Manuel Senra Caamaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Senra Caamaño
Manuel Senra.jpg
Nacemento1962
 Olveira
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpiloto de rally
editar datos en Wikidata ]
Peugeot 306 Kit Car de Senra.

Manuel Senra Caamaño, nado en Olveira (Dumbría) o 24 de xaneiro de 1961[1][2], tamén coñecido como Tarolo,[3] é un piloto galego de rallys.

Gañou cinco veces o Campionato de Galicia de Rally (de xeito consecutivo entre 2001 e 2005), outras cinco o Campionato de Galicia de Montaña (en 1997, 2014, 2015, 2017 e 2019) e dúas veces o Campionato de Galicia de Rallys en Terra (1993 e 1994). É pai de Víctor Senra, tamén piloto de rally e tres veces campión de Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios (1961-1996)[editar | editar a fonte]

En 1980 montou un pequeno taller de coches en Olveira e uns anos despois comezou a competir en karts e logo en rallys coa Escudería Compostela e cun Renault 5 GT Turbo que comprou a medias con varios amigos.[2][4] Debutou no Rally de Ferrol de 1985, tendo como copiloto a Pepe Maceiras, que o acompañaría durante os seguintes 10 anos, e chegando á meta en oitava posición.[5] Tamén competiu nos seguintes anos con ese coche en varias carreiras de montaña de Galicia, Asturias e Portugal, como a Subida a Carballo de 1986[6] e 1987.[7] En 1986 quedou décimo no Rally Botafumeiro e en 1987 conseguiu subir ao podio na mesma proba, quedando terceiro co Renault 5 por detrás de Marc Etchebers e Germán Castrillón.[8] Repetiu terceiro posto na edición de 1988,[9] nunha tempada na que tamén quedou segundo no Rally de Noia e terceiro no Rally Cidade de Cristal, e na que chegou a liderar o campionato durante parte do ano.[10][11] En 1989 continuou con bos resultados no campionato galego, proclamándose campión da Copa Renault.[12]

En 1990 pasou a correr cun Peugeot 205 GTI, co que disputou o galego de asfalto e debutou no Campionato de Galicia de Rallys de Terra, participando nas dúas últimas probas, o Rally de Narón e o Rally de Caldas, logrando a vitoria en ambas. Foi un dos pilotos protagonistas deste campionato nos seguintes anos, tendo entre os seus principais rivais a Andrés González, José Caamaño, Ana Barbero, José Alonso ou Marco Antonio Fernández. En 1991 logrou a súa primeira vitoria en asfalto, tras vencer co 205 no 4º Rally de Vigo, por diante de Javier Piñeiro e Antonio Garrido.

En 1992 logrou tres vitorias no campionato galego de asfalto sobre un Peugeot 309 GTI, e proclamouse subcampión, por detrás de Germán Castrillón.[13] Proclamouse campión galego de terra na tempada 1993 e revalidou o título en 1994, en ambos casos co Peugeot 205.[14] Neses anos conseguiu gañar tres veces consecutivas o Rally de Narón, por aquel entón un rally de terra.

Rivalidade con Castrillón (1997-2000)[editar | editar a fonte]

Pouco despois adquiriu un Peugeot 306 Kit Car, co que se proclamou campión de Galicia de Montaña en 1997. Con este coche e con Faustino Suárez de copiloto, gañou o Rally de Ferrol de 1998 e endureceu a súa rivalidade deportiva con Germán Castrillón, iniciada anos atrás.[1] En 1999 gañou o Rally Botafumeiro e o Rally do Albariño, mentres que quedou segundo no Rally do Cocido, no Rallye Narón Indunor[15] e no Rally de Ferrol,[16] gañados estes tres por Castrillón. Chegou á última proba, o Rally de Noia, a só 15 puntos de Castrillón[17] e liderou a carreira ata o último treito, onde un fallo eléctrico a falta de catro quilómetros fíxoo abandonar e perder o campionato.[18][19] No ano 2000 gañou o Rally Vila de Lalín, o Rally Botafumeiro, o Rally de Ferrol e o de Noia,[20] quedou terceiro no Rally San Froilán e foi excluído no Albariño por exceso de penalizacións. Quedou segundo no campionato galego, mentres que o título foi de novo para Castrillón.[21] Ese mesmo ano quedou cuarto no Rally da Coruña, do Campionato de España, e gañou a Subida a Culleredo, do Campionato de Galicia de Montaña,[22] ademais de quedar terceiro no Campionato de España de Montaña.[23]

Campión de Galicia de Rally (2001-2005)[editar | editar a fonte]

Comezou 2001 cunha vitoria no Rali do Cocido,[24] e cun terceiro posto no Rally de Noia. Na proba noiesa Germán Castrillón, que chegara en primeiro lugar, foi descualificado pola falta dun libro de ruta da súa copiloto, Estrella Castrillón. Como protesta os Castrillón abandonaron o campionato (anos despois a xustiza proclamounos vencedores daquel rally).[25] Sen Castrillón achandouse o camiño de Senra ao título.[26] Gañou a continuación no Botafumeiro[27] e quedou cuarto no Rally da Coruña, este último do Campionato de España de Rallys. Tras a proba coruñesa e despois de venderlle o seu Peugeot 306 a Toño Villar,[28] comezou a utilizar outro Peugeot 306 Maxi Kit Car, comprado en Francia e que fora utilizado por François Delecour e por Gilles Panizzi no Campionato de Francia de Rally e no Campionato do Mundo de Rally.[29] Con este coche lograría os seus maiores éxitos durante as seguintes dúas décadas. Gañou as seguintes probas do rexional en Narón,[30] no Rally do Lacón[31] e no Albariño,[32] e proclamouse por primeira vez vencedor do Campionato de Galicia de Rally. Revalidou o título ao ano seguinte, tras gañar no Cocido, en Narón (por quinta vez, igualando a Castrillón),[33] no Albariño,[34] e lograr a súa terceira vitoria no Rally de Ferrol.[35][36] En 2003 venceu no Cocido,[37] Noia,[38] Albariño[39] e San Martiño,[40] abandonou por avaría en Narón[41] e Ferrol, e non participou no Rally San Froilán por diferenzas coa organización,[42] chegando ao Rally Botafumeiro, última proba do campionato, con Bamarti como único rival para o título.[43] A Senra bastáballe con quedar entre os cinco primeiros para proclamarse tricampión galego e conseguiuno de forma cómoda subindo ao podio en terceira posición, por detrás de Bamarti (1º) e Pedro Burgo (2º).[44] Na Subida a Chantada, do campionato de montaña, quedou terceiro entre os carrozados.[45]

