Rally Botafumeiro de 1987
Aparencia
Tipo | edición de rally |
---|---|
Parte de | Rally Botafumeiro e Tempada 1987 do Campionato de Galicia de Rally |
Número de participantes | 34 |
Localización e Datas | |
País | España |
Intervalo de tempo | 28 de marzo de 1987 – 19 de marzo de 1987 |
Número de edición | 3 (1987) |
Competición | |
Primeiro posto | Marc Etchebers |
O Rally Botafumeiro de 1987 foi a terceira edición de dito rally e a segunda proba da tempada 1987 do Campionato de Galicia de Rally.
Disputouse entre o 28 e o 29 de marzo de 1987 e o vencedor foi o vascofrancés Marc Etchebers, a bordo dun Porsche 911 SC.[1]
Itinerario
[editar | editar a fonte]O rally dividiuse en dúas seccións, con dúas pasadas a tres treitos en cada unha delas. A primeira sección, na tarde do sábado, percorreu os treitos de Touro-Vilar (12,1 km), Cira (5,7 km) e A Ponte de Sarandón (5,9 km). A segunda sección, na noite do sábado para o domingo, constou dos treitos de Rois (7,7 km), Pontecesures-Xirimbao (11,7 km) e Vedra-San Xián (6,5 km), tamén a dúas pasadas cada un.[2]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Arévalo, Fernando (31 de marzo de 1987). "Germán Castrillón, nuevo líder del Campeonato Gallego, tras el Rally do Botafumeiro, ganado por Marc Etchebers". La Voz de Galicia (en castelán). p. 42.
- ↑ "Con el Rally do Botafumeiro que se disputa mañana,puede cambiar el liderato en el campeonato gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de marzo de 1987. p. 42.