Germán Castrillón
Germán Castrillón | |
---|---|
Nacemento | 1959 |
A Coruña | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e piloto de rally |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Germán Castrillón Permuy, nado en 1959, é un expiloto de rallys, empresario e político galego do PPdeG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi piloto de rallys e membro da escudaría Siroco Team Narón[Cómpre referencia], organizadora do Rally Cidade de Narón[1]. Participou no Campionato de Galicia de Rallys, obtendo varias vitorias e o campionato de pilotos en seis ocasións: 1990, 1992, 1996, 1998, 1999 e 2000, sendo o piloto que máis veces gañou o certame autonómico. Obtivo un total de 38 vitorias, sendo o piloto galego con máis triunfos no campionato.[2] Tamén participou en probas puntuables para o Campionato de Europa e o Campionato de España coma o Rally da Coruña ou o Rally Príncipe de Asturias[3].
Política[editar | editar a fonte]
Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Cabanas e foi elixido alcalde. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde, agora con maioría absoluta. En 2011 foi inhabilitado para ocupar cargos en organizacións deportivas por organizar o 39º Rally de Ferrol (2008) sen contar co permiso da Federación Galega de Automobilismo[4]. Dimitiu como alcalde en 2019 e nas eleccións municipais dese ano encabezou a lista do PP á alcaldía de Narón.[5][6] Obtivo o 25% dos votos e 6 concelleiros, catro menos que Terra Galega.[7] Dende entón é concelleiro de Narón.[8]
Predecesor: José Rey García |
![]() Alcalde de Cabanas 2007 - 2019 |
Sucesor: Carlos Ladra Brage |
Predecesor: Arturo Rial |
Campión de Galicia de Rallys 1990 |
Sucesor: Arturo Rial |
Predecesor: Arturo Rial |
Campión de Galicia de Rallys 1992 |
Sucesor: Arturo Rial |
Predecesor: Miguel Dopico |
Campión de Galicia de Rallys 1996 |
Sucesor: Javier Piñeiro |
Predecesor: Javier Piñeiro |
Campión de Galicia de Rallys 1998-2000 |
Sucesor: Manuel Senra |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Historia Rally de Narón". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2020. Consultado o 14 de decembro de 2011. Parámetro descoñecido
|dtaarquivo=
ignorado (Axuda) - ↑ Figueirido, Javier (2013). Alfredo Bárcena, ed. "Buscamos al hombre récord del gallego de ralis". Cronomotor (en castelán) (290): 26–31. ISBN 9775764106.
- ↑ Germán Castrillón. rallybase.nl
- ↑ El Superior ratifica la inhabilitación de Castrillón para ocupar cargos deportivos
- ↑ "Germán Castrillón presenta su renuncia a la alcaldía de Cabanas". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de febreiro de 2019. Consultado o 11 de xuño de 2020.
- ↑ "El PP naronés dio a conocer su candidatura a las municipales del mes de mayo" (en castelán). 24 de abril de 2019. Consultado o 11 de xuño de 2020.
- ↑ "Eleccións municipais de 2019 en Narón". Faro de Vigo. Consultado o 11 de xuño de 2020.
- ↑ "Concelleiros de Narón". www.naron.es. Consultado o 11 de xuño de 2020.