Bamarti conducindo o Peugeot 306 que pertencera a Senra

A tempada 2004 comezou para Senra cun terceiro posto no Rally do Cocido, un abandono en Noia[46] e a súa ausencia no 1º Rally Salón Automóvil de Vigo,[47] sendo a vitoria nas tres probas para o piloto Toño Villar, tamén do equipo Senra Sport.[48] Con todo, Senra logrou a vitoria nas seguintes catro probas do calendario, Albariño, Narón, Baixa Limia e Botafumeiro, proclamándose por cuarta vez campión de Galicia, con 53 puntos de vantaxe sobre o segundo, Bamarti.[48][49][50] Participou na Subida a Chantada, quedando segundo entre os carrozados.[51] Comezou a tempada 2005 con dúas vitorias nos tres primeiros rallys (Cocido[52] e Sur do Condado).[53] No terceiro rally, o Albariño, a vitoria foille concedida inicialmente a Bamarti, pero horas despois e tras revisar os tempos Senra foi proclamado campión.[54][55] En xuño Bamarti comproulle a Toño Villar o 306 que pertencera a Senra anos atrás, co obxectivo de derrocar ao dumbriés.[56] Estreouse con el na cuarta proba, o Rally Cidade de Narón, que comezou liderando Senra, cando o rally foi suspendido tras a morte do copiloto Alberto González Lamigueiro.[57][58] Renunciou a participar no Rally de Ourense e no Rally San Froilán[59] e proclamouse campión de Galicia por quinta vez tras gañar o Rally Botafumeiro.[60][61] Disputou ademais a Subida a Chantada, logrando o mellor tempo entre os vehículos do grupo A.[62]

Peugeot 306 de Senra no parque pechado do Rally Botafumeiro de 2006.

Derrota fronte a Bamarti e período de menos actividade (2006-2008)[editar | editar a fonte]

A tempada 2006 comezou cun desastroso Rally do Cocido, no que Senra tivo que empezar empurrando o seu coche na saída, antes de picar unha roda, recibir unha sanción de medio minuto e sufrir unha saída de pista, co que só puido ser sexto. A vitoria foi para Bamarti.[63] Na segunda proba do campionato, o Rally de Noia, unha avaría e unha sanción por chegar tarde ao terceiro tramo fixeron que só puidera ser quinto, sendo a vitoria para Pedro Burgo, con Bamarti segundo.[64] No Albariño, terceira cita do galego, tivo que abandonar cando ía terceiro tras saírse na segunda pasada por Moraña, indo parar a vitoria ás mans de Bamarti.[65] Volveu ao podio nos dous seguintes rallys, en Narón, onde conseguiu a súa sexta vitoria na proba por diante de Burgo e Bamarti,[66] e no Sur do Condado, onde quedou segundo tras Bamarti,[67] que se proclamou campión na seguinte proba (Rally Ourense-Baixa Limia), á que Senra non se presentou.[68][69] Fóra do campionato de asfalto, participou tamén no Campionato de Galicia de Montaña. Tomou a saída en todas as probas menos nas dúas primeiras, logrou a vitoria na Subida a Amoeiro[70] e finalizou quinto na xeral final e campión do grupo A.[71] En 2007 participou só na montaña, proclamándose campión dos carrozados.[72] En 2008 só apareceu esporadicamente nalgún rally como o de Noia, onde quedou sexto,[73] ou o Rally Comarca da Ulloa, no que quedou segundo. Tamén competiu nalgunhas subidas como a de Chantada, na que quedou 7º total e 1º do grupo A,[74] a Escusa, terceiro do grupo P,[75] Cerdedo, segundo por detrás de Benito Varela,[76] Iroite, onde logrou a vitoria entre os carrozados,[77] ou a I Subida a Cabanelas, onde quedou segundo entre os carrozados por detrás de Ricardo Silva.[78][79] Rematou a tempada como campión en carrozados.[80]

Subidas en Galicia e competicións en Portugal (2009-2013)[editar | editar a fonte]

Manuel Senra con Faustino Suárez no Rally de Galicia Histórico de 2012, onde fixeron de "coche 0" co seu Peugeot 309.

En 2009 competiu no Rally de Noia, onde non puido rematar ao romper o motor do seu Peugeot 306, cando rodaba en segunda posición.[81] En canto á montaña, quedou terceiro na primeira proba, a Subida a Almofrei,[82] gañou na súa categoría a Subida Concello do Pereiro,[83] a Subida Cidade de Pontevedra,[84] a Subida á Bola-Furriolo,[85] a Subida ao Iroite,[86][87] e quedou segundo na Subida a Almofrei-Cotobade[88] e na derradeira proba, a Subida a Cabanelas, proclamándose campión galego de montaña en carrozados, por diante de Luis Penido.[89][90] Participou tamén no Rally Botafumeiro de 2009 subindo ao podio en segunda posición por detrás de Pedro Burgo.[91]

En 2010 gañou o Rally de Noia[92] e participou en varias probas do Campionato de Galicia de Montaña de 2010 con bos resultados como a vitoria en carrozados na Subida Cidade de Vigo[93] e na Subida a Pontevedra,[94] ou a segunda praza na Subida á Escusa,[95] e quedando finalmente segundo entre os carrozados tras quedar terceiro na última proba, a Subida a Silleda, por detrás do seu fillo Víctor (1º), e de José Antonio Iglesias, que logrou o campionato de carrozados.[96][97] Nos seguintes tres anos as súas participacións en competición foron escasas, destacando algunha subida en Galicia, como o terceiro posto en carrozados obtido na Subida á Bola de 2012[98] ou o segundo na Subida á Estrada de 2013.[99] Participou tamén en varias competicións de Portugal (nalgunha delas co portugués António Vieira como copiloto) e competiu dende 2011[100] no CAM Rali Festival en Braga, subindo ao podio en 2012 (3º)[101] e logrando a vitoria en 2013.[102] En maio de 2013 gañou con David Vázquez de copiloto o Rallysprint Villa de Fabero, no Bierzo.[103]

