Rally Ourense-Lugo-Ribeira Sacra de 2019

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rally Ribeira Sacra de 2019»)
Rally Ourense-Lugo-Ribeira Sacra de 2019
CategoríaGalicia
LocalizaciónGalicia Nogueira de Ramuín
Ourense
Sober
OrganizadorEscudería Luíntra
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Tramos10
Distancia tramos98,1 km
Gañadores
Piloto campiónGalicia Víctor Senra
Equipo campiónGalicia Yacar Racing
Participantes
Pilotos138
AnteriorRally Ourense-Ribeira Sacra de 2018
SeguinteRally Ourense-Lugo-Ribeira Sacra de 2020

O Rally Ourense-Lugo-Ribeira Sacra de 2019 foi a 8ª edición de dito rally e a sexta proba da tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse entre o 20 e o 21 de setembro de 2019 e o vencedor foi Víctor Senra.

Itinerario[editar | editar a fonte]

Constou de dez treitos, comezando o venres cun tramo curto no Castro de Beiro, e disputándose o resto de treitos o sábado, sendo estes San Miguel-Luíntra, Canaval-Sober e Vilanova-Luíntra, con tres pasadas a cada un deles.[1] Esta foi a primeira vez que na que o rally incluíu tramos na provincia de Lugo.[2]

Inscritos[editar | editar a fonte]

Inscribíronse 143 equipos, dos que finalmente foron autorizados a tomar a saída 136, destacando as presenzas dos favoritos, Víctor Senra, Alberto Meira e Iago Caamaño, así como outros pilotos de renome como Luis Vilariño, Tino Iglesias ou o campión do mundo de tríatlon Iván Raña.[3] Víctor Senra chegou a este rally con grandes opcións de proclamarse por terceira vez campión de Galicia de Rally bastándolle cun cuarto posto para logralo.[4]

Resumo[editar | editar a fonte]

