Rally de Ferrol de 1989
| Tipo | edición de rally |
|---|---|
| Parte de | Rally de Ferrol e Tempada 1989 do Campionato de Galicia de Rally |
| Número de participantes | 35 |
| Localización e Datas | |
| Localización | Ferrol (provincia da Coruña) 43°30′N 8°06′O / 43.5, -8.1 |
| País | España |
| Intervalo de tempo | 2 de novembro de 1989 – 3 de novembro de 1989 |
| Número de edición | 20 (1989) |
| Competición | |
| Primeiro posto | Carlos Piñeiro Iglesias |
O Rally de Ferrol de 1989 foi a 20ª edición de dito rally e a última proba da tempada 1989 do Campionato de Galicia de Rally.
Celebrouse entre o 2 e o 3 de novembro de 1989 e os vencedores foron Carlos Piñeiro e o seu copiloto Julio Orozco, a bordo dun Ford Sierra Cosworth.[1] O noiés Arturo Rial proclamouse campión galego tras o abandono de Germán Castrillón.
Itinerario
[editar | editar a fonte]O rally dividiuse en dúas etapas, unha o sábado 2 e outra o domingo 3 de novembro. Na primeira delas déronse tres pasadas polos treitos de Ferreira-Recemel (13,6 km) e Cerdido (7,9 km), mentres que a segunda etapa consistiu en dúas pasadas polos treitos de Doroña (7,5 km) e Vilamateo (7 km).[2]
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]O Ford Sierra Cosworth de Carlos Piñeiro e Julio Orozco colocouse líder xa dende o inicio e foi aumentando a diferenza con Marc Etchebers e Humberto González, con idéntico coche. Por detrás deles fóronse alternando na terceira praza Germán Castrillón, Manuel Senra e Arturo Rial, sendo este último o que conseguiu o terceiro posto final, despois de que Castrillón abandonase por problemas co cambio e Senra queimase a xunta da culata perdendo moito tempo e chegando finalmente quinto por detrás de José Montero. Deste xeito Rial proclamouse campión galego por primeira vez, e Senra gañou a Copa Renault.[1]
Clasificación
[editar | editar a fonte]| Pos | Piloto | Copiloto | Automóbil | Tempo |
|---|---|---|---|---|
| 1 | Ford Sierra Cosworth | 59:08 | ||
| 2 | Ford Sierra Cosworth | 59:34 | ||
| 3 | Citroën AX Sport | 1h01:42 | ||
| 4 | Lancia Delta Integrale | 1h02:27 | ||
| 5 | Renault 5 GT Turbo | 1h03:24 | ||
| 6 | Opel Manta GTE | 1h03:26 | ||
| 7 | Peugeot 205 Rallye | 1h03:30 | ||
| 8 | Citroën AX Sport | |||
| 9 | Renault 5 GT Turbo | |||
| 10 | Citroën AX Sport | |||
| 12 | Opel Corsa GSI | |||
| Abandonos | ||||
| - | Renault 5 GT Turbo | - | ||
| - | Citroën AX Sport | - | ||
| - | - | |||
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Arévalo, Fernando (4 de decembro de 1989). "Carlos Piñeiro, con un coche al fin competitivo, ganó a Marc Etchebers en Ferrol". La Voz de Galicia (en castelán). p. 50.
- ↑ Arévalo, Fernando (2 de decembro de 1989). "Rial y Castríllón se juegan hoy en el Rally de Ferrol el título gallego". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). p. 55.
| Predecesor: Rally San Froilán |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 1989 |
Sucesor: ' |