Fernando Cáceres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fernando Cáceres
Información persoal
Nome completo Fernando Gabriel Cáceres
Nacemento 7 de febreiro de 1969 (50 anos)
  San Isidro
Nacionalidade Arxentina
Altura 1,80 m.
Posición Defensa
Carreira xuvenil
Argentinos Juniors
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1986–1991 Argentinos Juniors 113 (5)
1991–1993 River Plate 71 (11)
1993–1996 Zaragoza 91 (3)
1996 Boca Juniors 15 (1)
1996–1998 Valencia 50 (0)
1998–2004 Celta de Vigo 198 (3)
2004 Córdoba 11 (0)
2004–2006 Independiente 46 (0)
2006–2007 Argentinos Juniors 0 (0)
Selección nacional
1992–1997 Arxentina 24 (1)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Fernando Gabriel Cáceres, nado en San Isidro (Buenos Aires) o 7 de febreiro de 1969, é un ex-futbolista arxentino, que xogou no Celta de Vigo. A súa posición era de defensa.

Pasou por varios equipos na Primeira división arxentina e na Liga española na súa carreira, e tamén formou parte da selección do seu país.

Neste momento atópase internado en estado crítico e con prognóstico reservado, por un disparo que recibiu cando delincuentes intentaron roubarlle o automóbil. O día 14 de novembro a súa saúde empeorou debido a un xerme no cerebro unido á febre que xa tiña.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

O 1 de novembro de 2009, recibiu un disparo durante un intento de asalto. Os primeiros testemuños indicaron que ao intentarlle roubar o automóbil, disparáronlle na cabeza, perdendo o ollo dereito, e sufrindo a fractura da base do cranio.

"O paciente ingresou en coma, cunha ferida de bala con entrada polo globo ocular dereito". Dixo á prensa o xefe de garda do centro asistencial, Rodrigo Bau.[1][2][3]

Ao día seguinte, fontes sanitarias informaban que o deportista tiña poucas posibilidades de vida, á vez que daban a coñecer que o proxectil atopábase aloxado na rexión paratemporaral dereita, cunha entrada sobre o globo ocular dereito e unha fractura na base do cranio. Non foi extraído para evitar males maiores. Pola súa banda, Alejandro Coria, viceministro de Saúde da provincia de Buenos Aires, declarou que o ex-xogador, "Está en mans de Deus e dos médicos (...) Estamos traballando para salvarlle a vida", mentres se atopaba con asistencia respiratoria e en coma inducido polos médicos.[4][5]

Están en prisión preventiva tres adolescentes sospeitosos de atacar a balazos ao ex futbolista.[6]

A finais do mes de novembro lle quitarón a respiración artificial e o exjugador era capaz de comunicarse por acenos, polo que o seu irmán dixo mostrarse moi optimista con respecto á súa recuperación[7].

Carreira[editar | editar a fonte]

Clubs[editar | editar a fonte]

Cáceres comezou a xogar ó fútbol como profesional no Argentinos Juniors e en 1991 foi transferido ó River Plate, onde gañou o seu primeiro título en 1991.

Despois, Cáceres marchou a España para xogar no Real Zaragoza de Víctor Fernández, onde gañou a Copa do Rei en 1994 e a Copa da UEFA en 1995.

Volveu a Arxentina por un breve período de tempo ó Boca Juniors antes de regresar de novo a España a finais de 1996 para xogar no Valencia. Alí estivo ata o final da tempada 1997-1998.

En 1998 Víctor Fernández, daquela adestrador do Celta, volveu a contar con el, que permanecería en Vigo ata 2004. Durante 6 temporadas no club disputou un total de 218 encontros en todas as competicións, anotando cinco goles.

Despois pasou nunha breve etapa polo Córdoba CF, equipo da Segunda División.

En 2004 volveu unha vez máis a Arxentina para xogar no Club Atlético Independiente, entrando a formar parte do selecto grupo de xogadores que xogaron no River Plate, no Boca Juniors e no Independiente.

En 2006, volveu ó Argentinos Juniors, o club onde comezara a súa carreira 20 anos antes.

Equipo nacional[editar | editar a fonte]

Cáceres gañou a Copa de América sub-17 en 1985. Coa selección absoluta formou parte do equipo que gañou a Copa América 1993 e a Copa do Mundo de 1994.

Títulos[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Torneo Apertura River Plate Arxentina 1991
Copa do Rei Real Zaragoza España 1994

Copas internacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Campeonato Sudamericano Sub-17 Selección de fútbol de Argentina sub-17 Arxentina 1985
Copa América Selección de fútbol de Argentina Arxentina 1993
Recopa de Europa Real Zaragoza España 1995
Copa Intertoto da UEFA Celta de Vigo España 2000

Notas[editar | editar a fonte]