Triunfos no Campionato de Galicia de Montaña (2014-actualidade)[editar | editar a fonte]

Manuel Senra no seu Peugeot 306 Maxi

En 2014 o Campionato de Galicia de Montaña dividiuse oficialmente en dúas categorías, carrozados e non carrozados, e Senra participou co 306 na de carrozados. Non puido rematar a primeira proba do calendario, a Subida Cidade de Pontevedra, pois atropelou accidentalmente a un comisario de carreira.[104] Na Subida á Estrada quedou primeiro entre os carrozados,[105] mentres que quedou segundo por detrás de Pedro Burgo na Subida Terra de Lemos.[106] Finalmente na última proba, a Subida a Santa María de Oia, quedou segundo da súa categoría, proclamándose campión galego de montaña.[107] Ademais gañou entre os carrozados a Subida a Chantada,[108] foi o vencedor absoluto da Subida a Riego de Ambrós, no Bierzo,[109] e quedou segundo no CAM Rali Festival, unha das varias probas que disputou ese ano en Portugal, onde logrou a vitoria no Rally Sprint 70º Aniversário CD Póvoa en Póvoa de Varzim[110] e quedou segundo no Rali São João de Braga.[111] Competiu tamén en varios certames da primeira edición do Campionato de Galicia de Rallymix, que combina asfalto con terra, cun mellor resultado dun cuarto posto no Rallymix A Gudiña (1º da clase 3), onde participou co Peugeot 309.[112]

Manuel Senra no podio do II Máster de Campións de Galicia, en 2012, xunto ao seu fillo Víctor e Sergio Vallejo.

Comezou o 2015 cun cuarto posto no CAM Rali Festival portugués[113] e co segundo lugar final no Rally de Noia.[114] Na proba inaugural do Campionato de Galicia de Montaña, a Subida a Santa María de Oia, logrou a vitoria por diante de Martín Villar e Jacobo Sobral.[115] Na segunda cita, a Subida á Pontenova finalizou en segundo lugar dos carrozados, só por detrás do Porsche 911 GT3 de Sergio Vallejo,[116] resultado que repetiu na terceira proba, a Subida Cidade de Pontevedra, esta vez por detrás de José Antonio Iglesias.[117][118] Dúas semanas despois competiu na Subida a Chantada, onde quedou terceiro entre os carrozados, por detrás de Vallejo e Iglesias[119][120] mentres que en agosto quedou cuarto na Subida á Bola-Furriolo.[121] En setembro participou no tráxico Rally da Coruña de 2015, onde ocupaba a terceira posición cando a proba foi cancelada despois de que o accidente dun piloto causara a morte de sete espectadores.[122][123] Na Subida á Escusa de Poio, última proba do galego de montaña, Senra conseguiu un terceiro posto co que se volveu proclamar campión do certame.[124][125] Co título xa no peto, participou co seu Peugeot 306 no I Rallye Rías Altas Histórico, do Campionato de España de Rallys para Vehículos Históricos, logrando a vitoria absoluta, con case dous minutos de vantaxe sobre o segundo.[126] En novembro quedou segundo no Rallymix Concello de Barbadás (1º entre os carrozados)[127] e en decembro sétimo nunha nova edición do CAM Rali Festival.[128]

Comezou a tempada 2016 do Campionato de Galicia de Montaña subindo ao podio en terceira posición na Subida a Santa María de Oia.[129][130] Ausentouse da segunda cita na Pontenova, e en xuño participou no berciano Rallysprint Villa de Fabero, quedando en terceiro lugar.[131] Tamén terceiro quedou na Subida Cidade de Pontevedra[132][133] e na Subida a Chantada.[134][135] Non participou nas dúas seguintes probas do campionato, a Subida a Cortegada e a Subida a Ponte Caldelas, mentres que en outubro subiu ao segundo caixón do podio na Subida á Fraga, por detrás de José Antonio Iglesias,[136][137] e venceu na Subida á Escusa-Poio.[138] Con estes resultados rematou o campionato de carrozados en cuarta posición, sendo a vitoria final para José Antonio Iglesias.[139]

En xaneiro de 2017 quedou cuarto no CAM Rali Festival e en febreiro obtivo o oitavo posto no Rally da Coruña, proba gañada polo seu fillo.[140] En maio comezou o Campionato de Galicia de Montaña, con Senra no segundo lugar do podio na primeira proba, a Subida a Santa María de Oia, por detrás do Mitsubishi de Alberto Meira.[141][142] Na segunda cita, a Subida á Pontenova, quedou de novo segundo, esta vez por detrás de Sergio Vallejo,[143] e colocouse líder do campionato.[144] Logrou a vitoria entre os carrozados na Subida a Pontevedra[145][146] e quedou segundo na Subida a Chantada, por detrás do Lamborghini de José Antonio López Fombona.[147][148] Na Subida a Ponte Caldelas quedou a un segundo do gañador, o Porsche 911 de Víctor Magariños,[149][150] ao que, con todo, venceu na seguinte subida, a Subida a Cerdedo-Cotobade, onde logrou a vitoria entre os carrozados.[151][152] Logo ausentouse na Subida á Escusa[153] para participar en Asturias no Gr. A Legend Rally, onde quedou en quinta posición.[154] Xa co título de campión galego de montaña asegurado acudiu á Subida á Estrada, onde logrou unha nova vitoria por diante de Javier Martínez Carracedo.[155][156] Pechou ano coa vitoria no segundo CAM Rali Festival do ano, en Braga.[157]

En febreiro de 2018 participou no Rally da Coruña, mais abandonou no tramo de Cerceda.[158][159] En abril competiu no Rally de Noia, rematando en 16ª posición.[160] A principios de maio deu comezo o campionato de montaña coa Subida a Oia, onde Senra logrou a súa primeira vitoria da tempada,[161][162] seguida dun segundo posto na Subida á Pontenova, por detrás de López Fombona.[163][164] Non asistiu á terceira proba do calendario, a Subida a Cerdedo-Cotobade,[165] pero si á seguinte, en Pontevedra, onde situou o seu Peugeot 306 segundo por detrás do Porsche de Víctor Magariños[166][167] e na Subida a Ponte Caldelas, onde volveu subir ao máis alto do podio.[168] A continuación quedou segundo na Subida á Escusa-Poio[169] e non participou na derradeira subida, na Estrada, quedando subcampión na clasificación final do campionato de carrozados.[170]

Manolo Senra no Rally da Coruña de 2017.

