Víctor Senra
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xullo de 1984 (40 anos) Dumbría, España |
Actividade | |
Ocupación | piloto de rally |
Deporte | rally |
Familia | |
Pai | Manuel Senra |
Víctor Manuel Senra Carreira, máis coñecido como Victor Senra, nado o 23 de xullo de 1984 en Dumbría, é un piloto de rally galego. É o piloto máis laureado da historia do Campionato de Galicia de Rally, do que foi campión sete veces, as sete de xeito consecutivo (en 2017, 2018, 2019, 2020, 2021, 2022 e 2023). É tamén o piloto con máis rallys gañados no certame galego, con 40 vitorias.
Ten competido tamén no Campionato de España de Rallys e foi campión da Copa de España de Rallys de Asfalto en 2022. É fillo do cinco veces campión galego de rallys Manuel Senra.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]Fillo do piloto Manuel Senra, comezou competindo en karting no ano 1996, logrando o subcampionato galego no ano 1998 na categoría júnior.[1] Ese mesmo ano debutou en autocross cun Peugeot 106. En 1999 foi de novo subcampión galego júnior e no ano 2001 proclamouse campión galego de karting na categoría Inter-A. Ademais quedou segundo en Lousada nas 6 Horas de Rallycross de Lousada. Tempo despois, no ano 2003, participou no Campionato Nacional de Velocidade de Portugal e debutou no Campionato de Galicia de Montaña, na Subida a Chantada. Tamén ese ano debutou no Campionato de Galicia de Rallys, dominado por seu pai que nese momento era bicampión, participando no Rally Botafumeiro.[1] Nese momento abandonou definitivamente o mundo do karting. No 2004 competiu co 106 en varios rallys do campionato galego logrando como mellores resultados dous cuartos postos no Rally de Noia e no Botafumeiro. Foi ademais segundo no Rali Vila Verde en Portugal.
En 2005 debutou no Campionato de España de Rallys en La Vila Joiosa a bordo dun Peugeot 206 XS. Participou ese ano en sete das nove probas do campionato, logrando completalas todas excepto a de Cantabria, onde sufriu un accidente. O seu mellor posto foi un vixésimo primeiro no Rally de Ourense. Rematou a tempada como subcampión júnior, por detrás de Dani Sordo.[2] Participou ademais no campionato galego en Noia quedando sexto e debutou no Campionato de España de Rally de Terra co 106 nas dúas citas de Ourense, rematando 15º e 13º.[3]
Volante RACC
[editar | editar a fonte]Na seguinte tempada alternou o campionato de España co galego. Disputou cun Citroën C2 GT o Rally de La Vila Joiosa, onde abandonou, igual que na cita ourensá do nacional de terra, pero si rematou as dúas seguintes probas do campionato galego nas que participou: o Rally do Albariño, onde chegou sétimo e o Rally Cidade de Narón, que finalizou en undécima posición. Os problemas mecánicos impedíronlle rematar o Rally de Ourense, quinta proba do nacional de asfalto. Si rematou as seguintes tres citas do nacional, sendo un décimo terceiro posto no Rally de Ferrol o seu mellor resultado.[1] Mentres, no campionato galego foi sétimo no Rally do Lacón no Carballiño e oitavo no Botafumeiro, resultados cos que se proclamou campión da primeira edición do Volante RACC Galicia.[4] Ese triunfo abriulle as portas do programa de promoción de pilotos do RACC, que lle proporcionou o volante dun Mitsubishi Lancer Evo IX, co que disputou o calendario case completo do nacional de 2007.
A pesar de tres abandonos, dous por avaría e un por accidente en Asturias, acabou o resto de probas e logrou o seu primeiro podio no nacional cun segundo posto no Rally de Ferrol, por detrás de Diego Vallejo. Acabou sexto na clasificación final do campionato, logrando o subcampionato da Mitsubishi Evo Cup e o quinto posto do grupo N. Mentres, na tempada do Campionato de Galicia participou cun Mitsubishi Evo VIII no Rally de Noia, onde logrou o seu primeiro podio na competición, ao finalizar segundo por detrás de Pedro Burgo, e no Rally Botafumeiro, conseguindo a súa primeira vitoria nun rally, ao gañar por diante do propio Burgo e de Luis Vilariño.[1][5] En 2008 competiu no Campionato de España co Peugeot 206, sendo o seu mellor resultado un 11º posto en La Vila Joiosa.
