Rally de Terra do Carballiño
Rally de Terra do Carballiño | |
---|---|
Fundación | 1988 |
Rexión | O Carballiño |
Copa | Campionato de Galicia de Rallys de Terra |
Organizador | Arenteiro Motor Sport |
O Rally de Terra do Carballiño foi unha proba de rally disputada nos anos 80 e 90 no Carballiño, sobre superficie de terra. Estaba organizado por Arenteiro Motor Sport e puntuaba para o Campionato de Galicia de Rallys de Terra.