Everton Giovanella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Everton Giovanella
Everton Giovanella.jpg
Información persoal
Nome Everton Giovanella
Nacemento 13 de setembro de 1970 (52 anos)
Lugar de nacemento Caxias do Sul
Altura 1,77 m.
Posición Centrocampista defensivo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1991–1992 Lajeadense 38 (8)
1993 Internacional 12 (2)
1993–1994 Tirsense 19 (1)
1994–1995 Estoril 29 (0)
1995–1996 Belenenses 19 (3)
1996–1999 Salamanca 106 (4)
1999–2006 Celta de Vigo 140 (1)
2007–2008 Coruxo 34 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Everton Giovanella, nado en Caxias do Sul (Río Grande do Sur) o 13 de setembro de 1970, é un exfutbolista brasileiro. Xogaba de centrocampista defensivo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar no Lajeadense, de onde pasaría ao Porto Alegre na tempada 1992-93. Un ano despois daría o salto a Europa, concretamente a Portugal, para fichar primeiro polo Tirsense, pasando despois polo Estoril e Os Belenenses.

No ano 1996 chega a Liga española fichando pola UD Salamanca, onde militaría tres tempadas moi boas persoal e colectivamente, xa que conseguiría o ascenso a Primeira División.

Tralo descenso do equipo salmantino no ano 1999 Giovanella ficha polo Celta de Vigo. No Celta sería un xogador moi importante e con el alcanzaría unha final da Copa do Rei ademais de clasificacións para disputar a Copa da UEFA e a Liga de Campións.

A carreira futbolística de Giovanella veríase truncada cun control antidopaxe realizado o 19 de decembro de 2004, no que deu positivo por nandrolona. Foi sancionado polo Comité de Competición da Federación Española de Fútbol o 27 de setembro de 2005 a dous anos de suspensión e a unha multa de 1.502,53 euros. Dende entón Giovanella, que sempre defendeu a súa inocencia, viuse inmerso nunha serie de apelacións que pasaron por tódolos órganos da xustiza deportiva e ordinaria sen atopar solución. O seu último encontro do Celta foi o 21 de setembro de 2005 ante o Villareal CF no Madrigal, que rematou con vitoria do Celta (1–2).

Na tempada 2006-07 recibiu unha oferta do Celta de Fútbol Sala para competir na División de Honra, pero a Federación de Fútbol prohibiuno aducindo que a prohibición era extensíbel tamén a ese deporte.

Tras finalizar o periódo de suspensión, na tempada 2007–08 fichou polo Coruxo FC, de Terceira División, por aquel entón adestrado polo ex céltico Javier Maté.

Actualmente é o secretario técnico do Lejadense, colaborando tamén como olleador para o Celta de Vigo.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Copas internacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Copa Intertoto R. C. Celta de Vigo Vigo (España)
San Petersburgo (Rusia)
2000