Víctor Senra foi quen marcou o mellor tempo no primeiro treito, mentres que se repartiu con Alberto Meira os seguintes, chegando líder ao último, pero con menos de tres segundos sobre Meira.[4] Con todo, na última pasada do rally, Meira saíuse da pista e Senra alzouse coa vitoria. Iago Caamaño, que estaba asentado comodamente na terceira posición, tamén se saíu da estrada no último tramo, polo que finalmente subiron ao podio Jorge Pérez Oliveira (2º) e Luis Vilariño (3º).[5] Deste xeito Víctor Senra gañou por segunda vez o Rally Ribeira Sacra e proclamouse por terceira vez campión de Galicia de rally a falta de dúas probas por disputarse.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Copiloto Vehículo Equipo Tempo
1 Galicia Víctor Senra Galicia David Vázquez Citroën C3 R5 Yacar Racing 58:43.587
2 Galicia Jorge Pérez Oliveira Galicia Avelino Martínez Renault Clio N5 Galicia Motorsport 1h02:34.496
3 Galicia Luis Vilariño Galicia Néstor Casal Citroën DS3 R5 Lalín Deza 1h02:35.629
4 Galicia Antonio Fernández Galicia Alejandro López Peugeot 208 N5 Meira 1h03:12.835
5 Galicia Tino Iglesias Galicia Jorge Iglesias Ford Fiesta N5 Desguaces Tino Racing 1h03:18.149
6 Galicia Javier Martínez Galicia Marcos Fernández Renault 5 GT Turbo Carracedo Competición 1h03:29.813
7 Galicia Francisco Dorado Galicia Roi Torrente Peugeot 208 R2 Miño-Lugo 1h03:40.739
8 Galicia Celestino Iglesias Duarte Galicia Bárbara Gómez Ford Fiesta R2 Desguaces Tino Racing 1h04:22.653
9 Galicia David Rivas Galicia Manuel Raído Citroën C2 RVS Motorsport 1h04:31.608
10 Galicia Santiago García Galicia José Pintor Peugeot 208 R2 Senra Sport 1h04:32.811
11 Galicia Álvaro Pérez Galicia Brais Mirón Peugeot 208 VTI R2 Santiago 1h04:39.842
12 Galicia Isaac Durán Galicia Hugo Varela Peugeot 206 Surco 1h05:54.779
13 Galicia Jorge García Galicia Carmen Borrajo Peugeot 106 Kit Car T. Martínez Racing 1h05:56.118
14 Galicia Diego Vila Galicia Álex Alonso Citroën Saxo VTS Dona Urraca 1h05:56.406
15 Galicia Marcos Díaz Galicia Víctor López Ford Sierra Cosworth Sarria Motor 1h06:15.094
16 Galicia Domingo Molinos Galicia Alejo Souto Peugeot 208 R5 Berberecho 1h06:30.428
17 Galicia Rubén Puime Galicia Ezequiel Salgueiro Peugeot 206 XS Pontevedra 1984 Team 1h06:30.630
18 Galicia Iván Raña Galicia Diego Rodríguez Mitsubishi Lancer Evo IX PTC Escuela 1h06:31.090
19 Galicia Rubén López Galicia Damián Outón Citroën C2 GT Sarria Motor 1h06:31.582
20 Galicia José Manuel Cabezas Galicia Luis Miguel Prego Peugeot 106 GTI RVS Motorsport 1h06:41.616
21 Galicia Raúl Martínez Galicia Óscar Martínez Citroën C2 GT Congostra Team Sanxenxo 1h07:19.905
22 Galicia Fermín Sousa Galicia Carmen González Renault 5 GT Turbo Carracedo Competición 1h07:46.388
23 Galicia Ramón Xosé Piso Galicia José Rubén Nimo Peugeot 206 XS Berberecho 1h07:46.840
24 Galicia Pablo Gómez Galicia Manuel Barreiro BMW 318 E30 Berberecho 1h07:57.697
25 Galicia Jon Rodríguez Galicia Iago Rivas Ford Fiesta R2 +Taller Competición 1h08:05.560
26 Galicia Joaquín Pérez Galicia Adrián Muñiz Peugeot 206 XS Pontevedra 1984 Team 1h08:06.146
27 Galicia Luis Aragonés Galicia Cuko Bañobre Renault Twingo R2 Evo Ourense 1h08:21.965
28 Galicia Pablo Blanco Galicia Ian Quintana Peugeot 106 GTI Ourense 1h08:22.366
29 Galicia Miguel Alonso Galicia Samuel Enríquez Seat Ibiza Cupra TDI Pontevedra 1984 Team 1h08:33.586
30 Galicia Daniel Anido Galicia Adrián Núñez Citroën Saxo PTC Escuela 1h09:01.172
31 Galicia Álvaro Rodríguez Galicia Sergio Vigo BMW M3 E36 Galicia Motorsport 1h09:08.654
32 Galicia Miguel Ángel Caeiro Galicia Sergio Iglesias Peugeot 106 S16 Cuntis V.T. 1h09:09.393
33 Galicia Diego Félix Galicia Javier Menor Peugeot 206 XS Ourense 1h09:25.444
34 Galicia José Luis García Galicia María Villar Renault Clio Williams Senra Sport 1h09:28.535
35 Galicia José Cambeiro Galicia José Gabriel González BMW E30 Galicia Motorsport 1h09:34.271
36 Galicia Jacobo Campos Galicia Cristian Campos Citroën Saxo Dona Urraca 1h10:02.475
37 Galicia Diego González Galicia Diego García Díaz Citroën Saxo VTS Moeche 1h10:04.615
38 Galicia Miguel Villares Galicia Xosé Manuel Sobrado Peugeot 208 R2 Sarria Motor 1h10:12.141
39 Galicia Alberto González Galicia Jesús Calvo Peugeot 206 RC Ourense 1h10:52.364
40 Galicia Diego Coto Galicia Alejandro Vaqueiro Citroën Saxo MRT 1h11:04.239

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "8 Rally Ourense Lugo Ribeira Sacra 2019". GZRally. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  2. "[Guía] Tramos, horarios y lista de inscritos Rallye Ribeira Sacra 2019". Pé Á Chapa Racing (en castelán). Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  3. "Autorizados a tomar a saída" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de febreiro de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 "Víctor Senra gana su tercer campeonato gallego de ralis consecutivo" (en castelán). 22 de outubro de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  5. "Victoria y título para Víctor Senra en el Rally Ribeira Sacra". La Región (en castelán). 21 de setembro de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Rally Botafumeiro
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 2019
Sucesor:
Rally San Froilán