Saltar ao contido

Rally Rías Baixas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaRally Rías Baixas
Imaxe
Miguel Fuster na edición de 2015
Tipocarreira automobilística Editar o valor en Wikidata
Deporterally Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónRías Baixas 42°24′N 8°48′O / 42.4, -8.8 Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia1963 – Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialrallyeriasbaixas.com Editar o valor en Wikidata


O Rally Rías Baixas é un rally de asfalto que se leva a cabo cada ano a finais do mes de maio ou comezos de xuño na comarca de Vigo.

Comezou a disputarse en 1963 e é puntuable para a Copa de España de Rallys de Asfalto. Anteriormente formou parte do calendario do Campionato de Galicia de Rally e durante moitos anos do Campionato de España de Rallys. Os pilotos máis laureados da proba son Germán Castrillón e Miguel Ángel Fuster, con catro vitorias cada un.

Miguel Ángel Fuster na edición de 2006, a segunda das súas catro vitorias na proba.

A Escudería Vigo, fundada por Manuel Pestana e Eladio Vázquez, foi a primeira organizadora do rally, que tivo a súa primeira edición en 1963.[1] As primeiras edicións foron dominadas por pilotos portugueses, sendo Antonio Peixinho o primeiro vencedor cun Austin Cooper, ao que seguiron as vitorias de Jorge Soromenho e Américo Nunes. En 1966 entrou por primeira vez no calendario do Campionato de España de Rallys, sendo o vencedor dese ano outro portugués, Francisco Ramaozinho, con Estanislao Reverter en segunda posición. Foi en 1967 cando rematou o dominio portugués, ao lograr a vitoria cun Alpine 110 1300 o francés Bernard Tramont, que acabaría proclamándose campión de España ese ano. Ao ano seguinte Juan Fernández cun Porsche 911 S foi o primeiro español en lograr a vitoria e en 1972 Estanislao Reverter o primeiro galego, logrando a vitoria co seu Alpinche e repetindo na seguinte edición. Tras o triunfo en 1974 do francés Marc Etchebers cun Porsche 911 Carrera o rally non se disputou durante os seguintes dous anos.

En 1977 volveuse celebrar, a partir de entón organizado pola Escudería Rías Baixas,[1] e ese ano gañou o rally o ourensán Antonio Freire "Ventura". Tras a vitoria o ano seguinte do vigués Rafa Cid cun Ford Fiesta 1300, viría un lustro de dominio de Porsche, con dúas vitorias máis para Etchebers e tres consecutivas para o tamén vigués Beny Fernández, cun Porsche 911 preparado por Bernard Vara. Na seguinte media década os pilotos canarios Carlos Lamberti, Medardo Pérez e Antonio Ponce foron os dominadores da proba.[2] A principios dos anos 90 Fernando Mouriño púxose á fronte da proba, que non pasaba polos seus mellores momentos, estando fóra do nacional de asfalto dende 1982. O cabanés Germán Castrillón impúxose neses anos ata un total de catro ocasións, dúas veces co Ford Sierra RS Cosworth e outras dúas co Ford Escort RS Cosworth.[1]

En 2013 Sergio Vallejo logrou a súa segunda vitoria no rally, 17 anos despois da primeira.

A partir de 1996 coa vitoria de Sergio Vallejo, comezou unha etapa de dominio de Citroën e Peugeot, marcas moi relacionadas coa cidade de Vigo, que conta coa fábrica PSA Peugeot-Citroën desde 1958.[2] En 1998 o rally sufriu a peor de todas as súas edicións: poucos minutos despois do inicio do primeiro tramo, Salceda, a organización detectou manchas de aceite e gasóleo no asfalto, polo que neutralizou dito tramo e posteriormente fixo o mesmo nos seguintes tramos polo mesmo problema. Ao mesmo tempo, interferencias na radio impediron a comunicación entre a dirección da carreira e outros organizadores. No parque pechado da praia de Samil circulaba un panfleto que ameazaba con obstruír os tramos. Ante esta situación, a organización decidiu suspender a proba e os participantes volveron ao parque pechado. Tanto pilotos como organizadores e tamén medios de comunicación condenaron os feitos que cualificaron de "sabotaxe".[3] No aspecto deportivo, Chus Puras proclamouse campión de España de forma automática cando ao non realizarse a proba. O propio Puras obtería a súa primeira vitoria en Vigo ao ano seguinte a bordo dun Citroën Xsara Kit Car e repetiría a vitoria no 2002 co Citroën Xsara WRC. Entre medias, Luis Monzón gañou o rally dúas veces, primeiro cun Peugeot 306 Maxi e logo cun Peugeot 206 WRC. En 2003 Miguel Ángel Fuster sumou a primeira das súas catro vitorias.[2]