Producción Rallye Racing
[editar | editar a fonte]No ano 2009 participou cun Mitsubishi Lancer Evo X na Copa PRR (Producción Rally Racing), unha copa que alternaba probas do campionato de España de asfalto co de terra. Finalizou dito campionato en segunda posición,[6] con vitorias en Shalymar, Cataluña, Príncipe de Asturias, Cantabria, segundo posición en Cabanas e Guijuelo e terceira en Lanzarote. Na clasificación final absoluta do Campionato de España de Rallys de Terra rematou oitavo cos dous cuartos postos en Cabanas como mellores resultados, mentres que no nacional de asfalto o seu mellor resultado foi o 6º posto en Cantabria. Ese mesmo ano debutou nunha proba do Campionato do Mundo, no Rally de Catalunya onde finalizou 21º, a 27 minutos do vencedor, o francés Sébastien Loeb.[7][8]
No 2010 comezou o ano participando no Rally Torrié de Portugal cun Peugeot 206 S1600 onde finalizou quinto.[9][10] No campionato de España conseguiu catro podios, con dous segundo postos no Rally de Cantabria e no Rally Príncipe de Asturias, neste último cun Ford Fiesta S2000, e dous terceiros no Rally de Ferrol e no Rally Comunidad de Madrid. Finalizou o campionato en sétima posición. Participou por segunda vez no Rally de Cataluña, do campionato do mundo, esta vez cun Ford Fiesta R2, mais non conseguiu rematar a proba. A finais de tempada debutou co Peugeot 306 Maxi co que seu pai Manuel se proclamou cinco veces campión de Galicia, disputando o Rally Botafumeiro e logrando a vitoria.[11] Gañou tamén na Subida a Silleda, última proba do Campionato Galego de Montaña.[12]
En 2011 participou co 306 no campionato de España quedando cuarto na primeira proba, en La Vila Joiosa, e subindo ao podio en Cantabria (3º) e Ourense (2º). Ademais volveu disputar o Botafumeiro, gañándoo por terceira vez.[13] Ao ano seguinte comezou gañando o Rally de Guriezo, do campionato cántabro. Competiu co Evo X no nacional e a pesar de varios abandonos, logrou subir ao podio no Rally Rías Baixas e no Rally de Ourense, ambos en terceiro lugar. Disputou tamén dous rallys do campionato galego: o Rally de Noia, onde sufriu un abandono, e o Botafumeiro, logrando a súa cuarta vitoria na proba, a terceira consecutiva, sacándolle máis dun minuto ao Porsche 911 do segundo clasificado, Luis Vilariño.[14] Ademais participou de novo no Rally Cataluña, tendo que abandonar por avaría mecánica,[15] e no II Máster de Campións, celebrado en Santiago, logrando a vitoria por diante de seu pai e de Sergio Vallejo.
Yacar Racing
[editar | editar a fonte]En 2013 competiu no nacional co equipo Yacar Racing e de novo sobre o Evo X, cunha importante mellora de resultados. Rematou todas as carreiras que disputou agás a de Ferrol e logrou a súa primeira vitoria nun rally do nacional, no Rally Villa de Llanes, con Diego Vallejo como copiloto.[16] Acudiu ao Rally de Sierra Morena cun Porsche 997 GT3 RS 3.6 pero tivo que abandonar por unha avaría no embrague.[17] Rematou o campionato en sétima posición. Ademais quedou segundo no Rally de Noia por detrás de Sergio Vallejo[18] e quedou terceiro no III Máster de Campións, por detrás de Iván Ares e Sergio Vallejo.[19]
Na tempada 2014 do Campionato de Galicia de Rally participou no Rally de Noia cun Citroën C2, no que quedou cuarto, gañou de novo o Rally Botafumeiro (no seu regreso ao calendario tras ser anulado o ano anterior) cun Evo X[20] e abandonou no Rally Comarca da Ulloa. Do nacional correu só no Rally de Ferrol, onde tivo que abandonar por avaría mecánica. Competiu cun Citroën DS3 Proto no CAM Rali Festival de Portugal, con Paula Ramos como copiloto, e no RallyMix de Cerceda, tendo que abandonar en ambas probas. Ademais gañou o RallyMix A Gudiña e quedou décimo no 1º Rally Concello de Curtis, do nacional de terra.[21] En 2015 centrouse no nacional de asfalto cun Peugeot 208 R2 preparado por Yacar, rematando entre os 10 primeiros en varias probas, sendo dous oitavos postos nas Rías Baixas e Ourense os seus mellores resultados. Ao ano seguinte as súas participacións foron esporádicas. Cun Ford Fiesta R2 correu o CAM Rali Festival e o RallyMix de Touro, co Ford Fiesta R5 o Rally de Noia e o Rally de Ferrol, onde logrou a súa segunda vitoria absoluta no campionato de España,[22] e co Polaris RZR 1000 o RallyMix Concello de Barbadás.
