Rally Mil Vistas de 1991
Rally Mil Vistas de 1991 | |
---|---|
Categoría | Galicia |
Localización | Muros Carnota Vimianzo Dumbría |
Organizador | Senra Sport |
Ámbito | Rexional |
Superficie | Asfalto |
Tramos | 11 |
Gañadores | |
Piloto campión | ![]() |
Anterior | Rally da Coruña de 1990 |
Seguinte | Rally Mil Vistas de 1992 |
O Rally Mil Vistas de 1991 foi a segunda edición de dito rally e a penúltima proba da tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 2 de novembro de 1991 e o vencedor foi Germán Castrillón, sobre un Ford Sierra Cosworth.[1]
Arturo Rial chegou a este rally co título de campión galego case asegurado e asegurouno xa antes da saída, ao non participar Antonio Garrido, o único con posibilidades de impedirllo.
Itinerario[editar | editar a fonte]
Constou de cinco treitos diferentes, con dúas pasadas polos treitos de Carnota, Muros, O Ézaro e Dumbría e tres polo de Muros, estando situadas nesta última vila a saída e a chegada.[2]
Resumo[editar | editar a fonte]
O noiés Arturo Rial proclamouse campión de Galicia por segunda vez xa antes do comezo da proba ao non presentarse o berciano Antonio Garrido, o único que podía arrebatarlle a primeira posición no campionato.[2] No primeiro treito, Carnota, Rial saíu voando por un desnivel e caeu ao río, saíndo ilesos polo portón traseiro do vehículo tanto el como o seu copiloto, José Manuel Pazos. O piloto local Manuel Senra estreaba un Peugeot 309 GTI 16v e con este novo vehículo colocouse líder dende o principio, sacándolle 15 segundos a Germán Castrillón nos tres primeiros treitos. Con todo, despois de cruzar a meta do terceiro treito quedou sen presión do aceite e tivo que retirarse.[3]
Con estes abandonos Castrillón lideraba a proba pero viuse adiantado por Juan Carlos Táboas, despois de que este marcase os mellores tempos nas primeiras pasadas por Dumbría e Vimianzo. Xa na segunda pasada por Vimianzo o Citroën AX Sport de Táboas rompeu un palier e tivo que abandonar. Deste xeito o único rival importante de Castrillón era Javier Piñeiro, que non puido co Ford Sierra Cosworth do cabanés, finalizando en segunda posición.
Miguel Dopico, cun Peugeot 309 GTI, completou o podio, mentres que en cuarta posición chegou Magdaleno e en quinta Moisés Carballeira. Dos 42 pilotos que tomaron a saída, chegaron á meta 27. Entre os abandonos, ademais dos de Senra, Rial e Táboas, estiveron os de Ricardo Vidal e os mecánicos de Senra, Juan Fernández e José Antonio Trillo, que se alternaron o volante dun Peugeot 205 GTI.[3]
Clasificación[editar | editar a fonte]
Pos | Piloto | Copiloto | Vehículo |
---|---|---|---|
1 | ![]() |
![]() |
Ford Sierra Cosworth |
2 | ![]() |
![]() |
Renault Clio 16v |
3 | ![]() |
![]() |
Peugeot 309 GTI |
4 | ![]() |
![]() |
Lancia Delta Integrale |
5 | ![]() |
Peugeot 205 Rallye | |
6 | ![]() |
![]() |
Citroën AX Sport |
Abandonos | |||
- | ![]() |
![]() |
Peugeot 309 GTI |
- | ![]() |
![]() |
Citroën AX Sport |
- | ![]() |
![]() |
Citroën AX Sport |
- | ![]() |
![]() |
Peugeot 205 GTI |
- | ![]() ![]() |
Peugeot 205 GTI |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Arévalo, Fernando (3 de novembro de 1991). "Castrillón, beneficiado por el abandono de Senra, ganó en Muros el Rally M il Vistas". La Voz de Galicia (en castelán). p. 58.
- ↑ 2,0 2,1 "Castrillón, favorito en el rally de Muros, al que Rial llega como campeón gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de novembro de 1991. p. 45.
- ↑ 3,0 3,1 Arévalo, Fernando (4 de novembro de 1991). "El regreso al futuro de Germán Castrillón". La Voz de Galicia (en castelán). p. 50.
Predecesor: Rally San Froilán |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 1991 |
Sucesor: Rally de Ferrol |