Alberto Meira, campión en 2012, non puido rematar a edición de 2014.

O ano seguinte gañou o andorrano Joan Vinyes (segundo andorrano en logralo tras a vitoria de Gerard de la Casa en 1984) e no 2005 Dani Sordo fixo o propio cun Citroën C2 S1600. O asturiano Alberto Hevia gañou o rally no 2007 e despois no 2010 mentres que Enrique García Ojeda venceu no 2008 tras unha gran loita cos irmáns Vallejo. A edición de 2009 contou coa novidade da recuperación do tramo urbano preto de Samil. A vitoria foi para Sergio Vallejo, que gañou oito dos once tramos disputados, pero días despois os comisarios penalizárono con trinta minutos por recibir axuda externa despois da rotura dun palier do seu Porsche 997. Deste xeito a vitoria foille adxudicada a Miguel Ángel Fuster. Ao ano seguinte, os problemas económicos polos que atravesaba a organización puxeron en perigo a realización do rally. En 2011 e 2012 o parque pechado trasladouse ao centro da cidade de Vigo, situado na rúa Príncipe, cun pequeno enlace polo centro histórico da cidade. Xevi Pons venceu a Fuster cun Ford Fiesta S2000 e o piloto local Alberto Meira fíxoo en 2012 co Mitsubishi Lancer Evo X, ano no que o rally entrou no calendario da Copa de Europa de Rally, obrigándoo a disputar a proba durante dous días en vez de nun, como era habitual. En 2013 Sergio Vallejo sumou a súa segunda vitoria dezasete anos despois da primeira. Meira, o gañador do ano anterior foi segundo e terceiro Fuster. En 2014 Vallejo subiu de novo ao máis alto do podio e en 2015 fíxoo Fuster co Porsche 997 GT3.[2] Os problemas económicos impediron que a Escudería Rías Baixas puidese sacar adiante o rally en 2016 a pesar de estar programado para o mes de xuño. A organización anunciou a cancelación da proba nunha conferencia de prensa en xaneiro dese ano.[4]

Con todo, dous anos despois a organización conseguiu recuperar a proba e incluíla no calendario do campionato galego, ademais con récord de inscritos.[5] A vitoria desa edición foi para Manuel Fernández cun Renault Clio N5,[6] mentres que o Citroën C3 R5 de Víctor Senra foi o vencedor o ano seguinte.[7] A edición de 2020, prevista inicialmente para maio, foi aprazada para setembro debido á expansión da pandemia por coronavirus,[8] e finalmente un mes antes da súa disputa, anunciouse a súa suspensión.[9]