Dominio no Campionato de Galicia
[editar | editar a fonte]No ano 2017 centrou os seus esforzos no campionato galego e conseguiu a vitoria nas primeiras catro probas (Coruña, Cocido,[23] Noia e Cidade de Narón).[24] Ausentouse da quinta proba, o Rally Sur do Condado, para poder participar no Rally de Ferrol,[25] do nacional, disputado na mesma data, e no que participou co Citroën DS3 R5 de Sergio Vallejo,[26] quedando segundo por detrás de Iván Ares.[27][28] No quinto evento do campionato galego, o Rally Ourense-Ribeira Sacra, picou unha roda e sufriu unha saída de pista, co que só puido ser quinto, mentres a vitoria foi para o xaponés Hiroki Arai seguido polos máximos rivais de Senra para o título, Iago Caamaño e Alberto Meira.[29][30] No Rally San Froilán, penúltima proba, a vitoria foi para Adrián Díaz con Meira segundo e Senra terceiro,[31] mentres que a última, o Rally Comarca da Ulloa, foi cancelado, polo que Víctor Senra proclamouse campión galego xunto ao seu copiloto habitual David Vázquez Liste, con 52 puntos de vantaxe sobre Alberto Meira, segundo.[32]
A tempada 2018 comezou cun segundo posto no Rally da Coruña, por detrás de Iván Ares[33] e outro segundo en Noia, con vitoria para Iago Caamaño.[34] Rompeu o motor do seu Ford Fiesta R5 nun accidentado Rally Rías Baixas, no que os seus principais rivais tamén sufriron numerosos problemas.[35] Gañou a seguinte cita, en Narón, con só 1,7 segundos de vantaxe sobre o segundo, Iago Caamaño,[36] mentres que no Sur do Condado foi segundo por detrás de Alberto Meira, despois de picar unha roda.[37] A continuación gañou por sexta vez o Botafumeiro, que levaba catro anos sen celebrarse,[38] e logrou a vitoria tamén nos dous seguintes rallys (Ourense-Ribeira Sacra[39] e San Froilán),[40] proclamándose por segunda vez campión de Galicia, con 327 puntos de vantaxe sobre o subcampión, de novo Alberto Meira. Ademais do campionato galego, participou co Peugeot 208 R2 no Rally de Ferrol, do nacional, firmando unha sétima praza.[41]
Comezou a tempada 2019 de novo no Rally da Coruña, esta vez a bordo dun Citroën C3 R5 e con Ramón López de copiloto, substituíndo a David Vázquez que se accidentara pouco antes. Mantivo un intenso duelo con Iván Ares, que se decantou finalmente a favor deste, despois de que Senra picase unha roda no cuarto tramo, en Aranga. O resultado final foi o mesmo podio que o ano anterior, con Ares primeiro, Senra segundo e Iago Caamaño terceiro.[42] Despois logrou a vitoria nun chuvioso Rally de Noia, no que Meira e Caamaño abandonaron,[43] e repetiu vitoria nas Rías Baixas.[44] Logo quedou terceiro no Cidade de Narón[45] e gañou os tres seguintes rallys: Sur do Condado,[46] Botafumeiro (por sétima vez)[47] e Ourense-Ribeira Sacra, proclamándose deste xeito tricampión de Galicia de rally, a falta de dúas probas.[48][49]
Para a tempada 2020 adquiriu un Škoda Fabia R5,[50] que estreou na primeira cita do campionato, o 24º Rally da Coruña. Comezou liderando con claridade na sesión matinal ao marcar o mellor tempo na primeira pasada aos tres treitos, con 13 segundos de vantaxe sobre Iago Caamaño.[51][52] Con todo, Caamaño comezou a remontar nos seguintes dous treitos e colocouse líder no sexto treito, no que os problemas coa panca de cambios de Senra lle fixeron perder máis de 23 segundos fronte ao de Culleredo, que se colocou líder destacado, con máis de 19 segundos de vantaxe sobre Senra.[53] Cando todo parecía sentenciado Senra solucionou os seus problemas mecánicos e volveu facer os mellores tempos, colocándose a 12 segundos a falta do último tramo.[54] Finalmente conseguiu recortar a diferenza e nun final moi axustado gañar o rally por 159 milésimas sobre Iago Caamaño.[55]
Tras a proba inicial na Coruña a pandemia por coronavirus paralizou todas as competicións e provocou a cancelación da maioría de rallys do Campionato de Galicia.[56][57][58] En xullo comezou o Campionato de España e Senra participou na segunda proba, o 51º Rally de Ferrol, rematando en cuarta posición, a 1:25 do vencedor, Pepe López.[59] En outubro volveu o campionato galego co Rally San Froilán, e con el unha nova vitoria de Senra, que se afianzou no liderado.[60] Na terceira e derradeira proba, o 2ª Rally Mariña Lucense, acabou segundo por detrás do ruso Nikolay Gryazin, gañando o seu cuarto título galego consecutivo.[61]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Resultados no Campionato de Galicia
[editar | editar a fonte]Resultados no Campionato de España
[editar | editar a fonte]Resultados Campionato do Mundo
[editar | editar a fonte]Ano | Equipo | Vehículo | 1 | Posición | Puntos |
---|---|---|---|---|---|
2009 | RMC Motorsport | Mitsubishi Lancer Evo X | CAT 21 |
- | 0 |
2010 | RMC Motorsport | Ford Fiesta R2 | CAT Ret |
- | 0 |
2012 | RMC Motorsport | Ford Fiesta R2 | CAT Ret |
- | 0 |
Predecesor: Alberto Meira |
Campión de Galicia de Rallys 2017-2019 |
Sucesor: - |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Biografia.revistascratch.com". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2011. Consultado o 15 de decembro de 2011.
