Rally do Cocido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luis Vilariño no XIV Rali do Cocido.

O Rally do Cocido é unha proba de rally que se celebra anualmente nos arredores de Lalín, organizada pola Escudería Lalín Deza dende 1996, e que é puntuable para o Campionato de Galicia de Rally.

En 2018 entrou a formar parte do Campionato de España de Rallys. Tras dúas edicións, a finais de 2019 a Real Federación Española de Automobilismo anunciou a súa decisión de excluír o Rally do Cocido do calendario nacional para facer sitio ao Rally Cataluña, que foi á súa vez excluído do calendario do Campionato do Mundo.[1] Deste xeito a proba pasou a ser de novo parte do campionato galego.[2]

Os piloto máis laureados do Rally do Cocido son o dumbriés Manuel Senra e o cambrés Iván Ares, con cinco vitorias cada un, seguidos de Bamarti con tres.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Ano Edición Piloto Copiloto Automóbil Notas
1996 I Rali de Lalín Galicia Javier Paz Galicia Moncho Seoane Ford Escort RS Cosworth
1997 II Rali do Cocido Galicia Javier Piñeiro Galicia Manuel Ferreiro Renault Clio Maxi
1998 III Rali do Cocido Galicia Javier Paz Galicia Manuel Ferreiro Ford Escort RS Cosworth
1999 IV Rali do Cocido Galicia Germán Castrillón Galicia Estrella Castrillón Mitsubishi Lancer Evo IV
2000 V Rali do Cocido Galicia Manuel Senra Galicia Faustino Suárez Peugeot 306 Kit Car
2001 VI Rali do Cocido Galicia Manuel Senra Galicia Faustino Suárez Peugeot 306 Kit Car
2002 VII Rali do Cocido Galicia Manuel Senra Galicia Faustino Suárez Peugeot 306 Kit Car
2003 VIII Rali do Cocido Galicia Manuel Senra Galicia Faustino Suárez Peugeot 306 Kit Car
2004 IX Rali do Cocido Galicia Antonio Villar Galicia Moncho Seoane Peugeot 306 Kit Car
2005 X Rali do Cocido Galicia Manuel Senra Galicia Faustino Suárez Peugeot 306 Kit Car
2006 XI Rali do Cocido Galicia Bamarti Galicia Manuel Campos Peugeot 306 Kit Car
2007 XII Rali do Cocido Galicia Bamarti Galicia Manuel Campos Peugeot 306 Kit Car
2008 XIV Rali do Cocido Galicia Pedro Burgo Galicia Marcos Burgo Mitsubishi Lancer Evo VIII
2009 XV Rali do Cocido Galicia Bamarti Galicia Manuel Campos Peugeot 306 Kit Car
2010 XVI Rali do Cocido Galicia Alberto Meira Galicia Álvaro Bañobre Mitsubishi Lancer Evo X
2011 XVII Rali do Cocido Galicia Iván Ares Galicia José Antonio Pintor Mitsubishi Lancer Evo VIII
2012 XVIII Rali do Cocido Galicia Alberto Otero Galicia Laura San Emeterio Mitsubishi Lancer Evo IX
2013 XIX Rali do Cocido Galicia Luis Vilariño[3] Galicia Ramón López Mitsubishi Lancer Evo X
2014 XX Rali do Cocido Galicia Iván Ares Galicia Álvaro Bañobre Porsche 911 GT3
2015 XXI Rali do Cocido Galicia Alejandro Pais Galicia Santiago Pais Mitsubishi Lancer Evo X
2016 XXII Rali do Cocido Galicia Iván Ares Galicia Mario González Porsche 997 GT3 RS 3.8
2017 XXIII Rali do Cocido Galicia Víctor Senra Galicia David Vázquez Ford Fiesta R5
2018 XXIV Rali do Cocido Galicia Iván Ares Galicia José Antonio Pintor Hyundai i20 R5 CERA
2019 XXIV+ Rali do Cocido Galicia Iván Ares Galicia David Vázquez Hyundai i20 R5 CERA

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Cocido regresa al CGR y la E. L. Deza podría organizar un rally del CERT" (en castelán). 6 de novembro de 2019. Consultado o 14 de xaneiro de 2020. 
  2. "Calendario do Campionato de Galicia de Rally 2020" (PDF). Federación Galega de Automobilismo. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 14 de xaneiro de 2020. 
  3. Pablo Villar, Javier Lariño. www.curuxarallye.info, ed. "Rallye do Cocido: Vilariño gana en modo Hirvonen". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 18 de marzo de 2013. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2012. Consultado o 14 de marzo de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]