Rally de Ferrol de 1995

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rally de Ferrol de 1995
CategoríaGalicia Galicia
OrganizadorEscudería Ferrol
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Gañadores
Piloto campiónGalicia Germán Castrillón
Participantes
Pilotos50
AnteriorRally de Ferrol de 1994
SeguinteRally de Ferrol de 1996

O Rally de Ferrol de 1995 foi a 26ª edición de dito rally e a última proba da tempada 1995 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 2 de decembro de 1995 e o vencedor foi o piloto local Germán Castrillón.[1]

Resumo[editar | editar a fonte]

Germán Castrillón chegou a este rally xa sen opcións para o campionato galego, que gañara matematicamente Miguel Dopico na anterior proba.[2] Gañou con facilidade tras conseguir o mellor tempo en 8 dos 10 treitos, empatar un e ceder outro a favor de Arturo Rial. Miguel Dopico non arriscou e chegou na segunda posición. Dos 50 vehículos que tomaron a saída, 34 conseguiron chegar á meta.[1]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Copiloto Vehículo Tempo
1 Galicia Germán Castrillón Galicia Estrella Castrillón Ford Escort RS Cosworth 44:23
2 Galicia Miguel Dopico Galicia Álvaro Louro Ford Escort RS Cosworth 45:45
3 Galicia Arturo Rial Galicia Juan Carlos Arias Citroën ZX 16V 46:03
4 Galicia José Manuel López Castrillón Galicia Pedro Amado Ford Escort RS Cosworth 47:02
5 Galicia Manuel García Lorenzo Galicia José Manuel Pinal Renault Clio Williams 49:20
6 Galicia Vicente Posada Galicia Sergio Freire Citroën AX GTI 50:07
7 Galicia Pedro Castañón Galicia Miguel Ángel Vilas Citroën AX 50:14
8 Galicia José Javier Naveira Galicia Juan Carlos Grandal Opel Kadett 50:51
9 Galicia Manuel Dopico Galicia Carlos Dopico Peugeot 51:00
10 Galicia Julio Doce Galicia Gloria de la Fuente Peugeot 51:06
Abandonos
- Galicia Sergio Vallejo Galicia Diego Vallejo Peugeot 106 Rallye

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Germán Castrillón, con el gallego ya decidido, sin rival en el Rally de Ferrol". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de decembro de 1995. p. 56. 
  2. Arévalo, F. (19 de novembro de 1995). "Martínez Conde se quedó sin rivales". La Voz de Galicia (en castelán). p. 60. 


Predecesor:
Rally da Coruña
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1995
Sucesor:
-