Campións

[editar | editar a fonte]
Alberto Hevia co seu Skoda Fabia S2000, campión de España de rallys en 2004 e 2010, gañador das edicións 2007 e 2010 do Rally Rías Baixas.
Jesús Puras, oito veces campión de España de rallys, co seu Citroen Xsara Kit Car, gañador do Rally Rías Baixas en 1999 e 2002.
Ano Edición Piloto Copiloto Coche Campionato
1963 1º Rallye Rías Bajas Portugal Antonio Peixinho - Austin Cooper
1964 2º Rallye Rías Bajas Portugal Jorge Soromenho - Porsche S90
1965 3º Rallye Rías Bajas Portugal Américo Nunes - Porsche 904 GTS
1966 4º Rallye Rías Bajas Portugal Francisco Ramaozinho Portugal Antionio Morais Morris Cooper S España
1967 5º Rallye Rías Bajas Francia Bernard Tramont - Alpine 1300 España
1968 6º Rallye Rías Bajas España Juan Fernández España Artemi Porsche 911 R España
1969 7º Rallye Rías Bajas España José María Palomo España Alberto Gabarró Porsche 911 RS España
1970 8º Rallye Rías Bajas España Manuel Juncosa España Artemi Fiat Abarth 2000 España
1971 9º Rallye Rías Bajas España Eladio Doncel España Juan Antonio Conde Porsche 911 España
1972 10º Rallye Rías Bajas Galicia Estanislao Reverter Galicia Antonio Reverter Alpine-Porsche T España
1973 11º Rallye Rías Bajas Galicia Estanislao Reverter Galicia Antonio Reverter Alpine-Porsche T España
1974 12º Rallye Rías Bajas Francia Marc Etchebers Francia M.C. Etchebers Porsche 911 Carrera
1975 Non se disputou
1976 Non se disputou
1977 13º Rallye Rías Bajas Galicia Antonio Freire "Ventura" Galicia Miguel Brasa Ford Escort RS
1978 14º Rallye Rías Bajas Galicia Rafa Cid Galicia "Nancho" Ford Fiesta 1300
1979 15º Rallye Rías Bajas Francia Marc Etchebers Francia M.C. Etchebers Porsche RS España
1980 16º Rallye Rías Bajas Francia Marc Etchebers Galicia David Valverde Porsche RS España
1981 17º Rallye Rías Bajas Galicia Beny Fernández Galicia José Luis Sala Porsche 911 Vara
1982 18º Rallye Rías Bajas Galicia Beny Fernández Galicia José Luis Sala Porsche 911 Vara España
1983 19º Rallye Rías Bajas Galicia Beny Fernández Galicia José Luis Sala Porsche 911 Vara
1984 20º Rallye Rías Bajas Andorra Gerard de La Casa Andorra Andreu Ribolleda Renault 5 Turbo Copa
1985 21º Rallye Rías Bajas Galicia Urbano Villanueva Galicia José Alonso Renault 5 Turbo Copa
1986 22º Rallye Rías Bajas España Carlos Alonso Lamberti España Víctor Rodriguez Opel Manta 400 Copa
1987 23º Rallye Rías Bajas España Carlos Alonso Lamberti España V. Jiménez Opel Manta 400 Copa
1988 24º Rallye Rías Bajas España Medardo Pérez España Juan José Perez Alonso Lancia Rallye 037 Copa
1989 25º Rallye Rías Bajas España Antonio Ponce España Gaspar León BMW M3 Copa
1990 26º Rally Rías Baixas Galicia Germán Castrillón Galicia Estrella Castrillón Ford Sierra RS Cosworth Copa, Galicia
1991 27º Rally Rías Baixas Galicia Juan Carlos González "Culebra" Galicia Gustavo Piñeiro BMW M3 Copa, Galicia
1992 28º Rally Rías Baixas Galicia Germán Castrillón Galicia José Manuel López Ford Sierra RS Cosworth Copa, Galicia
1993 29º Rally Rías Baixas Galicia Germán Castrillón Galicia José Manuel López Ford Escort RS Cosworth España, Galicia
1994 30º Rally Rías Baixas España Borja Moratal España Alfredo Rodriguez Peugeot 306 S16 España, Galicia
1995 31º Rally Rías Baixas Galicia Germán Castrillón Galicia José Manuel López Ford Escort RS Cosworth Galicia
1996 32º Rally Rías Baixas Galicia Sergio Vallejo Galicia Diego Vallejo Citroen ZX 16V España, Galicia
1997 33º Rally Rías Baixas España Jaime Azcona Alemaña Julius Billmaier Peugeot 306 Maxi España
1998 34º Rally Rías Baixas Anulado España
1999 35º Rally Rías Baixas España Jesús Puras España Marc Martí Citroen Xsara Kit Car España
2000 36º Rally Rías Baixas Redcom España Luís Monzón España José Carlos Déniz Peugeot 306 Maxi España
2001 37º Rallye Rías Baixas Redcom España Luís Monzón España José Carlos Déniz Peugeot 206 WRC España
2002 38º Rallye Rías Baixas Redcom España Jesús Puras España Carlos del Barrio Citroen Xsara T4 WRC España
2003 39º Rallye Rías Baixas Redcom España Miguel Fuster España José Vicente Medina Citroen Saxo Kit Car España
2004 40º Rallye Rías Baixas Redcom Andorra Joan Vinyes España Xavi Lorza Peugeot 206 S1600 España
2005 41º Rallye Rías Baixas Redcom España Dani Sordo España Carlos del Barrio Citroen C2 S1600 España
2006 42º Rallye Rías Baixas Redcom España Miguel Fuster España José Vicente Medina Renault Clio S1600 España
2007 43º Rallye Rías Baixas Redcom España Alberto Hevia España Alberto Iglesias Pin Volkswagen Polo S2000 España
2008 44º Rallye Rías Baixas Redcom España Enrique García Ojeda España Jordi Barrabés Peugeot 207 S2000 España
2009 45º Rallye Rías Baixas Vodafone España Miguel Fuster España José Vicente Medina Porsche 911 GT3 España
2010 46º Rallye Internacional Rías Baixas España Alberto Hevia España Alberto Iglesias Pin Skoda Fabia S2000 España
2011 47º Rallye Internacional Rías Baixas España Xevi Pons España Alex Haro Ford Fiesta S2000 España
2012 48º Rallye Internacional Rías Baixas Galicia Alberto Meira Galicia Álvaro Bañobre Mitsubishi Lancer Evo X España
2013 49º Rallye Internacional Rías Baixas Galicia Sergio Vallejo Galicia Diego Vallejo Porsche 997 GT3 España
2014 50º Rallye Internacional Rías Baixas Galicia Sergio Vallejo Galicia Diego Vallejo Porsche 911 GT3 España
2015 51º Rallye Internacional Rías Baixas España Miguel Ángel Fuster España Ignacio Aviñó Porsche 997 GT3 España
2016 Non se disputou
2017 Non se disputou
2018 52º Rallye Rías Baixas Galicia Manuel Fernández Galicia Álex Cid Renault Clio N5 Galicia
2019 53º Rallye Rías Baixas Galicia Víctor Senra Galicia David Vázquez Citroën C3 R5 Galicia
2020 Non se disputou
2021 54º Rally Rías Baixas España José Antonio Suárez España Alberto Iglesias Pin Škoda Fabia Rally2 evo Copa
2022 55º Rally Rías Baixas Galicia Víctor Senra Galicia David Vázquez Škoda Fabia Rally2 evo Copa
2023 56º Rally Rías Baixas España José Antonio Suárez España Alberto Iglesias Pin Škoda Fabia R5 Rally2 Copa

