Saltar ao contido

Rally do Albariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaRally do Albariño
Tipocarreira automobilística Editar o valor en Wikidata
Deporterally Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato de Galicia de Rally Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónO Salnés (Provincia de Pontevedra) 42°30′N 8°48′O / 42.5, -8.8 Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia1992 – 2009 Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Máis títulosManuel Senra (8) Editar o valor en Wikidata

O Rally do Albariño foi unha proba de rally, que se celebraba anualmente en Cambados e outros concellos da comarca do Salnés.

A primeira edición celebrouse en 1992 e a última en 2009. Organizábao a escudaría Caldas Motor nos seus inicios e Salnés Motor máis tarde, e era puntuable para o Campionato de Galicia de Rally. O piloto máis laureado da proba é Manuel Senra, que gañou o rally en oito ocasións.

Naceu en 1992 organizado pola escudaría Caldas Motor. A primeira edición abriu a tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally, substituíndo como proba inaugural ao Rally do Sil. Manuel Senra e o seu copiloto José Maceiras a bordo dun Peugeot 309 GTI 16v dominaron con facilidade aquela primeira edición, por diante do Ford Sierra RS Cosworth de Germán Castrillón e Estrella Castrillón e do Lancia Delta Integrale de José María Magdaleno e Mario Labraña.[1] Tras ese triunfo inicial de Senra, outros catro pilotos diferentes gañaron o rally os catro seguintes anos e todos sobre vehículos da marca Ford: Germán Castrillón,[2] Miguel Dopico,[3] Germán Gómez e Javier Paz, os tres primeiros con Ford Escort e o último cun Ford Sierra.

A edición de 1997 significou a segunda vitoria de Senra, esta vez xa con Fasutino Suárez como copiloto e co seu famoso Peugeot 306 Maxi, vehículo este que sería o gran dominador durante a seguinte década. Só as vitorias de Javier Piñeiro cun Renault Clio Maxi en 1998 e de e Germán Castrillón cun Mitsubishi Lancer Evo VI no ano 2000, se interpuxeron no camiño do Peugeot, que logrou a vitoria con Manuel Senra en 1999 e nas seis edicións consecutivas entre 2001 e 2005, e con Bamarti, que cun coche do mesmo modelo gañou en 2006 e 2007. Na edición de 2005 deuse como gañador inicialmente a Bamarti,[4] que subiu a recoller o trofeo de vencedor ao primeiro caixón do podio, pero unha revisión de tempos posterior confirmou a oitava vitoria de Senra.[5]

O piloto de Vincios Alberto Meira, a bordo dun Mitsubishi Lancer Evo IX venceu na edición de 2008,[6] mentres que os irmáns Burgo, Pedro e Marcos, foron os últimos en lograr a vitoria na proba cambadesa en 2009, a bordo dun Mitsubishi Lancer Evo IX e tras unha dura loita con Meira.[7] Dende 2008 celébrase na mesma zona o Rally do Albariño de Clásicos, organizado polo Club Clásicos Salnés.[8]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Ano Edición Piloto Copiloto Vehículo Campionato
1992 I Rally do Albariño Galicia Manuel Senra Galicia José Maceiras Peugeot 309 GTI 16v Galicia
1993 II Rally do Albariño Galicia Germán Castrillón Galicia Estrella Castrillón Ford Escort RS Cosworth Galicia
1994 III Rally do Albariño Galicia Miguel Dopico Galicia Juan Louro Ford Escort RS Cosworth Galicia
1995 IV Rally do Albariño Galicia Germán Gómez Galicia Juan Barros Ford Escort Cosworth Galicia
1996 V Rally do Albariño Galicia Javier Paz Galicia Moncho Seoane Ford Sierra Cosworth Galicia
1997 VI Rally do Albariño Galicia Manuel Senra Galicia Faustino Suárez Peugeot 306 Maxi Galicia
1998 VII Rally do Albariño Galicia Javier Piñeiro Galicia Aida Blanco Renault Clio Maxi Galicia
1999 VIII Rally do Albariño Galicia Manuel Senra Galicia Faustino Suárez Peugeot 306 Maxi Galicia
2000 IX Rally do Albariño Galicia Germán Castrillón Galicia Estrella Castrillón Mitsubishi Lancer Evo VI Galicia
2001 X Rally do Albariño Galicia Manuel Senra Galicia Faustino Suárez Peugeot 306 Maxi Galicia
2002 XI Rally do Albariño Galicia Manuel Senra Galicia Faustino Suárez Peugeot 306 Maxi Galicia
2003 XII Rally do Albariño Galicia Manuel Senra Galicia Faustino Suárez Peugeot 306 Maxi Galicia
2004 XIII Rally do Albariño Galicia Manuel Senra Galicia Faustino Suárez Peugeot 306 Maxi Galicia
2005 XIV Rally do Albariño Galicia Manuel Senra Galicia Faustino Suárez Peugeot 306 Maxi Galicia
2006 XV Rally do Albariño Galicia Bamarti Galicia Manuel Campos Peugeot 306 Maxi Galicia
2007 XVI Rally do Albariño Galicia Bamarti Galicia Manuel Campos Peugeot 306 Maxi Galicia
2008 XVII Rally do Albariño Galicia Alberto Meira Galicia Álvaro Bañobre Mitsubishi Lancer Evo IX Galicia
2009 XVIII Rally do Albariño Galicia Pedro Burgo Galicia Marcos Burgo Mitsubishi Lancer Evo VIII Galicia
  1. Arévalo, Fernando (30 de marzo de 1992). "El triunfo de Senra en el Rally do Albariño hace prever un Campeonato Gallego muy disputado". La Voz de Galicia (en castelán). 
  2. Chas, Abeta (28 de marzo de 1993). "Los Castrillón, vencedores del segundo Rally Albariño". La Voz de Galicia (en castelán). p. 55. 
  3. "Dopico, del Siroco Team, vencedor del III Ralli do Albariño". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de marzo de 1994. p. 57. 
  4. "Bamarti puede con Senra en el rally do Albariño". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de maio de 20055. Consultado o 15 de maio de 2020. 
  5. "Un año en el que todo sigue igual en Galicia" (en castelán). 2005. Consultado o 15 de maio de 2020. 
  6. "Alberto Meira foi o máis rápido no Rally do Albariño". 26 de maio de 2008. Consultado o 15 de maio de 2020. 
  7. Penedo, Pablo (17 de maio de 2009). "Burgo vence en el Rali do Albariño tras un apretado final con Meira" (en castelán). Consultado o 15 de maio de 2020. 
  8. "Club Clásicos Salnés" (en castelán). Consultado o 15 de maio de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]