No ano 2019 correu de novo o Rally da Coruña, logrando a oitava posición final.[171] A finais de marzo rompeu o motor do seu 306 na I Subida Concello de Marín,[172] mais isto non impediu que en abril quedase cuarto no Rally de Noia, ás portas dun podio culminado polo seu fillo Víctor.[173][174] Na segunda cita do galego de montaña, obtivo o terceiro posto do podio, por detrás de Alberto Meira e Emilio Vázquez,[175][176] así como o segundo lugar na Subida a Oia, gañada tamén por Meira.[177] En xuño organizou, xunto á súa escudería, Senra Sport, a primeira edición da Subida a Dumbría,[178] que entrou a formar parte do campionato galego de montaña, na que ademais participou como piloto e quedou segundo entre os carrozados.[179][180] A continuación quedou terceiro na Subida á Pontenova,[181] segundo na Subida Cidade de Pontevedra,[182][183] segundo en Ponte Caldelas,[184] primeiro na Subida Xunqueira de Ambía,[185][186] segundo na Subida á Escusa,[187] primeiro na Subida á Estrada[188][189] e segundo na Subida a Taboadela despois de facer un trompo.[190][191] Deste xeito proclamouse por quinta vez campión de Galicia de montaña, con case 800 puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado, Luis Miguel Vidal Pazos.[192]

Vehículos e copilotos[editar | editar a fonte]

O emblemático Peugeot 306 Maxi Kit Car de Manuel Senra.

Aínda que comezou cun Renault 5 GT Turbo comprado entre varios amigos[2][4] competiu case exclusivamente con coches da marca Peugeot, coma o 205, o 309 ou o 206, pero o vehículo que máis éxito e recoñecemento lle outorgou foi o Peugeot 306 Maxi, co que conseguiu máis vitorias e os cinco títulos do Campionato de Galicia de Rallys, así como os do Campionatos de Montaña. De 1996 a 2001 competira con outro Peugeot 306, que logo lle vendeu a Toño Villar e co que despois Bamarti se proclamou dúas veces campión de Galicia de rally.[28] Foi en 2001 cando adquiriu o novo 306 que máis tarde se converteu nun mito dos rallys galegos.[193][194] Trátase dun Peugeot 306 Maxi Kit Car de 1996, con 300 CV de potencia e sete relacións, e cuns 1.025 quilogramos de peso. Todas as melloras do coche son feitas no seu taller en Olveira.[1] Ser dono dun concesionario Peugeot propiciou a preferencia de Senra pola marca francesa. Iniciouse coa Escudería Compostela, pero pouco despois creou a súa propia escudaría, Senra Sport, coa que compite dende entón.

Tivo durante os primeiros anos a José Maceiras de copiloto ata que a mediados dos anos 90 comezou a competir con Faustino Suárez, co que logrou os seus maiores éxitos durante as seguintes décadas. Puntualmente ten competido con algún outro copiloto como David Vázquez ou o portugués António Vieira, co que participou en varios rallys portugueses.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Resultados no Campionato de España de Rallys[editar | editar a fonte]

Ano Equipo Vehículo 1 Posición
1989 Senra Sport Renault 5 GT Turbo OUR
8
?
1992 Senra Sport Peugeot 309 GTI LUG
8
?
1998 Senra Sport Peugeot 306 Maxi COR
8
?
1999 Senra Sport Peugeot 306 Maxi COR
Ret
-
2000 Senra Sport Peugeot 306 Maxi COR
4
?
2001 Senra Sport Peugeot 306 Maxi COR
4
?

Resultados no Campionato de Galicia de Rally[editar | editar a fonte]

