Rally de Ferrol de 1991
Rally de Ferrol de 1991 | |
---|---|
Categoría | ![]() |
Organizador | Escudería Ferrol |
Ámbito | Rexional |
Superficie | Asfalto |
Tramos | 12 |
Gañadores | |
Piloto campión | ![]() |
Participantes | |
Equipos | 38 |
Anterior | Rally de Ferrol de 1990 |
Seguinte | Rally de Ferrol de 1992 |
O Rally de Ferrol de 1991 foi a 22ª edición de dito rally e a cuarta proba da tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse entre o 30 de novembro e o 1 de decembro de 1991 e os vencedores foron Germán Castrillón e a súa copiloto Estrella Castrillón. Foi o terceiro dos dez triunfos que lograron na proba ferrolá.[1]
Resumo[editar | editar a fonte]
Neste rally reaparecía Estrella Castrillón como copiloto de Germán Castrillón, despois de varios meses sen competir tras o grave accidente sufrido no 28º Rally Rías Baixas. O camiño cara a vitoria do equipo dos Castrillón achandouse coa non participación de Marc Etchebers, que tivo un accidente adestrando, e o prematuro abandono de Manuel Senra, con problemas na culata do seu Peugeot 309 GTi 16v. Deste xeito lograron comodamente a vitoria, manténdose líderes tanto o sábado como o domingo.[1]
Por detrás deles o rally estivo máis competido, coa loita do sábado entre o Peugeot 309 GTi 16v de Miguel Dopico e o Renault Clio 16v de Javier Piñeiro, ata que ambos se saíron da estrada. A primeira etapa rematou con Sergio Vallejo (Peugeot 205 GTI) segundo e Juan Carlos Táboas (Citroën AX Sport) terceiro. Con todo, na etapa do domingo, xa no primeiro paso por Doroña Táboas adiantou a Vallejo e tras repartírense catros dos cinco scratchs restantes, chegou segundo á meta. En cuarta posición chegou Javier Paz, que con problemas no cambio do seu Citroën AX Sport estivo a piques de verse superado no final por Lino Otero (Renault 5 GT Turbo).[1]
Clasificación[editar | editar a fonte]
Pos | Piloto | Copiloto | Automóbil | Tempo |
---|---|---|---|---|
1 | ![]() |
![]() |
Ford Sierra Cosworth | 1.02.54 |
2 | ![]() |
![]() |
Citroën AX Sport | 1.04.52 |
3 | ![]() |
![]() |
Peugeot 205 GTI | 1.04.53 |
4 | ![]() |
![]() |
Citroën AX Sport | 1.07.11 |
5 | ![]() |
Chao | Citroën AX Sport | 1.07.12 |
6 | ![]() |
![]() |
Renault 5 GT Turbo | 1.08.01 |
7 | ![]() |
![]() |
Citroën AX Sport | 1.08.31 |
8 | ![]() |
![]() |
Renault Clio 16v | 1.08.48 |
9 | ![]() |
![]() |
Citroën AX GT | 1.08.56 |
10 | Alonso | Vázquez | Citroën AX | 1.10.20 |
11 | ![]() |
Renault 5 GT Turbo | ||
12 | ![]() |
Ford Sierra XR2 | ||
Abandonos | ||||
- | ![]() |
![]() |
Peugeot 309 GTI 16v | - |
- | ![]() |
Renault Clio 16v | - | |
- | ![]() |
- |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Arévalo, Fernando (2 de decembro de 1991). "Los Castrillón, inalcanzables en "su" rally". La Voz de Galicia (en castelán). p. 42.
Predecesor: Rally Mil Vistas |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 1991 |
Sucesor: ' |