En amarelo, as edicións nas que a proba foi puntuable para o Campionato de España de Rallys

En azul, as edicións nas que a proba foi puntuable para o Campionato de Galicia de Rally

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 "Medio século de pasadas". Rebumbio (4): 11. 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Medio siglo de Rally Rías Baixas". Faro de Vigo (en castelán). 30 de maio de 2014. Consultado o 3 de febreiro de 2020. 
  3. "Sabotaje al Rally Rías Bajas". ABC (en castelán). 26 de xullo de 1998. Consultado o 3 de febreiro de 2020. 
  4. "Desaparece el Rallye Rías Baixas". Faro de Vigo (en castelán). 21 de xaneiro de 2016. Consultado o 3 de febreiro de 2020. 
  5. "O Rallye Rías Baixas volve este venres e sábado con récord de inscrición". 9 de maio de 2018. Consultado o 3 de febreiro de 2020. 
  6. "Manuel Fernández, campeón del Rallye Rías Baixas 2018". Faro de Vigo (en castelán). 12 de maio de 2018. Consultado o 3 de febreiro de 2020. 
  7. "Víctor Senra, a un paso del campeonato gallego al hacerse con el Rías Baixas". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de maio de 2019. Consultado o 3 de febreiro de 2020. 
  8. "Comunicado de prensa Rally Rías Baixas" (en castelán). 16 de abril de 2020. Consultado o 6 de agosto de 2020. 
  9. "Suspendido el 54 Rallye Recalvi Rías Baixas en 2020" (en castelán). 4 de agosto de 2020. Consultado o 6 de agosto de 2020.