Rally da Coruña de 1994
Rally Cidade da Coruña de 1994 | |
---|---|
Categoría | ![]() |
Organizador | Escudería La Coruña |
Ámbito | Rexional |
Superficie | Asfalto |
Tramos | 16 |
Distancia tramos | 164.82 km |
Gañadores | |
Piloto campión | ![]() |
Anterior | Rally da Coruña de 1993 |
Seguinte | Rally da Coruña de 1995 |
O Rally da Coruña de 1994 foi a 12ª edición de dito rally. Foi puntuable para a tempada 1994 do Campionato de Galicia de Rally, así como para o Campionato de España de Rallys. Celebrouse o 19 de novembro de 1994 e o vencedor foi o navarro Jaime Azcona. Seu irmán, Javier Azcona, proclamouse campión de Galicia de rally ao rematar cuarto.[1]
Itinerario[editar | editar a fonte]
Constou de 164.82 km cronometrados. Pola mañá os pilotos dúas pasadas os treitos da Tablilla, Soandres, Meirama-Quembre e Carral-Xalo, mentres que pola tarde a competición transcorreu polos treitos de Aranga, Monfero, Doroña e Vilouzás, tamén con dúas pasadas a cada un deles.[2]
Resumo[editar | editar a fonte]
O noiés Arturo Rial liderou os 12 primeiros treitos do rally pero a falta de catro treitos, e cando lle sacaba 52 segundos ao seguinte participante, tivo que abandonar tras unha saída da estrada en Aranga.[3] Borja Moratal, que ía segundo por detrás de Rial tamén tivo que abandonar despois de caer por un terraplén en Meirama. Tras o abandono de Moratal, foi Germán Castrillón quen se colocou segundo e comezou a recortar distancias con Rial, ata que rompeu o cable do acelerador, o que o relegou até a décima praza, aínda que logo conseguiu acabar quinto. O navarro Jaime Azcona aproveitou todos estes problemas dos seus rivais para conseguir a súa primeira vitoria no Campionato de España de Rallys. Seu irmán Javier, que chegou cuarto, sumou os puntos suficientes para superar a Miguel Dopico na clasificación do Campionato de Galicia de Rally e proclamarse campión.[1][4]
Clasificación[editar | editar a fonte]
Pos | Piloto | Copiloto | Vehículo | Tempo |
---|---|---|---|---|
1 | ![]() |
![]() |
Peugeot 106 Rallye | 2h53:14 |
2 | ![]() |
![]() |
Renault Clio Williams | 2h44:45 |
3 | ![]() |
![]() |
Peugeot 106 Rallye | 2h58:47 |
4 | ![]() |
![]() |
Renault Clio Williams | 2h54:05 |
5 | ![]() |
![]() |
Ford Escort RS Cosworth | 3h00:38 |
Abandonos | ||||
- | ![]() |
![]() |
Citroën ZX 16v | - |
- | ![]() |
![]() |
Peugeot 306 S16 | - |
- | ![]() |
- | ||
- | ![]() |
- | ||
- | ![]() |
- | ||
- | ![]() |
Renault 5 GT Turbo | - | |
![]() |
![]() |
Citroën AX GT |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Arévalo, F. (20 de novembro de 1994). "El piloto navarro Jaime Azcona conquistó el Ciudad de la Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). p. 55.
- ↑ A., F. (14 de novembro de 1994). "Monfero y Soandres podrían decidir el desenlace del rally". La Voz de Galicia (en castelán). p. 51.
- ↑ Arévalo, F. (21 de novembro de 1994). "Los principales favoritos decepcionaron en el Rally Ciudad de la Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). p. 46.
- ↑ "El Citroen de Elias Aros sólo resistió los primeros tramos del rally Ciudad de La Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de novembro de 1994. p. 43.
Predecesor: Rally Botafumeiro |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 1994 |
Sucesor: - |