Saltar ao contido

José Maceiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Maceiras
Biografía
Actividade
Ocupacióncopiloto Editar o valor en Wikidata

José Maceiras Lago, coñecido como Pepe Maceiras, é un ex copiloto galego de rallys.

Foi copiloto de Manuel Senra durante os primeiros anos da carreira deportiva deste, e gañou xunto a el dous títulos do Campionato de Galicia de Rallys de Terra. Competiu tamén no Campionato de Galicia de Rally, logrando varias vitorias e o subcampionato en 1992.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Debutou xunto a Manuel Senra no Rally de Ferrol de 1985, copilotando un Renault 5 GT Turbo e rematando en oitava posición.[1] En 1986 quedaron décimos no Rally Botafumeiro e en 1987 conseguiron subir ao podio na mesma proba.[2] Repetiron terceiro posto na edición de 1988.[3]

En 1990 pasaron a correr cun Peugeot 205 GTI, co que disputaron o galego de asfalto e debutaron no Campionato de Galicia de Rallys de Terra, participando nas dúas últimas probas, o Rally de Narón e o Rally de Caldas, logrando a vitoria en ambas. En 1991 logrou a súa primeira vitoria en asfalto, tras vencer co 205 no 4º Rally de Vigo.

En 1992 lograron tres vitorias no campionato galego de asfalto sobre un Peugeot 309 GTI, e proclamáronse subcampións, por detrás de Germán Castrillón e Estrella Castrillón.[4] Proclamáronse campións galegos de terra na tempada 1993 e revalidaron o título en 1994, en ambos casos co Peugeot 205.[5] Neses anos conseguiron gañar tres veces consecutivas o Rally de Narón, por aquel entón un rally de terra.

Ademais de con Senra, disputou un Rally Botafumeiro con Ricardo Vidal e un Rally de Ourense con Jesús Campos. Deixou os rallys en 1995 por temas persoais.[1]

  1. 1,0 1,1 "Entrevista a Pepe Maceiras". De Tramo (en castelán). Abril de 2013. 
  2. "Germán Castrillón, nuevo líder del Campeonato Gallego, tras el Rally do Botafumeiro, ganado por Marc Etchebers". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de marzo de 1987. p. 42. 
  3. "En dura pugna con Pavón, Mora ganó el Rally do Botafumeiro". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de febreiro de 1986. p. 29. 
  4. "Rally do Lacón 1993". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  5. "O olveirense, un campión galego con 150 rallies e 44 gañados". La Voz de Galicia. 13 de xaneiro de 2007. Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]