Subida automobilística a Culleredo
| Tipo | competición deportiva |
|---|---|
| Deporte | carreira de montaña |
| Parte de | Campionato de Galicia de Montaña |
| Localización e Datas | |
| Localización | Culleredo (provincia da Coruña) 43°16′40″N 8°24′43″O / 43.2777, -8.4119 |
| País | España |
| Vixencia | 1992 – 2000 |
A Subida automobilística a Culleredo foi unha carreira automobilística de montaña disputada anualmente en Culleredo entre os anos 1992 e 2000. Era puntuable para o Campionato de Galicia de Montaña.
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira edición disputouse en 1992, organizada pola Escuería La Coruña, co patrocinio do Grupo Barrio do piloto Luis Barrio e grazas ao impulso dos pilotos José Luis Santos e José Pose.[1][2] O vencedor daquela primeira subida foi o campión de España Luis Martínez conducindo unha barqueta Lola BMW, completando o podio o andaluz Tomás Aranda e o asturiano Gerardo Urdangaray. José María Magdaleno, cun Lancia Delta Integrale, foi o máis rápido entre os turismos.[3] A subida disputouse de xeito ininterrompido durante nove anos, puntuando sempre para o Campionato de Galicia de Montaña, ata que no ano 2000 se correu a última edición. O dumbriés Manuel Senra co seu Peugeot 306 foi o último gañador da proba, con Bamarti segundo.[4]
Palmarés
[editar | editar a fonte]| Ano | Nome | Vencedor | Vehículo |
|---|---|---|---|
| 1992 | I Subida a Culleredo | Lola BMW | |
| 1993 | II Subida a Culleredo | ||
| 1994 | III Subida a Culleredo | Fórmula Martini | |
| 1995 | IV Subida a Culleredo | Osella BMW | |
| 1996 | V Subida a Culleredo | Osella BMW | |
| 1997 | VI Subida a Culleredo | BMW M3 | |
| 1998 | VII Subida a Culleredo | Martini MK-34 | |
| 1999 | VIII Subida a Culleredo | Fórmula Martini | |
| 2000 | IX Subida a Culleredo | Peugeot 306 Maxi |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Subida a Culleredo". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de setembro de 1992. p. 40.
- ↑ Arévalo, Fernando (8 de setembro de 1992). "Luis Martínez, campeón nacional, estará en la Subida a Culleredo". La Voz de Galicia (en castelán). p. 59.
- ↑ Arévalo, Fernando (21 de setembro de 1992). "El campeón de España no tuvo rivales en la Subida a Culleredo". La Voz de Galicia (en castelán). p. 49.
- ↑ "Manuel Senra, el más rápido en la subida a Culleredo". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de outubro de 2000. p. 51.