- ↑ "Víctor Senra" (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Víctor Senra en ewrc-results.com" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Víctor Senra debuta en el Rallye Vila Joiosa como pitolo del RACC Motor Sport" (en castelán). 20 de marzo de 2007. Consultado o 2 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Victor Senra gana el Rali Botafumeiro" (en castelán). 2007. Consultado o 2 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Víctor Senra, subcampeón del trofeo nacional Producción Rallye Racing". GZ Rally (en castelán). 30 de novembro de 2009. Consultado o 8 de abril de 2020.
- ↑ "Víctor Senra fue el tercer mejor español en el rally de Cataluña". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de outubro de 2009. Consultado o 9 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Rally de Cataluña 2009". eWRC-results.com (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Rally Torrié 2010". eWRC-results.com (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Bernardo Sousa gana el Rallye Torrié 2010" (en castelán). 6 de marzo de 2010. Consultado o 9 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Víctor Senra gana en Santiago con el 306 Maxi" (en castelán). 22 de novembro de 2010. Consultado o 9 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Víctor Senra vence con autoridad en la Subida a Silleda" (en castelán). 9 de novembro de 2010. Consultado o 9 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Rally Botafumeiro 2011". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Cuarto Rali Botafumeiro ‘por KO’ para Víctor Senra". El Correo Gallego (en castelán). 3 de decembro de 2012. Consultado o 9 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Senra no Rally Cataluña 2012". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2020.
- ↑ "37 Rallye de Llanes. Victoria para Victor Senra y título para Luis Monzón" (en castelán). 1 de outubro de 2013. Consultado o 9 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Surhayen Pernía se lleva el Sierra Morena 2013 por la puerta grande" (en castelán). 20 de outubro de 2013. Consultado o 9 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Sergio Vallejo vencedor indiscutible del 29º Rallye de Noia 2013" (en castelán). 22 de abril de 2013. Consultado o 9 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Master de Campeones Galicia 2013". Youtube. Consultado o 9 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Senra hace historia en el Rallye Botafumeiro" (en castelán). 25 de maio de 2014. Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Amador Vidal y Francisco Lema arrasan en el Rally de Tierra de Curtis CERT 2014" (en castelán). 28 de abril de 2014. Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Víctor Senra se lleva el triunfo final en complicadísimo Rallye de Ferrol" (en castelán). 7 de maio de 2016. Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Rally do Codido 2017" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de xuño de 2020. Consultado o 21 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Así marcha el campeonato gallego tras cinco citas" (en castelán). 20 de xullo de 2017. Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Así marcha el campeonato gallego de rallyes tras el Ribeira Sacra" (en castelán). 26 de setembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Víctor Senra con el Citroën DS3 R5 de Sergio Vallejo en el Rallye de Ferrol" (en castelán). 26 de xuño de 2017. Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Rally de Ferrol de 2017" (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Ares gana en Ferrol y lidera el Nacional tras el abandono de Cristian García". Marca (en castelán). 9 de xullo de 2017. Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
- ↑ "El japonés Hiroki Arai triunfó en el gallego de ralis". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de outubro de 2017. Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Víctor Senra no puede fallar en Lugo ante Iago Caamaño y Meira". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Adrián Díaz, triunfador del Rally San Froilán". El Progreso (en castelán). Consultado o 28 de outubro de 2017.
