Rally Cidade de Narón de 2019

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rally Cidade de Narón de 2019
CategoríaGalicia
LocalizaciónGalicia Narón
OrganizadorEscudería Siroco Narón
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Tramos10
Distancia tramos101,5 km
Gañadores
Piloto campiónGalicia Iago Caamaño
Equipo campiónGalicia Lalín Deza
Participantes
Pilotos130
AnteriorRally Cidade de Narón de 2018
SeguinteRally Cidade de Narón de 2020

O Rally Cidade de Narón de 2019 foi a 32ª edición de dito rally e a cuarta proba da tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 15 e o 16 de xuño de 2019 e o vencedor foi Iago Caamaño.

Itinerario[editar | editar a fonte]

Constou de dez tramos que sumaron 101,5 km, estando situado o parque pechado a carón do Centro Comercial Odeón.[1] O venres 16 realizouse unha superespecial de pouco máis dun quilómetro nas inmediacións do Pazo da Cultura de Narón, mentres que o sábado corréronse os treitos de Cerdido, A Queiroga e Ferreira, con tres pasadas por cada un deles.[2]

Inscritos[editar | editar a fonte]

Inscribíronse 130 pilotos, entre eles o líder do campionato, Víctor Senra, así como os seus máximos rivais, Alberto Meira e Iago Caamaño.[3] Finalmente foron 128 os pilotos autorizados a tomar a saída.[4]

Resumo[editar | editar a fonte]

