Rally de Narón de 1990

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
III Rallye Narón
CategoríaGalicia Galicia
LocalizaciónNarón
OrganizadorSiroco Team Narón
ÁmbitoRexional
SuperficieTerra
Tramos8
Distancia tramos46 km
Gañadores
Piloto campiónGalicia Manuel Senra
Participantes
Pilotos56
AnteriorRally de Narón de 1989
SeguinteRally de Narón de 1991

O Rally de Narón de 1990 foi a terceira edición de dito rally e a penúltima proba da tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rallys de Terra. Celebrouse o 20 de outubro de 1990 e o vencedor foi o dumbriés Manuel Senra a bordo dun Peugeot 205 GTI.[1]

Itinerario[editar | editar a fonte]

Constou de oito treitos e un total de 276 km, dos cales 46 foron cronometrados. Os treitos a correr foron Anca, Ferreira, San Xiao e Lamas, dándose dúas pasadas a cada un deles.[2]

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Manuel Senra, que competía por primeira vez en terra, dominou o rally con claridade co seu Peugeot 205 GTI. El e o seu copiloto José Maceiras marcaron o mellor tempo en todos os treitos excepto no último, no que meteron unha roda nunha cuneta e perderon algo de tempo sacándoa. En segunda posición, a máis dun minuto de Senra, chegou Manuel González cun Citroën Visa GTi, mentres que o Renault 5 GT Turbo de Andrés González foi terceiro. En cuarto lugar chegou o portugués João Enes, que con este resultado colocouse líder do campionato.[3]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Copiloto Vehículo Equipo Tempo
1 Galicia Manuel Senra Galicia José Maceiras Peugeot 205 GTI Senra Sport 0:41:57
2 Galicia Manuel González Galicia Delfín Soto Citroën Visa GTi Motor Club La Cañiza 0:43:01
3 Galicia Andrés González Galicia Guillermo Díez Renault 5 GT Turbo Autocross Orense 0:43:32
4 Portugal João Enes Galicia Manuel Hermo Renault 11 Turbo Escudería Doble Cero 0:43:34
5 Galicia Juan José López Vidal Galicia Juan Cortés Renault 5 GT Turbo Siroco Team Narón 0:44:01
6 Galicia Manuel Montes Galicia Ángel García Seat Ritmo 2000 Escudería Centollo 0:44:49
7 Portugal Carlos Sá Portugal Luisa Silva Peugeot 104 Escudería Doble Cero 0:45:54
8 Portugal Manuel Ferreira Portugal António Picarote Volkswagen Golf GTI Escudería Doble Cero 0:46:40
9 Galicia Óscar Fernández Galicia Marco Fernández Seat 124 Proto Autocross Orense 0:46:52
10 Galicia Leandro Puente Galicia José Lareu Seat Marbella Escudería Miño-Lugo 0:47:24
11 Galicia Javier García Galicia José Ramón Sánchez Seat 124 2100 Senra Sport 0:47:44
12 Galicia Carlos Morales Galicia Manuel Ferreiro Seat 124 1800 Escudería Ourense 0:47:49
13 Galicia López Castrillón Galicia Germán Castrillón Seat 124 2000 Siroco Team Narón 0:48:04
14 Galicia Manuel Pérez Valente Galicia José Luis Castro García Citroën GS X2 Arenteiro Motor Sport 0:48:53
15 Galicia Eduardo Abalde Galicia Daniel Fariñas Seat 127 Escudería Doble Cero 0:49:05
Abandonos
- Galicia José Manuel Torres Galicia Juan Carlos Núñez Volkswagen Golf GTI Arenteiro Motor Sport -
- Galicia Manuel García Lorenzo Galicia José Manuel Pinal Fiat Uno Turbo Escudería Doble Cero -
- Galicia Manuel Gómez Alén Galicia Gustavo González Renault 5 Proto Racing Club Vila do Rei -
- J. Fernández C. López Citroën Visa GTi Senra Sport -
- Galicia Guillermo Lavilla Galicia Ignacio Lavilla Seat Ibiza Siroco Team Narón -
- Suárez Pérez Ford Fiesta XR2 Siroco Team Narón -
- Galicia Juan Ricardo Costoya Galicia Juan Pardo Seat 124 2000 Siroco Team Narón -
- Galicia Jesús Ferreiro Galicia Manuel Segade Seat 124 2000 Escudería Doble Cero -

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Clasificación final do rally" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xuño de 2020. Consultado o 29 de xuño de 2020. 
  2. "Itinerario do rally". ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 29 de xuño de 2020. 
  3. "Senra y Maceiras no dieron opción a sus más directos rivales en el rally de Narón". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de outubro de 1990. p. 56. 


Predecesor:
Rally de Terra Vila de Verín
 Campionato de Galicia de Rallys de Terra 
Tempada 1990
Sucesor:
Rally de Caldas