- ↑ "David Vázquez Liste: "Este año Víctor y yo nos lo curramos mucho, y lo hicimos muy bien"". Faro de Vigo (en castelán). 12 de decembro de 2017. Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
- ↑ Lorenzo, Marcos (24 de febreiro de 2018). "Iván Ares es profeta en su tierra, y vence en el Rally de A Coruña" (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Iago Caamaño vence na trixésimo cuarta edición do Rali de Noia". 16 de abril de 2018. Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
- ↑ Bouzas, Fabián; Carballo, Pablo (14 de maio de 2018). "Las ganancias de un Rías revuelto". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
- ↑ Balado, Lois; Bouzas, Fabián; Carballo, Carballo (23 de xuño de 2018). "Rali Cidade de Narón, Víctor Senra logra el triunfo tras superar a Iago Caamaño en un final trepidante". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
- ↑ Cachalvite, Andrés H. (8 de xullo de 2018). "Meira gana un Rally Sur do Condado teñido de luto". La Región (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
- ↑ Pais, Antonio (26 de agosto de 2018). "Víctor Senra VI del Botafumeiro tras una gran batalla con Alberto Meira". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
- ↑ Balado, Lois; Carballo, Pablo (22 de setembro de 2018). "Víctor Senra ratifica su liderato en tierras ourensanas". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Víctor Senra, campeón gallego de ralis". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de novembro de 2018. Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Rally de Ferrol 2018". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
- ↑ Gómez Cundíns, Pablo (3 de marzo de 2019). "Iván Ares prolonga su dominio en el rali de A Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Victor Senra consigue el triunfo en el Rali de Noia y lidera la clasificación en el campeonato gallego" (en castelán). 7 de abril de 2019. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2020. Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
- ↑ Rodríguez, Raúl (18 de maio de 2019). "Víctor Senra gana el Rallye Rías Baixas". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Iago Caamaño revive el triunfo de su padre en Narón 30 años después". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de xuño de 2019. Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Víctor Senra gana el rali Sur do Condado en un final épico". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de xullo de 2019. Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Víctor Senra lo vuelve a hacer: suma su sexto Rali Botafumeiro consecutivo". El Correo Gallego (en castelán). 11 de agosto de 2019. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2019. Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Víctor Senra gana su tercer campeonato gallego de ralis consecutivo". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de outubro de 2019. Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Victor Senra Campeon Gallego de Rallyes 2019" (en castelán). 21 de setembro de 2019. Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Víctor Senra busca el salto al Skoda Fabia R5 Evo" (en castelán). 1 de decembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2020. Consultado o 3 de marzo de 2020.
- ↑ "Víctor Senra lidera el Rally de A Coruña tras la primera sección" (en castelán). 29 de febreiro de 2020. Consultado o 29 de febreiro de 2020.
- ↑ "Tempos tras a primeira pasada Coruña 2020" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de febreiro de 2020. Consultado o 29 de febreiro de 2020.
- ↑ "Tempos tras a segunda pasada Coruña 2020" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de febreiro de 2020. Consultado o 29 de febreiro de 2020.
- ↑ "¡Por solo una décima! Víctor Senra gana el Rali de A Coruña por un suspiro después de 90 kilómetros cronometrados". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de febreiro de 2020. Consultado o 29 de febreiro de 2020.
- ↑ Gómez Cundíns, Pablo (29 de febreiro de 2020). "Víctor Senra se lleva el rali de A Coruña por una décima de segundo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de febreiro de 2020.
- ↑ "La organización cancela el Rali do Cocido de 2020". Faro de Vigo (en castelán). 27 de xuño de 2020. Consultado o 22 de agosto de 2020.
- ↑ "Cancelado el Rally de Ourense Ribeira Sacra 2020" (en castelán). 4 de agosto de 2020. Consultado o 22 de agosto de 2020.
- ↑ "Suspendido el 54 Rallye Recalvi Rías Baixas en 2020" (en castelán). 4 de agosto de 2020. Consultado o 22 de agosto de 2020.
- ↑ "Pepe López aguanta o acoso de Suárez e gaña o Rally de Ferrol". CRTVG. 22 de agosto de 2020. Consultado o 22 de agosto de 2020.
- ↑ Gómez Cundíns, Pablo (23 de outubro de 2020). "Víctor Senra aplica o rodete no San Froilán e encarrila o Campionato Galego de ralis". La Voz de Galicia. Consultado o 19 de outubro de 2020.
- ↑ Iglesias, Ana (12 de decembro de 2020). "Víctor Senra gana el campeonato gallego de ralis por cuarta vez en A Mariña". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30 de decembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Víctor Senra |