Ano Equipo Vehículo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Posición Puntos
1988 Escudería Compostela Renault 5 GT Turbo VIG BOT
3
NOI
2
LAC
5
OUR
8
RBX FER
4
SFR CDC
3
1990 Senra Sport Peugeot 205 GTI VIG NOI
2
LAC
Ret
BOT
Ret
RBX CRI
4
SFR
11
COR
2
FER
2
1991 Senra Sport Peugeot 205 GTI SIL
4
NOI
Ret
LAC
Ret
OUR BOT
2
RBX COR
Ret
VIG
1
SFR
Peugeot 309 GTI 16v RMV
Ret
FER
Ret
1992 Senra Sport Peugeot 309 GTI 16v ALB
1
NOI
Ret
LAC
1
FER
2
RBX COR
Ret
OUR RMV
1
1993 Senra Sport Peugeot 309 GTI ALB NOI
2
LAC
1
FER OUR SFR RBX
Ret
BOT
Ret
COR
Ret
RMV
Ret
1994 Senra Sport Peugeot 309 GTI 16v ALB
Ret
NOI
Ret
FER OUR SFR RMV NAR RBX LAC BOT COR
1995 Senra Sport Peugeot 309 S16 ALB NOI
Ret
LAC OUR BOT
3
NAR RBX SFR COR FER
1996 Senra Sport Peugeot 306 Maxi ALB NOI LAC BOT NAR LAL
Ret
RBX POR FER
Ret
COR
1997 Senra Sport Peugeot 306 Maxi NOI
Ret
BOT
2
LAC
Ret
NAR COC ALB
1
FER
Ret
1998 Senra Sport Peugeot 306 Maxi NOI
Ret
BOT
Ret
COC NAR
Ret
ALB FER
1
LAC
Ret
1999 Senra Sport Peugeot 306 Maxi COC
2
BOT
1
NAR
2
ALB
1
LUG FER
2
NOI
Ret
957
2000 Senra Sport Peugeot 306 Maxi COC
1
NAR
Ret
BOT
1
ALB
EXC
FER
1
LUG
3
NOI
1
2001 Senra Sport Peugeot 306 Maxi COC
1
NOI
3
BOT
1
NAR
1
LAC
1
ALB
1
LUG FER
3
2002 Senra Sport Peugeot 306 Maxi COC
1
NAR
1
ALB
1
FER
1
LUG SMA
2003 Senra Sport Peugeot 306 Maxi COC
1
RDN
1
ALB
1
NAR
Ret
SMA
1
LUG FER
Ret
BOT
3
2004 Senra Sport Peugeot 306 Maxi COC
3
NOI
Ret
SDA ALB
1
NAR
1
OBL
1
BOT
1
1043
2005 Senra Sport Peugeot 306 Maxi COC
1
CON
1
ALB
1
NAR
1
BXL BOT
1
RDN
Ret
LUG 1225
2006 Senra Sport Peugeot 306 Maxi COC
6
RDN
5
ALB
Ret
NAR
1
CON
2
BXL LAC
Ret
LUG BOT
2008 Senra Sport Peugeot 306 Maxi COC RDN
6
ALB NAR CON CDU
2
LUG BXL BOT
2009 Senra Sport Peugeot 306 Maxi CDU COC RDN
Ret
ALB CDN SDC LUG OBL BOT
2
2010 Senra Sport Peugeot 306 Maxi CDU COC RDN
1
CDN SDC LUG OBL BOT
2015 Senra Sport Peugeot 306 Maxi COC RDN
2
CDN SDC COR
3
CDU LUG RIB EUR
2017 Senra Sport Peugeot 306 Maxi COR
8
COC RDN
Ret
CDN SDC RBS LUG
2018 Senra Sport Peugeot 306 Maxi COR
Ret
RDN
16
RBX CDN SDC BOT RBS LUG ULL
2019 Senra Sport Peugeot 306 Maxi COR
8
RDN
4
RBX CDN SDC BOT RBS LUG MAL

Resultados no Campionato de Galicia de Rallys de Terra[editar | editar a fonte]

Ano Equipo Vehículo 1 2 3 4 5 6 7 Posición Puntos
1990 Senra Sport Peugeot 205 GTI LUG VIG CHA CAR VER NAR
1
CAL
1
1991 Senra Sport Peugeot 205 GTI NAR
1
LUG VIG
10
CAR
1
VER
Ret
XAC
Ret
1992 Senra Sport Peugeot 205 GTI NAR
1
VER
Peugeot 309 GTI 16v CAR
Ret
OUR
1993 Senra Sport Peugeot 205 GTI NAR
2
CAR
Ret
LU1
6
LU2
6
1994 Senra Sport Peugeot 205 GTI VIG
6
RD1 PON
2
CA1 CA2 POR
4
423


Predecesor:
Germán Castrillón
 Campión de Galicia de Rallys 
2001-2005
Sucesor:
José M. Martínez Barreiro

