David Vázquez Liste
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 6 de outubro de 1976 A Estrada |
| Actividade | |
| Ocupación | copiloto |
| Deporte | rally |
David Vázquez Liste, nado na Estrada o 6 de outubro de 1976, é un copiloto galego de rally.
Foi seis veces campión de Galicia de Rally, a primeira delas con Alberto Meira (2016) e as cinco seguintes con Víctor Senra (2017, 2018, 2019, 2020 e 2023). Ademais foi dúas veces subcampión de España, guiando a Meira en 2017 e a Iván Ares en 2019.
Fóra dos rallys traballa como técnico do servizo de emerxencias da Estrada.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "David Vázquez "La gente de los rallyes estamos dándonos palizas con la consola"". Faro de Vigo (en castelán). 14 de abril de 2020. Consultado o 12 de xuño de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- David Vázquez en ewrc-results.com