Carlos Piñeiro Iglesias
Para o director de cine do mesmo nome vexáse Carlos López Piñeiro
Carlos Piñeiro Iglesias | |
---|---|
Nome completo | Carlos Piñeiro Iglesias |
Nacemento | c. 1955 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Falecemento | 16 de decembro de 2012 |
Causa | cancro de cerebro |
Nacionalidade | España |
Ocupación | piloto de rally |
Na rede | |
http://www.carlospineiro.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Carlos Piñeiro Iglesias, nado na Coruña c. 1955 e finado o 16 de decembro de 2012, foi un piloto de rally galego que competiu en diversos campionatos, tanto en Galicia como España.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Natural do coruñés barrio da Gaiteira,[1] foi un destacado piloto nas décadas de 1970 e 1980 e logrou varias vitorias no campionato de España, rematando en terceira posición no campionato de 1983.[2] Foi campión galego en cinco ocasións (1980, 1981, 1982, 1984 e 1987), cifra só superada por Germán Castrillón, ademais de obter un total de 22 vitorias.[3] Competiu con diversos coches, principalmente co Porsche 911 ao longo da súa traxectoria e con diversas escuderías como Escudería La Coruña ou o equipo Rothmans tendo de compañeiros entre outros ao galego Beny Fernández ou ao vascofrancés Marc Etchebers. Posuía un taller de venda e reparación de automóbiles en Sada.[4]
Faleceu o 16 de decembro de 2012 debido a un tumor cerebral.[5]
Predecesor: Celestino Pardo |
Campión de Galicia de Rallys 1980-1982 |
Sucesor: Luis Barrio |
Predecesor: Luis Barrio |
Campión de Galicia de Rallys 1984 |
Sucesor: José Mora |
Predecesor: José Mora |
Campión de Galicia de Rallys 1987 |
Sucesor: Alfonso Pavón |
Vitorias[editar | editar a fonte]
- Rally de Ferrol 1981, 1982, 1989
- Rally de Ourense 1983
- Rally Sierra Morena 1983
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Seoane, Silvia (22 de marzo de 2016). "El último rally de Carlos Piñeiro". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 20 de agosto de 2020.
- ↑ "Clasificacións nacionais de 1983" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 20 de agosto de 2020.
- ↑ Figueirido, Javier (2013). Alfredo Bárcena, ed. "Buscamos al hombre récord del gallego de ralis". Cronomotor (en castelán) (290): 26–31. ISBN 9775764106.
- ↑ Adiós a Carlos Piñeiro Arquivado 29 de decembro de 2012 en Wayback Machine. en revistascratch.com
- ↑ "Muere el piloto coruñes Carlos Piñeiro" (en castelán). 16 de decembro de 2012. Consultado o 20 de agosto de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sitio web oficial
- Carlos Piñeiro rallybase.nl