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Acelerón hacia el pasado más romántico" (en castelán). 13 de novembro de 2016. Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Auténticas estrellas de la carretera". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de xuño de 2010. Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  3. "Senra busca enemigo" Arquivado 12 de decembro de 2013 en Wayback Machine., artigo en La Voz de Galicia, 17 de marzo de 2004.
  4. 4,0 4,1 Reportaxe sobre Manuel Senra (Youtube). 6 de agosto de 2015. 
  5. "Entrevista a Pepe Maceiras". De Tramo (en castelán). Abril de 2013. 
  6. "El pontevedrés González Camba venció en la «III Subida a Carballo»". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de outubro de 1986. 
  7. Lavandeira, Micaela (4 de agosto de 1987). "Manuel Senra representó a Dumbría en la «IV Subida a Carballo»". La Voz de Galicia (en castelán). p. 20. 
  8. "Germán Castrillón, nuevo líder del Campeonato Gallego, tras el Rally do Botafumeiro, ganado por Marc Etchebers". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de marzo de 1987. p. 42. 
  9. "En dura pugna con Pavón, Mora ganó el Rally do Botafumeiro". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de febreiro de 1986. p. 29. 
  10. "Manuel Senra lidera el Campeonato Gallego de Rallies tras ser el tercero en Santiago". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de marzo de 1988. p. 30. 
  11. "El piloto de Dumbría, Manuel Senra Caamaño, continúa al frente de la clasificación provisional del campeonato de Galicia de Rallies sobre asfalto". La Voz de Galicia (en castelán) (Carballo ed.). 6 de maio de 1988. p. 48. 
  12. "El campeonato gallego, para Arturo Rial y la Copa Renault, para Senra". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 24 de decembro de 1988. p. 50. 
  13. "Rally do Lacón 1993". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  14. "O olveirense, un campión galego con 150 rallies e 44 gañados". La Voz de Galicia. 13 de xaneiro de 2007. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  15. "Resultados do Rallye Narón Indunor de 1999". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  16. "Resultados Rally de Ferrol de 1999". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  17. "Pulso entre Castrillón y Senra". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de setembro de 1999. p. 52. 
  18. "Castrillón se coronó en Noia". La Voz de Galicia (en castelán) (Barbanza ed.). 3 de outubro de 1999. p. 52. 
  19. "Entrevista a Faustino Suárez: «Nunca he sido un copiloto aplicado»" (en castelán). 21 de maio de 2020. Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  20. "Manuel Senra repitió el éxito de la pasada edición". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de maio de 2000. Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 
  21. "Senra, Mata y Calviño reciben el premio de la Federación de Automovilismo". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de xaneiro de 2001. Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 
  22. "Manuel Senra, el más rápido en la subida a Culleredo" (en castelán). 8 de outubro de 2000. Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 
  23. "Resultados 2000 do Campionato de España de Montaña" (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  24. "Resultados do Rali do Cocido de 2001". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  25. Silva, Toni (10 de novembro de 2004). "El juez da a Castrillón el triunfo del Rally de Noia del 2001" (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2020. 
  26. "Castrillón se impone en el Rally de Ferrol". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de novembro de 2011. Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 
  27. "Senra repite en Santiago". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de maio de 2001. Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 
  28. 28,0 28,1 "El Peugeot 306 Maxi de “Bamarti” abandona Galicia" (en castelán). 13 de outubro de 2016. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  29. "¿Conoces la historia del Peugeot 306 Maxi de Senra?" (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  30. "Resultados do Rally de Narón de 2001". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  31. "Resultados do Rally do Lacón de 2001". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  32. "Martínez bordó el Albariño". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de agosto de 2001. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  33. "Manuel Senra ganó el Rally de Narón e iguala las cinco victorias de Castrillón". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xuño de 2002. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  34. "Senra se adjudica por segundo año consecutivo el Rally del Albariño". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de xuño de 2002. Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 
  35. "El Rally fue para Manolo Senra". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de setembro de 2002. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  36. "Castrillón quiere reinar por quinta vez en el San Froilán". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de outubro de 2002. Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 
  37. "Senra se quedó sin rivales en el Rally do Cocido". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de marzo de 2003. Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 
  38. "El favorito, Senra, se impone en Noia". La Voz de Galicia. 26 de abril de 2003. Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 
  39. "Martínez Barreiro y Villar demuestran su poderío en el Ralli do Albariño". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de maio de 2003. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  40. "Una avería mecánica deja a Martínez Barreiro fuera del Rally de San Martiño". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de setembro de 2003. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  41. "Martínez Barreiro da la campanada en Narón y logra el triunfo por delante del local Julio Doce". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de xuño de 2003. Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 
  42. "El Rally de San Froilán ofrece a Barreiro la ocasión de limar la ventaja de Senra". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de outubro de 2003. Consultado o 3 de febreiro de 2020. 
  43. "El dumbriés Manuel Senra busca su tercer el título en el rally Botafumeiro". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de novembro de 2013. Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  44. "Senra revalidó el título de campeón gallego" (en castelán). 15 de novembro de 2003. Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 
  45. "Villar acaba cuarto en Chantada y quiere ganar el título de carrozados de la Montaña". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de xullo de 2003. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  46. "Resultados do Rally de Noia 2004" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 
  47. "Toño Villar se desmarca en Vigo con otra victoria" (en castelán). 2 de maio de 2004. Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 
  48. 48,0 48,1 "Senra, Suárez y su Peugeot 306 Maxi lograron el cuarto título autonómico" (en castelán). 17 de decembro de 2004. Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 
  49. "Senra logró en Santiago su cuarto título gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de novembro de 2004. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  50. "Campionato Galego 2004". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 
  51. "Cristóbal Serantes se adjudicó la primera plaza de la Subida a Chantada". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de xullo de 2004. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  52. "Manuel Senra ganador de X Rali do Cocido" (en castelán). Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 
  53. "Resultados Sur do Condado 2005". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 
  54. "Resultados Albariño 2005". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 
  55. "Bamarti decide non reclamar a retirada da súa victoria no Rali do Albariño". La Voz de Galicia. 23 de maio de 2005. Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 
  56. "Bamarti le compra a Toño Villar su Peugeot 306 K.C. para derrocar a Senra". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de xuño de 2005. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  57. "Un participante del Rally de Narón muere al arder su coche". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xuño de 2005. Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 
  58. "Muere calcinado un piloto en el Rally de Narón" (en castelán). 12 de xuño de 2005. Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 