Víctor Senra foi o máis rápido no tramo especial do venres, por diante de Jorge Cagiao e Iago Caamaño, con Alberto Meira cuarto. Con todo, os problemas mecánicos de Senra e unha roda picada de Meira, fixeron que Iago Caamaño se colocase líder e que tras a primeira pasada aos tres treitos do sábado, xa lle sacase case 9 segundos a Meira e 11 a Senra.[5][6] A vantaxe aumentou aínda máis na segunda pasada e, aínda que Meira conseguiu recortar algo na terceira, non foi suficiente para impedir a vitoria de Caamaño. O triunfo do piloto de Culleredo produciuse 30 anos despois do logrado por seu pai, José Caamaño, que venceu na segunda edición do rally, en 1989.[7][5]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Copiloto Vehículo Equipo Tempo
1 Galicia Iago Caamaño Galicia Alberto Rodríguez Ford Fiesta R5 Lalín Deza 52:32.615
2 Galicia Alberto Meira Galicia José Murado Citroën DS3 R5 Recalvi Team 52:39.906
3 Galicia Víctor Senra Galicia David Vázquez Citroën C3 R5 Yacar Racing 53:01.346
4 Galicia Jorge Cagiao Galicia Amelia Blanco Renault Clio N5 Recalvi Team 54:10.692
5 Galicia Tino Iglesias Galicia Jorge Iglesias Ford Fiesta N5 Desguaces Tino Racing 56:08.695
6 Galicia Antonio Fernández Galicia Alejandro López Mitsubishi Lancer Evo VIII Meira 56:40.740
7 Galicia Jorge Pérez Oliveira Galicia Avelino Martínez Renault Clio N5 Galicia Motorsport 56:53.281
8 Galicia Manuel Sandamil Galicia Adrián Varela Suzuki Swift N5 A Pontenova 57:14.518
9 Galicia Antonio López Galicia Raquel Rodríguez Peugeot 106 GTI Pontevedra 1984 Team 57:19.194
10 Galicia Francisco Dorado Galicia Roi Torrente Peugeot 208 R2 Miño-Lugo 57:32.366
11 Galicia Fernando Rico Galicia Lorena Rico BMW M3 E36 A. Ferrol 57:45.231
12 Galicia Daniel Castro Galicia Sergio Martínez Peugeot 208 R2 Meira 57:58.038
13 Galicia César Gonzalves Galicia Miguel Peña Mitsubishi Lancer Evo IX A Pontenova 58:15.268
14 Galicia Daniel Berdomás Galicia Brais Mirón Citroën Saxo VTS One Seven 58:16.072
15 Galicia David Rivas Galicia José Viéitez Citroën C2 R2 RVS Motorsport 58:36.880
16 Galicia José Manuel Lista Galicia Iván Carmona Mitsubishi Lancer Evo IX J. Lista Competición 58:37.847
17 Galicia Pablo Aneiros Galicia Rubén López Citroën Saxo VTS Moeche 59:22.012
18 Galicia Manuel Trevín Galicia Juan Antonio Mechoso BMW Compact E36 Senra Sport 59:41.014
19 Galicia Joaquín Pérez Galicia Adrián Muñiz Peugeot 206 XS Pontevedra 1984 Team 1h00:05.116
20 Galicia Rubén López Galicia Damián Outón Citroën C2 GT Sarria Motor 1h00:08.842
21 Galicia Aitor Pico Galicia Manuel Fresco Peugeot 106 GTI Scratch Fene 1h00:13.885
22 Galicia Raúl Martínez Galicia Óscar Martínez Citroën C2 GT Congostra Team Sanxenxo 1h00:14.341
23 Galicia Rubén Gandoy Galicia Sergio Meizoso Peugeot 206 XS Siroco Narón 1h00:17.516
24 Galicia Ignacio Sanesteban Galicia Cristóbal Vergara Renault Clio Sport Scratch Fene 1h00:45.721
25 Galicia Juan Ricardo Costoya Galicia Toni Soto Ford Sierra Cosworth 4x4 Siroco Narón 1h00:57.880
26 Galicia Roberto Rendal Galicia Francisco García Ford Fiesta N5 RVS Motorsport 1h01:05.397
27 Galicia José Manuel Cabezas Galicia Luis Miguel Prego Peugeot 106 GTI RVS Motorsport 1h01:18.459
28 Galicia Pablo Gómez Galicia Manuel Barreiro BMW 318 E30 Berberecho 1h01:28.388
29 Galicia David Busto Galicia Óscar García Ford Fiesta ST Berberecho 1h01:28.773
30 Galicia Miguel Ángel Caeiro Galicia Miguel Raído Peugeot 106 S16 Cuntis V.T. 1h01:36.223
31 Galicia Antonio Amor Galicia Marcos López Seat 1430-1800 Moeche 1h01:36.876
32 Galicia José Rubén Teijeiro Galicia Eloy Calvo Citroën C2 R2 Siroco Narón 1h01:38.368
33 Galicia Daniel Gandoy Galicia María Sueiras Peugeot 106 GTI Siroco Narón 1h01:43.162
34 Galicia Rubén López Galicia Carlos González BMW 320i E36 Siroco Narón 1h01:53.536
35 Galicia Alejandro Martínez Galicia Nicolás Meizoso Renault Clio Sport A. Ferrol 1h02:01.330
36 Galicia Fernando Vilela Galicia Roberto Carlos Bouza Opel Corsa GSI Moeche 1h02:59.032
37 Galicia Delfino Ramos Galicia Joaquín Carril Citroën AX GTI Melide Motorsport 1h03:00.244
38 Galicia Pedro Blanco Galicia Ian Quintana Peugeot 106 GTI Ourense 1h03:01.818
39 Galicia Diego González Galicia Diego García Díaz Citroën Saxo VTS Moeche 1h03:32.833
40 Galicia Manuel Souto Galicia Diego Vázquez Citroën Saxo VTS Santiago 1h03:43.451

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Regulamento particular" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de xuño de 2020. Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  2. "Tramos, horarios y lista de inscritos Rallye de Narón 2019" (en castelán). Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  3. "Lista de inscritos" (PDF). TemposFGA. Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  4. "Autorizados a tomar a saída" (PDF). TemposFGA. Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  5. 5,0 5,1 "Iago Caamaño revive el triunfo de su padre en Narón 30 años después". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de xuño de 2019. Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  6. "Clasificación sección 2 Narón" (PDF). TemposFGA. Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  7. "De 40 km a 100, del Citroën Visa 1.000 Pistas al Ford Fiesta R5, de la tierra al asfalto…" (en castelán). 27 de xuño de 2019. Consultado o 14 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Rally Rías Baixas
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 2019
Sucesor:
Rally Sur do Condado