 2025.
- ↑ "Diego Maradona tenía un ritual oculto cuando era entrenador de Gimnasia hasta que un día lo dejaron solo: “¿Qué pasó que no vino nadie?”" (en castelán). 23 de novembro de 2021. Consultado o 4 de marzo de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Txema Ereaga (11 de abril de 2012). "El 'Gallego' Méndez". Fame Celeste (en castelán).
- Nados en 1977
- Nados en Buenos Aires
- Futbolistas da Arxentina
- Defensas de fútbol
- Xogadores do CA Vélez Sarsfield
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do CA San Lorenzo de Almagro
- Xogadores do CA Banfield
- Xogadores da selección de fútbol da Arxentina
- Adestradores de fútbol da Arxentina
- Adestradores do CA San Lorenzo de Almagro
- Adestradores do Gimnasia y Esgrima de Jujuy