Rally de Noia de 1990
| Tipo | edición de rally |
|---|---|
| Organizador | Escudería Berberecho |
| Parte de | Rally de Noia e Tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally |
| Número de participantes | 36 |
| Localización e Datas | |
| País | España |
| Número de edición | 7 (1990) |
| Competición | |
| Primeiro posto | Marc Etchebers |
O Rally de Noia de 1990 foi a 7ª edición de dito rally e a segunda proba da tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 21 de abril de 1990 e o vencedor foi o piloto vascofrancés Marc Etchebers, sobre un Ford Sierra Cosworth.
Itinerario
[editar | editar a fonte]O rally constou de catro treitos diferentes (O Tambre, San Fins, Lesende e Outes) con dúas pasadas a cada un deles, excepto o primeiro, ao que se deron tres pasadas.[1]
Resumo
[editar | editar a fonte]Manuel Senra e José Maceiras, cun Renault 5 GT Turbo alugado a Lino Otero, colocáronse líderes no inicio e mantiveron a posición ata o terceiro treito, onde se viron superados pola maior potencia do Ford Sierra Cosworth do piloto vascofrancés Marc Etchebers.[2] Este marcou o mellor tempo en seis dos nove treitos e chegou á meta con 26 segundos sobre o piloto de Dumbría.[3][4]
Carlos Piñeiro, vencedor da edición do ano anterior, chegou en terceira posición, mentres que o vigués Antonio Trelles, que foi terceiro en varios momentos da proba, quedou finalmente cuarto da xeral e primeiro na Copa Renault. Un dos favoritos para a vitoria, Arturo Rial, tivo que abandonar despois de que o seu Citroën AX Sport saíse fóra da estrada preto do remate da segunda pasada por Lesende.[2]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mañana se disputa el rally Ría de Noia, puntuable para el campeonato gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de abril de 1990. p. 48.
- 1 2 Arévalo, Fernando (23 de abril de 1990). "Etchebers impuso en Noia la potencia de su Sierra a la agilidad del GT de Senra". La Voz de Galicia (en castelán). p. 41.
- ↑ "Manuel Senra, de Dumbría, subcampeón en el Rally de Noia". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de abril de 1990. p. 53.
- ↑ "Marc Etchebers ganó el Rally Ría de Noia". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de abril de 1990. p. 58.
| Predecesor: Rally de Vigo |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 1990 |
Sucesor: Rally do Lacón |