  59. "Ourense acolle unha nova proba da competición galega de rallies". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de xullo de 2005. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  60. "Bamarti termina segundo en el rally do Botafumeiro y asienta el segundo puesto en el campeonato". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de setembro de 2005. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  61. "Media vida sobre el asfalto y un lustro sin rivales". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de setembro de 2005. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  62. "Abraham se impone en la subida de Chantada". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de xullo de 2005. Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  63. "Bamarti aprovecha un día aciago de Senra y lidera el Gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de abril de 2006. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  64. "Bamarti refuerza su liderato con el segundo puesto en Noia, y Carracedo gana el Grupo X". La Voz de Galicia. 22 de abril de 2006. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  65. "José Manuel Martínez «Bamarti» consigue una ajustada victoria en un emocionante rally do Albariño". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de maio de 2006. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  66. "Senra gana el Rallye de Narón" (en castelán). 11 de xuño de 2006. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  67. "Galicia. Bamarti gana el Sur do Condado." (en castelán). 15 de xullo de 2006. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  68. "José Bamarti: “Cogí el 127 de mi padre la primera vez con sólo seis años”". El Correo Gallego (en castelán). 1 de decembro de 2006. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  69. Penedo, Pablo (30 de setembro de 2006). "Bamarti gana el Campeonato Gallego de Rallies a falta de tres carreras". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  70. "Manuel Senra ganador y Chelís Gómez segundo en la `I Subida a Amoeiro´". 28 de agosto de 2006. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  71. Penedo, Pablo (2 de novembro de 2006). "A Escudería Lalín-Deza finaliza no podio do Galego de Montaña". La Voz de Galicia. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  72. "Premios e Trofeos 2007" (PDF). FGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de setembro de 2011. Consultado o 24 de xaneiro de 2020. 
  73. "Pedro Burgo se impuso con autoridad en la prueba noiesa" (en castelán). 20 de abril de 2008. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  74. "Subida a Chantada 2008". Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  75. "José Gómez superó a Benito Varela por milésimas en la Subida á Escusa". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de setembro de 2008. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  76. "Varela ganó en Cerdedo con poco más de un segundo de margen". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de setembro de 2009. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  77. "Manuel Senra y Amador Vidal brillan en la subida al Iroite". La Voz de Galicia. 29 de outubro de 2008. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  78. "Ricardo Silva gana en Cabanelas". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de novembro de 2008. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  79. "Ricardo Silva abre el palmarés de la I Subida a Cabanelas". La Región (en castelán). 25 de novembro de 2008. Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  80. "Clasificacións 2008" (PDF). FGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 7 de setembro de 2011. Consultado o 24 de xaneiro de 2020. 
  81. "Pedro Burgo logra la primera victoria de la temporada en el Rali de Noia". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de abril de 2009. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  82. "Penido arranca con fuerza el campeonato de montaña". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de abril de 2009. Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  83. "La Subida a Pereiro, con susto incluido". La Región (en castelán). 10 de agosto de 2009. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  84. "Benito Varela gana la subida Cidade de Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de agosto de 2009. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  85. "Serantes impone su ley en A Bola". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de outubro de 2009. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  86. "Una avería electrónica impidió un mejor fin de semana para el piloto santiagués Luis Penido". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de outubro de 2009. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  87. "La electrónica deja a Penido sin premio en Noia ante Senra". El Correo Gallego (en castelán). 26 de outubro de 2009. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  88. "Luis Penido, vencedor del Grupo A en la XIII Subida a Almofrei" (en castelán). Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  89. "Pombo se impone a Penido en la Subida a Cabanelas". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de novembro de 2009. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  90. "El santiagués Penido se tiene que conformar con ser segundo". El Correo Gallego (en castelán). 23 de novembro de 2009. Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  91. "Resultados Botafumeiro 2009". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  92. "Exhibición de Manuel Senra en el rali de Noia ante 30.000 aficionados". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de abril de 2010. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  93. "Segundo puesto para Alberto Meira en la Subida Cidade de Vigo" (en castelán). 13 de setembro de 2010. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  94. "Manuel Senra se adjudica la subida a Pontevedra y Magariños acaba tercero". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de agosto de 2010. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  95. "Un espectacular Iglesias consigue vencer en carrozados en la Subida a Escusa." (en castelán). 28 de setembro de 2010. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  96. "Jose A. Iglesias, 2º en Silleda nuevo Campeón Gallego de Montaña en carrozados" (en castelán). 9 de novembro de 2020. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  97. "José Antonio Iglesias se proclamó campeón de carrozados en Silleda, donde se impuso Víctor Senra". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de setembro de 2011. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  98. "Toño Varela vence en la Subida de A Bola". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de xullo de 2012. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  99. "El pontevedrés Sergio Varela gana la Subida A Estrada". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de xuño de 2013. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  100. "Resultados CAM Rali Festival de 2011". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  101. "Resultados CAM Rali Festival de 2012". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o Resultados CAM Rali Festival de 2011. 
  102. "Manuel Senra se impuso en el IV CAM Rali Festival 2013" (en castelán). 14 de xaneiro de 2013. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  103. "Triunfo de Senra y Vázquez en el Villa de Fabero" (en castelán). 29 de maio de 2013. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  104. "Atropellado un comisario en la Subida Cidade de Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de maio de 2014. Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  105. García, Montse (23 de xuño de 2014). "Sobral domina de principio a fin la Subida A Estrada". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  106. "Varela, por medio segundo" (en castelán). 4 de agosto de 2014. Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  107. "Manuel Senra se corona en Oia". Faro de Vigo (en castelán). 27 de outubro de 2014. Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  108. "Fombona y su Audi dominan la Subida a Chantada" (en castelán). 21 de xullo de 2014. Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  109. "Senra no tuvo rival en Riego" (en castelán). 8 de xuño de 2014. Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  110. "Resultados de Póvoa de Varzim 2014". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  111. "Resultados São João de Braga 2014". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  112. "Víctor Senra, segundo no I Ralimix A Gudiña". 5 de maio de 2014. Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  113. "8º CAM Rally Festival. Una prueba diferente." (en castelán). 2 de febreiro de 2015. Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  114. Couselo, Francisco (20 de abril de 2015). "Álex Pais cumpre cos pronósticos e faise co XXXI Rali de Noia". Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  115. "Senra gana en Oia la prueba inicial del Gallego de montaña". Faro de Vigo (en castelán). 30 de abril de 2015. Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  116. "Jacobo Sobral vence en A Pontenova y Vallejo hace lo propio en carrozados" (en castelán). 17 de maio de 2015. Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  117. "Alexis Viéitez y José Antonio Iglesias se proclaman como grandes vencedores". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de xullo de 2015. Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  118. "Alexis Viéitez y José Antonio Iglesias, triunfadores de una emocionante Subida Cidade de Pontevedra". Pontevedra Viva (en castelán). 5 de xullo de 2015. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  119. García Suárez, Javier (20 de xullo de 2015). "Fombona, a años luz en la Subida a Chantada". La Región (en castelán). Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  120. "Clasificación final Subida a Chantada 2015" (PDF). TemposFGA. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  121. "Javi Villa vence en la Subida a Bola Furriolo" (en castelán). 24 de agosto de 2015. Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  122. "Resultados Rally da Coruña de 2015". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  123. "Trágico accidente en el rali de A Coruña: La muerte de una niña eleva la cifra de fallecidos a 7". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de setembro de 2015. Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  124. "Alexis Vieitez gana, pero Sobral es campeón en la Escusa - Poio" (en castelán). 21 de setembro de 2015. Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  125. "Clasificación final Subida á Escusa 2015" (PDF). TemposFGA. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  126. "Resultados Rally Rías Altas de 2015". www.ewrc-results.com (en castelán). Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  127. "'Veni, vidi, vici' para Manuel Senra y Faustino Suárez con el Ford Fiesta R5" (en castelán). 22 de novembro de 2015. Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  128. "Resultados CAM Rali Festival decembro de 2015". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  129. "Resultados Santa María de Oia 2016" (PDF). TemposFGA. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  130. "Viéitez, primer líder de montaña". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de maio de 2016. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  131. "Villanueva gana en Fabero mandando de principio a fin" (en castelán). 12 de xuño de 2016. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  132. "Viéitez e Iglesias vencen en la Subida a Pontevedra" (en castelán). 25 de xuño de 2016. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  133. "Clasificación final Subida Cidade de Pontevedra 2016" (PDF). TemposFGA. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  134. "Clasificación da 43ª Subida a Chantada (2016)" (PDF). TemposFGA. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  135. "Andrés Vilariño vence de forma incontestable en Chantada" (en castelán). 17 de xulllo de 2016. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  136. "Sobral vence en la Subida a Fraga y Alexis Vieitez se proclama Campeón" (en castelán). 3 de outubro de 2016. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  137. "Resultados Subida á Fraga 2016" (PDF). TemposFGA. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  138. "Jesús Pombo, el más rápido en la subida A Escusa Poio". La Región (en castelán). 31 de outubro de 2016. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  139. "Clasificacións finais 2016" (PDF). FGA. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  140. "Resultados Rally Coruña 2017". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  141. "Alexis Viéitez, el más rápido en la Subida a Oia" (en castelán). 8 de maio de 2017. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  142. "Clasificación final Subida a Oia 2017" (PDF). TemposFGA. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  143. "Clasificación Subida á Pontenova 2017" (PDF). TemposFGA. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  144. "ANDRÉS VILARIÑO GANA LA SUBIDA A PONTENOVA, Y EL CAMPEONATO SE PONE AL ROJO VIVO" (en castelán). Xuño de 2017. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  145. Espiño, Diego; Torrado, Diego (25 de xuño de 2017). "Alexis Viéitez confirma su dominio y se adjudica su tercera Subida Cidade de Pontevedra consecutiva". Pontevedra Viva (en castelán). Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  146. "Resultados Subida a Pontevedra 2017" (PDF). TemposFGA. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  147. Lorenzo, Marco (19 de xullo de 2017). "Andrés Vilariño vence en Chantada y obtiene un nuevo record" (en castelán). Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  148. "Clasificación Subida a Chantada 2017" (PDF). TemposFGA. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  149. "Alexis Viéitez repite triunfo na Subida a Ponte Caldelas". Pontevedra Viva. 14 de agosto de 2017. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  150. "Clasificación Subida a Ponte Caldelas 2017" (PDF). TemposFGA. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  151. "Dominio absoluto de Alexis Viéitez en la I Subida Cerdedo-Cotobade". Pontevedra Viva. 27 de agosto de 2017. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  152. "Clasificación da Subida a Cerdedo-Cotobade 2017" (PDF). TemposFGA. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  153. "Subida a Escusa 2017-Itinerario". 15 de setembro de 2017. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  154. "Jesús Fernández “Tano” se adjudica el V Gr.A Rallye Legend" (en castelán). 18 de setembro de 2017. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  155. "Clasificación Subida á Estrada 2017" (PDF). TemposFGA. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  156. "Alexis Viéitez se proclama campeón gallego de Montaña en A Estrada". Faro de Vigo (en castelán). 8 de outubro de 2017. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  157. "Resultados CAM Rali Festival de decembro de 2017" (en inglés). Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  158. "Os Senra dan un gran espectáculo no Rally da Coruña". 27 de febreiro de 2018. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  159. "Tempos de Senra no Rally da Coruña 2018". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  160. "Resultados Noia 2018". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  161. "Clasificación Subida a Oia 2018" (PDF). TemposFGA. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  162. "Andres Vilariño vence y domina en el inicio del Gallego de Montaña en Oia". 7 de maio de 2018. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  163. "Andrés Vilariño vence en la Subida a Pontenova" (en castelán). 3 de xuño de 2018. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  164. "Resultados Subida á Pontenova 2018" (PDF). TemposFGA. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  165. "Trazado, horarios e inscritos Subida Cerdedo - Cotobade 2018" (en castelán). 21 de xuño de 2018. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  166. "Clasificación Subida a Pontevedra 2018" (PDF). TemposFGA. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  167. "Viéitez se corona de nuevo en la Subida Cidade de Pontevedra" (en castelán). 16 de xullo de 2018. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  168. "Subida a Ponte Caldelas 2018" (PDF). TemposFGA. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  169. "Clasificación Subida á Escusa-Poio" (PDF). TemposFGA. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  170. "Campións 2018" (PDF). FGA. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  171. "Clasificación Rally Coruña 2019" (PDF). TemposFGA. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  172. "La rotura del motor podría dejar a Manuel Senra sin Rallye de Noia" (en castelán). 2 de abril de 2019. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  173. "Resultados Rally de Noia 2019" (PDF). TemposFGA. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  174. "Víctor Senra y Moncho López logran la victoria en el XXXV Rali de Noia 2019" (en castelán). 6 de abril de 2019. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  175. "Rey, el más rápido en A Saleta". La Región (en castelán). 14 de abril de 2019. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  176. "Clasificación Subida á Saleta 2019" (PDF). TemposFGA. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  177. "Alberto Meira vence na XII Subida a Oia". 8 de maio de 2019. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  178. "Senra Sport ultima los detalles de la primera Subida a Dumbría". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de xuño de 2019. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  179. "Leyendas local y asturiana en la subida de Dumbría". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xuño de 2019. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  180. "Clasificación I Subida a Dumbría (2019)" (PDF). TemposFGA. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  181. "Clasificación Subida á Pontenova 2019" (PDF). Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  182. Fernández Calviño, Nerea (22 de xullo de 2019). "Alexis Viéitez volvió a coronarse campeón de la Subida a Pontevedra" (en castelán). Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  183. "Clasificación Subida Pontevedra 2019" (PDF). TemposFGA. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  184. "Clasificación Subida a Ponte Caldelas" (PDF). TemposFGA. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  185. "Alexis Viéitez imponse en Xunqueira de Ambía". 25 de agosto de 2019. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  186. "Clasificación Subida Xunqueira de Ambía 2019" (PDF). TemposFGA. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  187. "Clasificación Subida á Escusa" (PDF). TemposFGA. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  188. "Clasificación Subida á Estrada" (PDF). TemposFGA. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  189. "Alexis Viéitez reina en la Subida á Estrada". Faro de Vigo (en castelán). 6 de outubro de 2019. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  190. "Pablo Rey fue dominante en la Subida a Taboadela". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de novembro de 2019. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  191. "Clasificación Subida a Taboadela 2019" (PDF). TemposFGA. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  192. "Clasificacións 2019" (PDF). FGA. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  193. "Víctor Senra: «Ó rali de A Coruña hai que ir a pasalo ben»". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de marzo de 2019. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  194. "Cinco millones de euros en coches en el rali de A Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de marzo de 2019. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]