Rally de Ferrol de 1994
Rally de Ferrol de 1994 | |
---|---|
Categoría | ![]() |
Organizador | Escudería Ferrol |
Ámbito | Rexional |
Superficie | Asfalto |
Distancia tramos | 87,3 km |
Gañadores | |
Piloto campión | ![]() |
Equipo campión | ![]() |
Participantes | |
Pilotos | 49 |
Anterior | Rally de Ferrol de 1993 |
Seguinte | Rally de Ferrol de 1995 |
O Rally de Ferrol de 1994 foi a 25ª edición de dito rally e a terceira proba da tempada 1994 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 28 de maio de 1994 e o vencedor foi o piloto local Miguel Dopico.[1]
Itinerario[editar | editar a fonte]
O rally constou de 12 treitos: dúas pasadas polo treito de Vilariño, dúas polo Castelo, tres polo Deveso, tres por Cerdido e dúas por Recemel. En total os vehículos recorreron 466,7 km dos cales 87,3 foron cronometrados. A saída realizouse ás dez da mañá no recinto feiral de Punta Arnela e a chegada foi no mesmo lugar sobre a medianoite.[2]
Resumo[editar | editar a fonte]
Miguel Dopico máis o seu copiloto Álvaro Louro colocáronse líderes dende o principio e xa non perderon a posición ata o final da proba. Por detrás chegaron sen demasiado problema José Manuel López Castrillón e Germán Castrillón. Este último, vencedor os últimos catro anos, participou esta vez como copiloto, aínda que tomou o mando do coche nalgúns treitos, reservándose para marchar inmediatamente para Asturias á disputa doutro rally.[1]
Clasificación[editar | editar a fonte]
Pos | Piloto | Copiloto | Vehículo | Equipo | Tempo |
---|---|---|---|---|---|
1 | ![]() |
![]() |
Ford Escort RS Cosworth | Siroco Team | 54:37 |
2 | ![]() |
![]() |
Siroco Team | 55:49 | |
3 | ![]() |
![]() |
Escudería Ferrol | 56:13 | |
4 | ![]() |
![]() |
Renault Clio Williams | Escudería Rías Baixas | 56:33 |
5 | ![]() |
![]() |
Citroën AX Sport | Escudería Berberecho | 56:48 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Dopico, el más rápido en Ferrol". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de maio de 1994. p. 47.
- ↑ "La salida del Rally de Ferrol, a las diez en la Feria de Muestras". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de maio de 1994. p. 47.
Predecesor: Rally de Noia |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 1994 |
Sucesor: Rally de Ourense |